Wikipedia:Votacións para borrar/Arquivo/2014
Esta páxina contén un arquivo de conversas vellas ou contidos anteriores e mantense só para a súa consulta. Non edite esta páxina. Para retomar un fío vello diríxase á páxina de conversa actual. |
Índice
- 1 2014
- 1.1 Modelo:Galicia
- 1.2 Taurino Araújo
- 1.3 Grandes áreas metropolitanas do mundo (editar | conversa | historial | ligazóns | vixiar | rexistros | protexer | borrar)
- 1.4 Esquí nórdico
- 1.5 Prehistoria de Escocia
- 1.6 Modelo:Rueiro de Pontevedra
- 1.7 Modelo:Rueiro de Vigo
- 1.8 Die Lochis
- 1.9 Ziemassvētki
- 1.10 Pink
- 1.11 Pyltsa (cantante)
- 1.12 Wikipedia:Artigos de calidade/Propostas/Lista das óperas máis importantes
- 1.13 Categoría:Asasinados polo bando republicano
- 1.14 Avelina Mouzo Leis
- 1.15 Modelo:SPACEUSER
- 1.16 Modelo:Monarcas da Bretaña
- 1.17 Categoría:Bispos casteláns enviados a Galicia
- 1.18 Boliña de peluxe do embigo
- 1.19 Castelos de Euskal Herria
- 1.20 Modelo:NIR (2ª proposta)
- 1.21 La Pelopony
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Tras ser substituído na páxina de Galicia polo Modelo:Primeira entidade subestatal tras acordarse así na Conversa modelo:Galicia. Xa non ten ningún uso. --AMPERIO (conversa) 19 de febreiro de 2014 ás 16:20 (UTC)[responder]
- Borrar
- Borrar. --AMPERIO (conversa) 19 de febreiro de 2014 ás 16:20 (UTC)[responder]
- Borrar. Propuxen a súa eliminación rápida, non é un artigo con contido, é un simple modelo carente de uso. Pontevedra78|Conversa 25 de febreiro de 2014 ás 18:18 (UTC)[responder]
- Borrar --Norrin_strange (Fala-me) 25 de febreiro de 2014 ás 18:26 (UTC)[responder]
- Manter
- Neutros
- Comentarios
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Falta de notoriedade. Nin no texto do artigo presente na Galipedia nin na información que se pode recabar por internet non aparece nada que indique notoriedade desta persoa máis aló do seu traballo profesional privado, só que recibiu un premio dunha asemblea lexislativa. E pola forma de redactar este e outros moitos artigos nas diferentes wikipedias parece máis publicidade que outra cousa.
- Borrar
- Borrar. --Sernostri (conversa) 18 de febreiro de 2014 ás 15:19 (UTC)[responder]
- Borrar, e comento. --. HombreDHojalata.conversa 19 de febreiro de 2014 ás 20:26 (UTC)[responder]
- Borrar --Norrin_strange (Fala-me) 11 de marzo de 2014 ás 09:55 (UTC)[responder]
- Borrar --Elisardojm (conversa) 11 de marzo de 2014 ás 10:24 (UTC)[responder]
- Borrar. --AMPERIO (conversa) 17 de marzo de 2014 ás 23:04 (UTC)[responder]
- Manter
- Neutros
- Comentarios
- Comentario Unha busca rápida en Google da bastantes resultados. Eu non entendo de dereito, mais se é relevante no seu campo, non vexo problema. Outra cousa é que sexa autopromoción. Pero por relevancia, eu estou seguro de que temos artigos aquí con moita menos relevancia (sobre galegos, claro). --Norrin_strange (Fala-me) 18 de febreiro de 2014 ás 16:22 (UTC)[responder]
- Comentario Con comillas a min danme case 8000 resultados, pero en ningún deles atopo nada que resalte como para ter un artigo, pódese ver por exemplo esta biografía que aparece no portal da Asoc. Nacional de Auditores Fiscais do Brasil [1] como hai outras varias pola rede; podo estar enganada pero non atopo nada que indique notoriedade para ter un artigo mesmo cando na biografía di que gañou notoriedade pola sentenza dun xuíz e o discurso que deu despois, do que aparecen seis resultados en google, non entendo esa notoriedade. En canto a publicidade eu estou certo que é pero non podo demostralo.--Sernostri (conversa) 18 de febreiro de 2014 ás 16:53 (UTC)[responder]
- O número de resultados que da San Google é un argumento pobre e insuficiente para atribuírlle relevancia enciclopédica ("HombreDHojalata" devolve 18.900).
- O "artigo" é un caso típico de crosswiki (en tódalas linguas), argallado por dúas contas de usuario (seguramente a mesma persoa) e este "artigo" é a única contribución deses usuarios en tódolos proxectos.
- Desgraciadamente, unha e outra vez, resulta sumamente doado empregar ó proxecto para a promoción dos propios intereses e acadar resultados que campañas de publicidade de millóns de euros non serían quen de igualar. Engadir e doado e eliminar eses contidos promocionales é sumamente complexo. Require de procedementos, prazos, implicación da comunidade (que moitas veces non se dá)... --. HombreDHojalata.conversa 19 de febreiro de 2014 ás 20:26 (UTC)[responder]
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Grandes áreas metropolitanas do mundo (editar | conversa | historial | ligazóns | vixiar | rexistros | protexer | borrar)
editarLista feita fai anos por un usuario anónimo con dirección IP variable (non se pode contactar con el) e con marcador de {{Atención}} dende fai anos. Exclusivo da Galipedia (sen ligazóns interlingüísticas), obsoleto (presuntamente os datos son de 2001) e imposible de actualizar. De contido dubidoso, sen referencias que avalen os datos, confuso, sen valor enciclopédico. Entrando a analizar os datos concretos resultan inexplicables (WP:NFP).--. HombreDHojalata.conversa 9 de febreiro de 2014 ás 20:41 (UTC)[responder]
- Borrar
- Borrar. --. HombreDHojalata.conversa 9 de febreiro de 2014 ás 20:41 (UTC)[responder]
- Risco o que dixen do ano 2001. Como ben di Estevoae, ten dados de 2010 (tamén). "Fusionáranse" dous artigos similares de diferentes anos. Inda así, non hai quen lle meta man. --. HombreDHojalata.conversa 9 de febreiro de 2014 ás 21:41 (UTC)[responder]
- Borrar; pero os datos están actualizados a 2010. --Estevo(aei)pa o que queiras... 9 de febreiro de 2014 ás 21:19 (UTC)[responder]
