Persoas supercentenarias e centenarias galegas

artigo de listas da Wikimedia
(Redirixido desde «Supercentenarios galegos»)

Coñécense coa expresión persoa supercentenarias os individuos da especie humana que superan os 110 anos de vida. En Galicia existen rexistros de case dúas ducias de persoas que superaron os 110 anos, das que dez case todas foron mulleres. En Galicia, chegar a ser unha persoa supercentenaria a principios do século XXI supón superar en case trinta de anos a esperanza de vida.

Chámaselle persoa semisupercentenaria a que fai os 105 anos de vida[1].

A galega máis anciá da historia foi Carmela Figueiró, que chegou aos 113 anos e 209 días. Entre homes só un, Alejandro Rivera (que se saiba), chegou a superar a barreira dos 110 anos.[2]

Listaxe de persoas galegas supercentenariasEditar

Aquí están recollidas 18 persoas galegas das que se sabe que chegaron a ser supercentenarias. Esta lista pode non estar completa.

Orde Nome Sexo Data de nacemento Data de falecemento Idade Concello de nacemento
1 Carmela Figueiró[1] M 28 de outubro de 1883 25 de maio de 1997 113 anos e 209 días Nigrán
2 Avelina Mouzo Leis[3] M 24 de decembro de 1904 28 de decembro de 2017 113 anos e 4 días Vimianzo
3 Roberta Blanco M 29 de abril de 1908[4] 22 de abril de 2020 111 anos e 359 días Bergondo
3 María Alonso Gayoso M 14 de xullo de 1882 26