- Borrar Existían outros artigos semellantes, agora xa está ligado; pero o problema do artigo é que dá datos que resultan cando menos extraños e sen referencia ningunha, ademais de estar mal estruturado. Tal como está non se pode manter e o mellor é borralo.--Sernostri (conversa) 9 de febreiro de 2014 ás 21:56 (UTC)[responder]
- Borrar É un artigo completamente erróneo. Fala das grandes áreas metropolitanas, pero a continuación fai unha lista de megalópoles, que son cousas distintas, mesturando tamén o concepto de conurbación. Pero é que ademais escolle as devanditas megalópoles sen un criterio coherente, imposible de adiviñar porque carece de referencias. A idea non é mala, pero así estruturado é un artigo pésimo, incoherente, equivocado. --Paradanta (Cóntame) 9 de febreiro de 2014 ás 22:04 (UTC)[responder]
- Borrar Paga a pena borralo e facelo todo de novo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11 de marzo de 2014 ás 10:26 (UTC)[responder]
- Manter
- Manter Estou dacordo co exposto por Piquito, é un artigo interesante, pero que require unha reestruturación bastante grande, para acadar algo parecido ao seu correspondente en castelán ou en inglés. --Pontevedra78|Conversa 13 de febreiro de 2014 ás 21:39 (UTC)[responder]
- Manter. A min paréceme un artigo interesante. --AMPERIO (conversa) 15 de febreiro de 2014 ás 11:45 (UTC)[responder]
- Neutros
- Comentarios
- Comentario. Non é exclusivo da Galipedia (ten varias ligazóns interlingüísticas, algunhas con referencias e/ou bibliografía). Para min ten valor enciclopédico, aínda que tal e como está hai que revisar o contido. Pregunta: Vendo que hai artigos que nos poden axudar a melloralo non sería mellor deixalo estar? O borrado me parece unha "solución" moi drástica tendo en conta que hai outros artigos noutras wikis que nos poden axudar a melloralo. Piquito (conversa) 11 de febreiro de 2014 ás 10:04 (UTC)[responder]
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Propoño o borrado polo exposto no aviso. Piquito (conversa) 11 de febreiro de 2014 ás 15:40 (UTC)[responder]
- Borrar
- Borrar. --Piquito (conversa) 11 de febreiro de 2014 ás 15:40 (UTC)[responder]
- Manter
- Neutros
- Comentarios
- O artigo era unha redirección cara esquí de fondo. Piquito (conversa) 11 de febreiro de 2014 ás 15:43 (UTC)[responder]
- Feito! Borrado rápido. --. HombreDHojalata.conversa 15 de febreiro de 2014 ás 11:43 (UTC)[responder]
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Como se expón na Conversa da páxina, a prehistoria non é algo que se poida predicar de Escocia. Escocia é unha entidade política e social existente nunca antes do século X despois de Xesucristo, e que ocupa a parte norte da Illa de Gran Bretaña. Polo tanto, falar dunha prehistoria específica, con características determinadas e comúns, é tan presentista como falar da prehistoria en Mondariz Balneario. O artigo tería que ser, en todo caso, a prehistoria de Gran Bretaña ou a prehistoria nas illas británicas, ou a prehistoria na costa atlántica europea. Ou a cultura prehistórica X.
- Borrar
- Borrar. --Xabier Cid Talk 2 me, please 27 de xaneiro de 2014 ás 20:09 (UTC)[responder]
- Borrar. Xa o di Breogán, que é o autor do artigo: "...coido que é mellor borralo artigo directamente, xa que case non ten información que pague a pena aproveitar...". --. HombreDHojalata.conversa 27 de xaneiro de 2014 ás 22:58 (UTC)[responder]
- Borrar. --Xas (conversa) 27 de xaneiro de 2014 ás 23:29 (UTC)[responder]
- Borrar. --Breogan2008 conversa 28 de xaneiro de 2014 ás 00:14 (UTC)[responder]
- Manter
- Manter, mais mover a Prehistoria en Escocia, do mesmo xeito que mantemos Prehistoria en Galicia. Se se borra este, poderíase borrar tamén o segundo. --Norrin_strange (Fala-me) 29 de xaneiro de 2014 ás 08:48 (UTC)[responder]
- Manter, facendo o que di o usuario Norrin_strange de movelo a Prehistoria en Escocia --AMPERIO (conversa) 29 de xaneiro de 2014 ás 09:29 (UTC)[responder]
- Manter. Opino do mesmo xeito de Norrin, e se borramos este deberiamos borrar tamén o da Prehistoria en Galiza. Piquito (conversa) 29 de xaneiro de 2014 ás 09:40 (UTC)[responder]
- Neutros
- Comentarios
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Na miña opinión carece de utilidade, conecta persoas que non teñen conexión. En realidade se trata dun modelo de personalidades de maior ou menor relevancia que só teñen en común que teñen unha rúa co seu nome na cidade, creo que non ten sentido facer modelos sobre rúas de todos os concellos galegos. Piquito (conversa) 23 de xaneiro de 2014 ás 19:06 (UTC)[responder]
- Borrar
- Borrar. --Piquito (conversa) 23 de xaneiro de 2014 ás 19:06 (UTC)[responder]
- Borrar. Non contén rúas, polo que non ten sentido. --Tommyhilfiger (conversa) 23 de xaneiro de 2014 ás 19:19 (UTC)[responder]
- Borrar--AMPERIO (conversa) 23 de xaneiro de 2014 ás 19:20 (UTC)[responder]
- Borrar --Norrin_strange (Fala-me) 27 de xaneiro de 2014 ás 11:16 (UTC)[responder]
- Manter
- Manter. Disinto. Creo que si ten utilidade, aínda que só sexa para amosar e reflectir os persoeiros e acontecementos aos que unha cidade decide dedicarlle unha rúa. E si que coñecer quen ou que son eses personaxes ou acontecementos e saber algunha das razóns que puideron levar a dedicarlles unha rúa nesa cidade en concreto é importante. Creo que isto reflicte dalgún xeito o que é esa cidade e polo tanto é unha información relevante. Iso si, o modelo non ten por que poñerse en cada un dos artigos aos que fai referencia. Debería estar só nos artigos que fan referencia á cidade. --Xas (conversa) 27 de xaneiro de 2014 ás 23:01 (UTC)[responder]
- Manter. --Estevo(aei)pa o que queiras... 2 de febreiro de 2014 ás 08:25 (UTC)[responder]
- Manter igual que o anterior. --. HombreDHojalata.conversa 2 de febreiro de 2014 ás 10:03 (UTC)[responder]
- Neutros
- Neutro Creo que a idea é boa, pero quizais a resolución como caixas de información vencelladas aos concellos non ten moito sentido. Habería que buscar unha alternativa. --Xabier Cid Talk 2 me, please 27 de xaneiro de 2014 ás 20:17 (UTC)[responder]
- Comentarios
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Na miña opinión carece de utilidade, conecta persoas que non teñen conexión. En realidade se trata dun modelo de personalidades de maior ou menor relevancia que só teñen en común que teñen unha rúa co seu nome na cidade, creo que non ten sentido facer modelos sobre rúas de todos os concellos galegos. Piquito (conversa) 23 de xaneiro de 2014 ás 19:03 (UTC)[responder]
- Borrar
- Borrar. --Piquito (conversa) 23 de xaneiro de 2014 ás 19:03 (UTC)[responder]
- Borrar. Só tería sentido este modelo se os artigos dentro del fosen sobre rúas da cidade de Vigo, e non como é o caso, q ue son sobre a personaxe á que se lle adica a rúa, por exemplo. --Tommyhilfiger (conversa) 23 de xaneiro de 2014 ás 19:19 (UTC)[responder]
- Borrar--AMPERIO (conversa) 23 de xaneiro de 2014 ás 19:20 (UTC)[responder]
- Borrar --Norrin_strange (Fala-me) 27 de xaneiro de 2014 ás 11:16 (UTC)[responder]
- Manter
- Manter. Disinto. Creo que si ten utilidade, aínda que só sexa para amosar e reflectir os persoeiros e acontecementos aos que unha cidade decide dedicarlle unha rúa. E si que coñecer quen ou que son eses personaxes ou acontecementos e saber algunha das razóns que puideron levar a dedicarlles unha rúa nesa cidade en concreto é importante. Creo que isto reflicte dalgún xeito o que é esa cidade e polo tanto é unha información relevante. Iso si, o modelo non ten por que poñerse en cada un dos artigos aos que fai referencia. Debería estar só nos artigos que fan referencia á cidade. --Xas (conversa) 23 de xaneiro de 2014 ás 23:05 (UTC)[responder]
- Manter. --Estevo(aei)pa o que queiras... 2 de febreiro de 2014 ás 08:25 (UTC)[responder]
- Manter. Para min, a quen se lle adican as rúas dunha cidade di moito máis da historia dela (e ten moito máis interese dende o punto de vista dunha enciclopedia), que a lista de cidades irmandadas, a lista de clubs deportivos que teñen sede nela, a descrición das liñas de autobús... Amais, o cadro vai sempre encollido e ao final dos artigos. Non é intrusivo. --. HombreDHojalata.conversa 2 de febreiro de 2014 ás 10:03 (UTC)[responder]
- Neutros
- Neutro Creo que a idea é boa, pero quizais a resolución como caixas de información vencelladas aos concellos non ten moito sentido. Habería que buscar unha alternativa. --Xabier Cid Talk 2 me, please 27 de xaneiro de 2014 ás 20:18 (UTC)[responder]
- Comentarios
- Comentario. Que di da historia de Carballo que haxa unha rúa adicada a Rosalía de Castro? Rosalía non tivo nada que ver con Carballo nin Carballo coa súa obra. Ou que di da historia de Pontevedra que haxa unha rúa adicada a Simón Bolívar? Gustaríame sabelo, porque para min esas caixas seguen a ser unha colección de personalidades sen conexión algunha e sen que digan nada. Creo que o modelo é máis unha escusa para evitar artigos horfos de personalidades que non terían outro xeito de estar presentes. Sobre as cidades irmandadas, eu considero interesantes as relacións internacionais dunha cidade, se cadra é superfluo para a maioría. Sobre os clubs deportivos, guste ou non, A Coruña é coñecida en Europa polo Deportivo e non pola Torre de Hércules, é así. As liñas de autobús deberan ir nos artigos das compañías, non nas das cidades (como facemos co metro). Certo que non molesta, pero de ahí a que sexa útil... Piquito (conversa) 2 de febreiro de 2014 ás 13:44 (UTC)[responder]
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Carece de interese enciclopédico. --AMPERIO (conversa) 21 de xaneiro de 2014 ás 19:21 (UTC)[responder]
- Borrar
- Borrar. --AMPERIO (conversa) 21 de xaneiro de 2014 ás 19:21 (UTC)[responder]
- Manter
- Neutros
- Comentarios
Xa eliminado; borrado inmediato por ser un tradución automática con numerosos erros. --Estevo(aei)pa o que queiras... 21 de xaneiro de 2014 ás 20:01 (UTC)[responder]
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Artigo sen referencias que aparezan nunha publicación acreditada, como se di na páxina de conversa, de orixe sospeitosa baseado no artigo da wikipedia inglesa no que só hai como referencia un folleto onde só di que os antigos letóns celebraban o solsticio de inverno. É posible que haxa algo de verdade no artigo pero hai moitas posibilidades que esteamos a difundir información falsa (un hoax)
- Borrar
- Borrar. --Sernostri (conversa) 21 de xaneiro de 2014 ás 15:57 (UTC)[responder]
- Borrar. --JaviP96 21 de xaneiro de 2014 ás 16:03 (UTC)[responder]
- Borrar--AMPERIO (conversa) 21 de xaneiro de 2014 ás 16:07 (UTC)[responder]
- Borrar. HombreDHojalata.conversa 21 de xaneiro de 2014 ás 18:57 (UTC)[responder]
- Borrar --Norrin_strange (Fala-me) 27 de xaneiro de 2014 ás 11:16 (UTC)[responder]
- Manter
- Neutros
- Neutro. Non coñezo se existe tal festa ou non, pero se for así podería moverse á categoría de artigos con problemas en lugar de eliminalo.--Tommyhilfiger (conversa) 23 de xaneiro de 2014 ás 19:23 (UTC)[responder]
- Comentarios
- Comentario. Procurando información na rede penso que o artigo se pode manter, mais habería que facer algunha especificación:
- Semella que o Ziemassvētki é a denominación que ten o que aquí coñecemos por Nadal en Letonia, visto esto habería que retirar o pasado e especificar (o que vin eu de pasada por Google é que se celebra e é o Nadal, de feito buscando o artigo na wiki letona as interwikis van a Nadal).
- Por outra banda, o Ziemassvētki ben pode vir de celebracións anteriores á cristianización de Letonia, habería que investigalo (posiblemente sexa algo así).
- Con esto quero dicir, o artigo se pode manter se o enfocamos como un artigo do Nadal en Letonia, aínda que non sei ata qué punto especificamos aquí as tradicións nacionais máis aló da nosa realidade. Outra opción é incluír un apartado para outras denominacións no artigo Nadal. A min non me parece mal que incluamos artigos sobre o Nadal noutros países, por exemplo un artigo sobre o Joulu (en Finlandia) pode dar para falar de Joulupukki, do joulurauha, etc, mais depende do enfoque que se lle quera dar ao tema do Nadal, o que está claro é que habería que retocar o artigo, pero claro, se vai quedar, se o ides borrar non paso o traballo. Piquito (conversa) 21 de xaneiro de 2014 ás 16:53 (UTC)[responder]
- Se o artigo fose sobre o nadal en Letonia non habería problema ningún, como se podería facer o artigo sobre o nadal en Francia ou Guatemala, coas debidas referencias. A votación é para o artigo co texto actual, se o texto se modifica e as razóns para o borrado desaparecen, a votación penso eu que se tería que suspender, aínda que non sei se iso está especificado nalgún sitio.--Sernostri (conversa) 21 de xaneiro de 2014 ás 17:00 (UTC)[responder]
Referencias
editarO artigo levaba xa tres anos co marcador de atención, sen que ninguén deitase luz sobre o asunto e penso eu que hai que tomar unha decisión, ou porlle referencias, (eu non atopei absolutamente nada sobre iso e busquei en ruso -no que puiden que non é moito- e inglés, en letón non xa que non coñezo unha palabra desa lingua) ou eliminalo e eu quedei con esta segunda opción, pero loxicamente se alguén engade referencias de fontes acreditadas ao texto, entón o artigo debería permanecer.--Sernostri (conversa) 23 de xaneiro de 2014 ás 20:35 (UTC)[responder]
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Artigo sen contido, creado hai máis dun mes por Usuaria:Onda de lume, quen engadiu o marcador "en uso" e unha caixa sen contido. Dado que o artigo está valeiro propoño a súa eliminación a non ser que alguén neste tempo se comprometa a engadir un contido mínimo aceptable. Piquito (conversa) 19 de xaneiro de 2014 ás 21:20 (UTC)[responder]
- Borrar
- Borrar, a non ser que se engada contido. --Piquito (conversa) 19 de xaneiro de 2014 ás 21:20 (UTC)[responder]
- Manter
- Neutros
- Comentarios
-
- Comentario Borrado segundo: Wikipedia:Eliminación rápida. --. HombreDHojalata.conversa 19 de xaneiro de 2014 ás 21:29 (UTC)[responder]
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Irrelevante. Mesmo foi borrada na wiki en ruso: [2] --. HombreDHojalata.conversa 6 de xaneiro de 2014 ás 21:22 (UTC)[responder]
- Borrar
- Borrar. --. HombreDHojalata.conversa 6 de xaneiro de 2014 ás 21:22 (UTC)[responder]
- Borrar. --Xas (conversa) 11 de xaneiro de 2014 ás 18:27 (UTC)[responder]
- Borrar. --Adorian (conversa) 11 de xaneiro de 2014 ás 20:46 (UTC)[responder]
- Borrar. O problema non é corrixir os erros que poida ter, senón a irrelevancia evidente da personaxe. Pedro --Lameiro (conversa) 11 de xaneiro de 2014 ás 21:21 (UTC)[responder]
- Borrar. Sen dubidar das boas intencións de Carlosss96 ao crealo, é un artigo moi irrelevante, con poucas referencias sobre a cantante. --Pontevedra78 | Conversa 12 de xaneiro de 2014 ás 18:40 (UTC)[responder]
- Borrar Hai que borralo, é unha copia case literal da biografía que aparece en ruso na súa web [3], non cabe discusión sobre o borrado ao ser copia, a non ser que se modifique.--Sernostri (conversa) 12 de xaneiro de 2014 ás 18:59 (UTC)[responder]
- Borrar. --AMPERIO (conversa) 13 de xaneiro de 2014 ás 18:41 (UTC)[responder]
- Manter
- Manter. Non me parece correcta a argumentación de HombreDHojalata. Non creo que haxa que valorar a relevancia dun artigo, todos teñen a súa relevancia, paréceme que esa argumentación é subxectiva e polo tanto opóñome. Sobre o borrado do artigo na wiki en ruso... o que fagan os rusos preocupame máis ben pouco. Creo que deberiamos tentar arranxar os problemas que poda ter en lugar de ir directamente a borralo. Piquito (conversa) 11 de xaneiro de 2014 ás 20:54 (UTC)[responder]
- Neutros
- Comentario Eu estou co que comenta Piquito, o da relevancia seméllame subxectivo. Porén, Sernostri sinala que é unha copia, e ese sí que é motivo. Xa que logo, non apoio nin voto en contra. --Norrin_strange (Fala-me) 16 de xaneiro de 2014 ás 09:09 (UTC)[responder]
- Comentarios
- Comentario. Votar en relación coas consideracións persoais da relevancia dun artigo me parece temerario. Se alegades que o artigo é unha tradución automática, ou que non ten fontes verificables, ou calquer outro motivo referente a cuestións OBXECTIVAS non dubidaría en votar para o seu borrado, mais a realidade é que o único motivo que se argumenta é totalmente SUBXECTIVO. Subxectivamente para min é irrelevante o alcalde dun concello de 300 habitantes que gobernou dous anos por unha moción de censura (o mesmo pasa con senadores ou xornais que se editaron uns meses ou uns poucos anos, dos que escribimos pouco máis de 3 ou 4 liñas en total no artigo) e non por eso o propoño para borrar, porque a súa relevancia é un aspecto subxectivo e entendo que poda ter interés para alguén. Creo que queda claro o meu punto de vista, e repito, alegar elementos subxectivos é temerario e pode crear un precedente perigoso. Piquito (conversa) 11 de xaneiro de 2014 ás 23:00 (UTC)[responder]
- Asegúroche que antes de propor o borrado busquei e rebusquei información e non atopei nada. Podes ti achegar algunha fonte fiable ou referencia sobre a relevancia enciclopédica desta cantante? --. HombreDHojalata.conversa 11 de xaneiro de 2014 ás 23:49 (UTC)[responder]
- Creo que non me estás a entender, ao que me refiro é a que non me parece correcto cómo estás a plantexar o seu borrado, xa que estás a empregar criterios que para min son subxectivos. Repito, se alegas que non ten fontes fiables ou referencias, por exemplo, non teño problema en apoiar o seu borrado, mais tal e como está proposto non o podo facer; o que habería que facer é pechar esta proposta e propoñelo con argumentos "de peso" e non alegando algo tan subxectivo e inconsistente como a súa irrelevancia, porque repito, para min hai artigos que son irrelevantes e non por eso o propoño, creo que habería que propoñelo novamente. Eu non podo achegar información sobre a cantante poque nin a coñezo nin teño especial interés nesa música, e principalmente porque non sei ruso ou ucraniano para poder achegar información da web, ademais teño suficiente co meu, o mellor sería consultar co usuario que creou o artigo (sería un bo punto de partida pedirlle referencias a el antes de borrar nada, non sei se se fixo). Piquito (conversa) 12 de xaneiro de 2014 ás 00:05 (UTC)[responder]
- Precisamente, un dos motivos de borrado (o primeiro que aparece na lista de posibles motivos) é "Artigo sen relevancia enciclopédica". Pedro --Lameiro (conversa) 13 de xaneiro de 2014 ás 19:29 (UTC)[responder]
- Pois ese motivo paréceme subxectivo, e como non concordo con el votarei en contra sempre que se alegue esta "irrelevancia" enciclopédica. Para min hai moitos artigos que non teñen relevancia, ben por seren de personaxes de escasa trascendencia (véxase moitos alcaldes, xornalistas, etc) ou por exemplo por seren de xornais que se editaron uns meses e non tiveron repercusión algunha; por eso digo que é un motivo subxectivo, lóxicamente eu non vou propoñer ningún deses artigos para borrar porque non me considero ninguén para xulgar qué ten ou non ten "relevancia enciclopédica" (e coma min, creo que ninguén aquí ten capacidade para decidir en termos absolutos o que vale e o que non para estar no proxecto, así de simple. Piquito (conversa) 13 de xaneiro de 2014 ás 19:43 (UTC)[responder]
- Lameiro, pódesme indicar onde indica que a irrelevancia é un motivo de borrado? Eu non o atopo. Grazas, Piquito (conversa) 15 de xaneiro de 2014 ás 18:27 (UTC)[responder]
- O día que sexas Administrador e teñas acceso ó botón de Borrar, veralo. Como hai que indicar o motivo do borrado, o sistema ofrece un desplegable con 14 posibles motivos (erro no título, categoría baleira, lixo, vandalismo, violación de dereitos, etc.) máis a opción de Outros motivos, onde xa escribes o que queres. Ben, pois a primeira opción dese desplegable é a que nos ocupa: "Artigo sen relevancia enciclopédica". Supoño que o que vaia de primeira é pura casualidade. Pedro --Lameiro (conversa) 15 de xaneiro de 2014 ás 19:26 (UTC)[responder]
- Pois como observación creo que debera ser visible para todos os usuarios, non me parece moi ben que haxa cousas do interés de todos que únicamente podan ver os administradores, creo que eu (ou calquera) debera poder ver todos os motivos para borrar un artigo para saber ben se pode propoñer ou non un artigo. Non todos somos administradores, pero si nos gustaría ter acceso a toda a información (outra cousa é que logo todos a consultemos, pero alo menos ter a opción de consultala en caso de duda). Un saúdo, Piquito (conversa) 16 de xaneiro de 2014 ás 08:53 (UTC)[responder]
- O día que sexas Administrador e teñas acceso ó botón de Borrar, veralo. Como hai que indicar o motivo do borrado, o sistema ofrece un desplegable con 14 posibles motivos (erro no título, categoría baleira, lixo, vandalismo, violación de dereitos, etc.) máis a opción de Outros motivos, onde xa escribes o que queres. Ben, pois a primeira opción dese desplegable é a que nos ocupa: "Artigo sen relevancia enciclopédica". Supoño que o que vaia de primeira é pura casualidade. Pedro --Lameiro (conversa) 15 de xaneiro de 2014 ás 19:26 (UTC)[responder]
- Precisamente, un dos motivos de borrado (o primeiro que aparece na lista de posibles motivos) é "Artigo sen relevancia enciclopédica". Pedro --Lameiro (conversa) 13 de xaneiro de 2014 ás 19:29 (UTC)[responder]
- Creo que non me estás a entender, ao que me refiro é a que non me parece correcto cómo estás a plantexar o seu borrado, xa que estás a empregar criterios que para min son subxectivos. Repito, se alegas que non ten fontes fiables ou referencias, por exemplo, non teño problema en apoiar o seu borrado, mais tal e como está proposto non o podo facer; o que habería que facer é pechar esta proposta e propoñelo con argumentos "de peso" e non alegando algo tan subxectivo e inconsistente como a súa irrelevancia, porque repito, para min hai artigos que son irrelevantes e non por eso o propoño, creo que habería que propoñelo novamente. Eu non podo achegar información sobre a cantante poque nin a coñezo nin teño especial interés nesa música, e principalmente porque non sei ruso ou ucraniano para poder achegar información da web, ademais teño suficiente co meu, o mellor sería consultar co usuario que creou o artigo (sería un bo punto de partida pedirlle referencias a el antes de borrar nada, non sei se se fixo). Piquito (conversa) 12 de xaneiro de 2014 ás 00:05 (UTC)[responder]
- Asegúroche que antes de propor o borrado busquei e rebusquei información e non atopei nada. Podes ti achegar algunha fonte fiable ou referencia sobre a relevancia enciclopédica desta cantante? --. HombreDHojalata.conversa 11 de xaneiro de 2014 ás 23:49 (UTC)[responder]
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
No momento no que propuxen a votación non estaban permitidas as propostas de artigos propios. Pido desculpas por non ter presentado antes a votación para eliminar, pero non sabía que as votacións plantexadas de xeito incorrecto se borraban en lugar de arquivarse. Propoño o borrado porque penso que se debe aplicar sempre a norma, se borramos unha proposta feita por un usuario que non cumpre os requisitos de edicións ou tempo debemos eliminar tamén esta votación, xa que eu non cumpría un dos requisitos. Eu aplicaría un borrado rápido, pero por se acaso propoño o borrado. Piquito (conversa) 3 de abril de 2014 ás 21:56 (UTC)[responder]
- Borrar
- Borrar. --Piquito (conversa) 3 de abril de 2014 ás 21:56 (UTC)[responder]
- Manter
- Manter Non vexo motivos para borrar
o artigo.--Norrin (Fálame) 4 de abril de 2014 ás 07:09 (UTC)[responder]
- Non é o mesmo "non poder abrir unha proposta" que "plantexar mal unha proposta". --Norrin (Fálame) 4 de abril de 2014 ás 07:11 (UTC)[responder]
- Neutros
- Comentarios
# Comentario Piquito, estás a propor borrar o artigo, non a proposta de votación do mesmo para artigo de calidade! --Norrin (Fálame) 4 de abril de 2014 ás 07:09 (UTC)[responder]
- Perdón, certamente é a proposta. --Norrin (Fálame) 4 de abril de 2014 ás 07:11 (UTC)[responder]
Comentario. Norrin, eu non podía abrir a proposta porque non estaba permitido que o usuario que creou o artigo ou era o principal editor o propuxese. Agora si que se pode, mais no momento non estaba permitido, así que a proposta non é que estea mal plantexada, é que eu non podía abrila. Piquito (conversa) 4 de abril de 2014 ás 08:26 (UTC)[responder]
- NOTA: O que se está a votar é o borrado da votación para artigo de calidade, non o artigo en si. O aclaro porque a ligazón dirixe (non sei por qué) ao artigo e non á votación. Piquito (conversa) 4 de abril de 2014 ás 08:28 (UTC)[responder]
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Borrado múltiple
Segundo se debateu no seu momento, as categorías Categoría:Asasinados polo bando nacional e Categoría:Asasinados polo bando republicano plantexan moitos problemas, e poderíase levar até o infinito a categorización deste xeito. Poderíanse crear categorías de "Asasinados pola Revolución Bolxevique", "Asasinados polo Ku Kux Klan" etc. Penso que non son categorías enciclopédicas, e que certamente penso que non aportan nada.
Outras destas categorías poden ser Categoría:Galegos asasinados por ETA, Categoría:Vítimas do terrorismo de Estado, Categoría:Represaliados polo franquismo, etc.
Penso que unha solución xeral sería a de "Mortos na Guerra Civil" ou semellante.
- Borrar
- Borrar. --Norrin (Fálame) 10 de abril de 2014 ás 07:22 (UTC)[responder]
- Borrar. Piquito (conversa) 14 de abril de 2014 ás 19:19 (UTC)[responder]
- Borrar. --AMPERIO (conversa) 29 de abril de 2014 ás 09:49 (UTC)[responder]
- Manter
- Manter. HombreDHojalata.conversa
- Manter A proposta de Norrin non está baseada en ningunha argumentación. Por que non é enciclopédica? Son feitos obxectivos, que poden ser perfectamente referenciados. Penso que estas categorías achegan interesante información e concordo plenamente co comentario de Lameiro feito máis abaixo. --Paradanta (Cóntame) 30 de abril de 2014 ás 20:23 (UTC)[responder]
- Cando falo de non enciclopédica é porque entendo que poden pasar dúas cousas: 1) Non achega información relevante sobre os persoeiros descritos, sobre a súa vida, etc. É tan relevante agrupar por "asasinos" como agrupar por "doenzas" e poderíamos crear as cats de "Finados por cáncer" ou "Finados por tuberculose". 2) Sobre a argumentación de Lameiro respondo abaixo. --Norrin (Fálame) 2 de maio de 2014 ás 08:21 (UTC)[responder]
- Neutros
- Comentarios
- Non podemos levar a neutralidade ata o punto de obviar as consecuencias dun elemento histórico coma este e no noso país, en nada comparable coas consecuencias da revolución bolchevique ou co KKK. Desde logo que non me gusta nada de nada as categorías "Asasinados por uns ou por outros", porque como dixen no seu momento están moi cargadas semanticamente coa palabra Asasinados e polo bando..., pero discutir se as borramos sen intentar antes buscarlle unha alternativa máis neutra paréceme demasiado drástico. ¿Por que non repensamos a alternativa de darlles unha mesma e única categoría na liña de vítimas ou mortos na guerra civil, ou outra fórmula semellante?. A min, tras botar un vistazo á listaxe de asasinados na Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia, dóeme pensar en que pode desaparecer sen máis. Pedro --Lameiro (conversa) 30 de abril de 2014 ás 18:48 (UTC)[responder]
- Non penso que sexa cuestión de neutralidade, é que penso que non achegan información relevante. Por suposto que é comparable a unha categoría sobre os asesinados pola Revolución Bolxevique, non entendo cal é a diferencia. A Galipedia é unha enciclopedia universal en galego, e non vexo porqué podemos crear categorías sobre a Guerra Civil e non sobre a RB ou o KKK. Entendo que a alternativa sería unha categoría do tipo Mortos na guerra civil, e iso paréceme ben. Entre outras cousas porque, por exemplo, non é o mesmo un executado logo dun consello de guerra que un asasinado nunha corredoira escura por exaltados. Isto é, o "asasinados por XXXX" pode tamén mesturar moitos feitos que non sexan comparables, e digo isto sen pretender xustificar nada. Penso, e subliño isto, que efectivamente poderíamos crear entón a "Categoría:Asasinados pola revolución bolxevique", e aseguro que hai artigos dabondo para enchela, así como unha "Categoría:Asasinados polos Estados Unidos na conquista do oeste", que tamén tería material interesante. --Norrin (Fálame) 2 de maio de 2014 ás 08:29 (UTC)[responder]
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Sen contido enciclopédico.
- Borrar
- Borrar. --Estevo(aei)pa o que queiras... 27 de decembro de 2014 ás 00:29 (UTC)[responder]
- Borrar. --Xas (conversa) 27 de decembro de 2014 ás 09:43 (UTC)[responder]
- Borrar. Non ten entidade para ter artigo de seu. Abonda co xa incluído no artigo supercentenarios galegos. --. HombreDHojalata.conversa 27 de decembro de 2014 ás 10:18 (UTC)[responder]
- Borrar. --Breogan2008conversa 28 de decembro de 2014 ás 12:38 (UTC)[responder]
- Borrar. Opino igual que HombreDHojalata.--AMPERIO (conversa) 29 de decembro de 2014 ás 11:56 (UTC)[responder]
- Manter
- Neutros
- Comentarios
Comentario eu estou de acordo en que non ten ningún valor enciclopédico e que abonda xa coa información que hai no artigo supercentenarios galegos pero acontécelle o mesmo ós demais artigos sobre supercentenarios. Son un calco. --Dodro (conversa) 27 de decembro de 2014 ás 14:33 (UTC)[responder]
Comentario Paréceme moi razoable o que dicides. Vou trasladar os artigos ao seu lugar correspondente. --Xabier Cid Talk 2 me, please 28 de decembro de 2014 ás 12:10 (UTC)[responder]
Comentario Supoño que agora hai que deixar que remate a votación sobre este artigo. En calquera caso, xa están corrixidos os datos e listos para borrar.--Xabier Cid Talk 2 me, please 28 de decembro de 2014 ás 12:31 (UTC)[responder]
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Este modelo é obsoleto xa que non variábel {{ROOTPAGENAME}}
.
- Borrar
- Borrar. --Metrónomo (conversa) 22 de decembro de 2014 ás 23:38 (UTC)[responder]
- Manter
- Neutros
- Comentarios
-
- Borrado. Modelo sen uso. Agora emprégase a magic word
{{ROOTPAGENAME}}
. Fago tódalas substitucións correspondentes e borro. --. HombreDHojalata.conversa 23 de decembro de 2014 ás 07:35 (UTC)[responder]
- Borrado. Modelo sen uso. Agora emprégase a magic word
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Ver Conversa modelo:Monarcas da Bretaña. --AMPERIO (conversa) 14 de xullo de 2014 ás 14:13 (UTC)[responder]
- Borrar
- Borrar. --AMPERIO (conversa) 14 de xullo de 2014 ás 14:13 (UTC)[responder]
- Manter
- Neutros
- Comentarios
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Propoño borrar esta categoría porque a súa existencia non é neutral nin obxectiva, senón que está marcada ideoloxicamente. A lista de todos os motivos son:
- Non existe precedente na Wikipedia, e máis especificamente nas categorías eclesiásticas, de mesturar os criterios de orixe e de destino. Ou sexa, non temos a categoría bispos murcianos enviados a Aragón, e tampouco tería sentido que existise esta. O seu grao de capilaridade (profesión+orixe+destino aplicados ao mesmo tempo) é infinitamente maior có que podemos chegar neste momento (futbolistas do Carballiño que xogaron no Celta, escritores da Mariña que emigraron a Arxentina, etc.)
- O concepto de "castelán" é frouxo, dado que non queda claro se nos estamos referindo ao reino de Castela (e, por conseguinte, Xelmírez sería un bispo castelán), á rexión xeográfica de límites difusos que ocuparía a parte central da Península Ibérica, ou aos territorios hoxe comprendidos nas comunidades autónomas de Castela e León e Castela A Mancha.
- Do mesmo xeito estase mesturando un termo político (Galicia), de fronteiras difusas, cunha categoría eclesiástica, onde non existe semellante cousa: existen cinco dioceses no actual territorio da comunidade autónoma de Galicia e unha diocese máis que se estende entre as comunidades autónomas de Galicia e Castela e León. Son os bispos de Astorga "enviados a Galicia"?. Non existe, nin existiu, unha división eclesiástica que fose Galicia e non deberiamos mesturar os criterios políticos cos da Igrexa católica, que son particulares.
- Emprégase o termo "enviar", que parece indicar unha vontade esóxena para "colonizar" ou "invadir" Galicia.
- Despois de buscar infrutuosamente unha categoría produtiva que tivese interese (Bispos de dioceses galegas nacidos no reino de Castela, e demais), creo que o máis razoable é borrar esta categoría incoherente, de límites extraordinariamente difusos no tempo e no espazo, e que ben puido ser creada desde unha perspectiva ideolóxica pouco neutral.--Xabier Cid Talk 2 me, please 7 de xuño de 2014 ás 22:49 (UTC)[responder]
- Borrar
- Borrar --Xabier Cid Talk 2 me, please 7 de xuño de 2014 ás 22:49 (UTC)[responder]
- Borrar --. HombreDHojalata.conversa 7 de xuño de 2014 ás 23:24 (UTC)[responder]
- Borrar. --Norrin (Fálame) 9 de xuño de 2014 ás 06:51 (UTC)[responder]
- Borrar --Elisardojm (conversa) 11 de xuño de 2014 ás 11:33 (UTC)[responder]
- Manter
- Neutro
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Artigo irrelevante enciclopedicamente. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 20 de maio de 2014 ás 22:43 (UTC)[responder]
- Borrar
- Borrar. --Elisardojm (conversa) 20 de maio de 2014 ás 22:43 (UTC)[responder]
- Borrar. --Norrin (Fálame) 21 de maio de 2014 ás 06:50 (UTC)[responder]
- Borrar--. HombreDHojalata.conversa 22 de maio de 2014 ás 11:06 (UTC)[responder]
- Manter
- Manter. O artigo é curioso, pode que semelle un pouco cachondeo pero creo que se podería manter na categoría de artigos insólitos como o do polo sen cabeza. O artigo fala de estudos científicos sobre a materia que están referenciados. O artigo é de interés xeral... a quen non lle saen estas boliñas? É friki pero curioso, eu o deixaría, non todo vai ser ultra serio e sesudo. --Piquito (conversa) 28 de maio de 2014 ás 08:32 (UTC)[responder]
- Neutros
- Comentarios
Comentario Unha alternativa ó borrado sería pasar o artigo ó espazo de nomes Wikipedia engadíndolle un modelo Humor, semellante ó de es.wiki, e meténdoo nunha categoría de Humor, como teñen nas wikis en, es, ca, de, fr... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21 de maio de 2014 ás 08:19 (UTC)[responder]
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Penso que, de primeiras, o artigo non ten información relevante. Trátase dunha lista de ligazóns vermellas e pouco máis. En segundo lugar, e isto é máis importante, penso que non vai acorde con Wikipedia:Punto de vista neutral xa que crea un artigo asumindo unha unidade inexistente a día de hoxe (e de dubidosa unidade nunca) e, se ben pode ser axeitado crear artigos sobre etnografía asumindo a hipótese da unidade dos vascos, penso que ir máis aló e crear artigos como este é unha clara falta de neutralidade. Cal é o nexo deses castelos? Teñen algo que ver entre si, ou é unha asunción reivindicativa? Nin unidade administrativa (que sería a motivación do artigo) nin arquitectónica nin nada.
Entendo que manter este artigo sería, por exemplo, como engadir ao de Castelos de Galicia os da Galiza irredenta, un claro "tomar partido".
- Borrar
- Borrar. --Norrin (Fálame) 18 de maio de 2014 ás 14:34 (UTC)[responder]
- Manter
- Neutros
- Comentarios
- Feito! Borrado rapido. Lista simple, sen contido adicional. --. HombreDHojalata.conversa 18 de maio de 2014 ás 17:17 (UTC)[responder]
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Modelo:NIR (2ª proposta)
editarEste modelo emprégase para situar xeográficamente ben o lugar de nacemento de alguén, ben un accidente xeográfico, etc. O problema é que o modelo emprega como bandeira de Irlanda do Norte unha bandeira que non existe, xa que a día de hoxe esta parte do Reino Unido non ten bandeira. Evidentemente isto significa que non só é innecesario incluir unha bandeira, senón que estamos a proporcionar información incorrecta. Xa que logo, propoño o borrado do modelo.
- Actualización isto tamén inclúe a Modelo:NIRb e Modelo:NIRf
- Observación: na proposta anterior (ver abaixo) se considerou que habería que controlar o seu uso. Como se pode comprobar nas páxinas que ligan, por exemplo, con Modelo:NIRb, ninguén o fai, e de seguir existindo o modelo se seguerá a empregar.
- Borrar
- Borrar. --Norrin (Fálame) 8 de maio de 2014 ás 08:44 (UTC)[responder]
- Manter
- Manter --Elisardojm (conversa) 8 de maio de 2014 ás 13:23 (UTC)[responder]
- Manter. Especificando o período para o que debe ser empregada. --AMPERIO (conversa) 13 de maio de 2014 ás 10:32 (UTC)[responder]
- Neutros
- Comentarios
Comentario Penso que o modelo non debe borrarse xa que é unha bandeira que utilizada no período que indica é correcta, o uso incorrecto do modelo non debe obrigar a borralo. A única solución que vexo, e que xa se presentou na anterior votación, é renomear o modelo para que quede claro o seu uso. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 8 de maio de 2014 ás 13:23 (UTC)[responder]
- E quen se vai encargar de que o seu uso sexa correcto? Ademáis, o modelo remite a Irlanda do Norte, que non ten bandeira. Habería que 1) Controlar o seu uso e 2) Cambiarlle o nome. Algo moi pouco práctico. Se alguén o quere facer que o faga, mais mantelo e limpar as mans pois... --Norrin (Fálame) 13 de maio de 2014 ás 10:50 (UTC)[responder]
- Creo que o seu uso non é tan estendido como para que sexa un problema. De feito eu descubrín que existía onte mentres estaba a mudar os Modelo:RIR por Modelo:IRL, que dito sexa de paso, non redirixe cara este modelo sobre o que estamos a debater. --AMPERIO (conversa) 13 de maio de 2014 ás 10:55 (UTC)[responder]
- Controlar o seu uso temos que facelo todos, igual que controlamos que a ortografía sexa correcta, que non haxa insultos, que non haxa información errónea. Se nun sitio o modelo está usado incorrectamente é un erro e calquera que o detecte pode e debe amañalo. Non se pode facer máis, para min a mellor solución é cambiarlle o nome (que vexo que xa se fixo) e poñer un aviso no modelo indicando claramente os únicos casos nos que pode ser usada (isto está por facer) para que todo o mundo se entere perfectamente. Non me parece maior problema que ligue co artigo de Irlanda do Norte, en realidade foi unha bandeira dese país e co cambio de nome e a nota no modelo estaría máis que clara a relación. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13 de maio de 2014 ás 12:39 (UTC)[responder]
- Creo que o seu uso non é tan estendido como para que sexa un problema. De feito eu descubrín que existía onte mentres estaba a mudar os Modelo:RIR por Modelo:IRL, que dito sexa de paso, non redirixe cara este modelo sobre o que estamos a debater. --AMPERIO (conversa) 13 de maio de 2014 ás 10:55 (UTC)[responder]
- E quen se vai encargar de que o seu uso sexa correcto? Ademáis, o modelo remite a Irlanda do Norte, que non ten bandeira. Habería que 1) Controlar o seu uso e 2) Cambiarlle o nome. Algo moi pouco práctico. Se alguén o quere facer que o faga, mais mantelo e limpar as mans pois... --Norrin (Fálame) 13 de maio de 2014 ás 10:50 (UTC)[responder]
Este modelo emprégase para situar xeográficamente ben o lugar de nacemento de alguén, ben un accidente xeográfico, etc. O problema é que o modelo emprega como bandeira de Irlanda do Norte unha bandeira que non existe, xa que a día de hoxe esta parte do Reino Unido non ten bandeira. Evidentemente isto significa que non só é innecesario incluir unha bandeira, senón que estamos a proporcionar información incorrecta. Xa que logo, propoño o borrado do modelo.
- Actualización isto tamén inclúe a Modelo:NIRb e Modelo:NIRf
- Borrar
- Borrar. --Norrin_strange (Fala-me) 30 de xullo de 2013 ás 09:11 (UTC)[responder]
- Manter
- Manter. Aínda que xa non é oficial, si que o foi no seu momento, polo que é correcto o seu uso para os acontecementos producidos entre 1953 e 1972, o que hai é que controlar o seu uso e retirala dos artigos que non correspondan con este período. --JaviP96 20 de agosto de 2013 ás 18:10 (UTC)[responder]
- Manter. Penso que ten razón Javi. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 27 de agosto de 2013 ás 10:15 (UTC)[responder]
- Manter sempre e cando alguén se encargue de regular o seu uso. Piquito (conversa) 27 de agosto de 2013 ás 10:28 (UTC)[responder]
- Manter O modelo de seu é correcto, o que podería ser incorrecto é o seu título, igual que temos o marcador para a bandeira franquista Modelo:ESP-1939 para utilizalo cando cómpre e outro Modelo:ESP coa bandeira actual. Para evitar confusións, e aínda que actualmente non hai bandeira oficial en Irlanda do Norte, proporía seguir o modelo da bandeira de España e mudarlle ao título a Modelo:NIR-1953 ou algo semellante para utilizalo onde haxa que utilizalo (non só ata 1972 xa que hai acontecementos como os Xogos da Commonwealth onde aínda utilizan esa bandeira.--Sernostri (conversa) 27 de agosto de 2013 ás 12:59 (UTC)[responder]
- Neutros
- Comentarios
- Comentario. Entón iso haberá que incluilo no título do modelo e nas explicacións sobre o seu uso. A día de hoxe, proporciona información falsa. E penso que andar a controlar se está incluído correctamente é traballo innecesario. --Norrin_strange (Fala-me) 27 de agosto de 2013 ás 11:05 (UTC)[responder]
- Comentario. Estou con Norrin na primeira frase. Sobre a última, cada quen fai co seu tempo o que ve, se hai usuarios que queren controlar este tema que o fagan, sempre que sexan eficientes... Piquito (conversa) 27 de agosto de 2013 ás 11:12 (UTC)[responder]
- Comentario. Concordo en mudarlle o nome como propuxo Sernostri. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 27 de agosto de 2013 ás 12:31 (UTC)[responder]
- Comentario. Discordo co cambio de nome, de feito os dous marcadores de España son os únicos que utilizan datas. O mellor é ter un modelo unificado para todos con tres letras. --JaviP96 27 de agosto de 2013 ás 13:22 (UTC)[responder]
- Comentario O problema con NIR é que remite a Irlanda do Norte (North Ireland) e crea confusión en quen o queira utilizar que pode pensar que con iso emprega un modelo coa bandeira actual (sabemos que agora non hai bandeira oficial pero quen o utilice ao mellor non o sabe), quizais se o que se quere é manter tres letras utilizar algo do estilo ONI (Old North Ireland, en inglés xa que o modelo actual está baseado nesa lingua) ou calquera outro que non remita á Irlanda do Norte actual.--Sernostri (conversa) 27 de agosto de 2013 ás 13:40 (UTC)[responder]
- Comentario. Pódese mirar de cambiar o nome, aínda que o modelo xa conta coa explicación do período ao que corresponde pode haber xente que o utilice sen miralo. Hai algunha suxestión máis? --JaviP96 27 de agosto de 2013 ás 14:25 (UTC)[responder]
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Irrelevante dende o punto de vista dunha enciclopedia. --. HombreDHojalata.conversa 2 de maio de 2014 ás 12:46 (UTC)[responder]
- Borrar
- Borrar. --. HombreDHojalata.conversa 2 de maio de 2014 ás 12:46 (UTC)[responder]
- Borrar --Estevo(aei)pa o que queiras... 2 de maio de 2014 ás 13:04 (UTC)[responder]
- Borrar. E tamén habería que ver se Belén Esteban é relevante ou non. --AMPERIO (conversa) 2 de maio de 2014 ás 13:41 (UTC)[responder]
- Borrar. --Elisardojm (conversa) 8 de maio de 2014 ás 08:18 (UTC)[responder]
- Borrar. --Norrin (Fálame) 8 de maio de 2014 ás 08:23 (UTC)[responder]
- Manter
- Neutros
- Comentarios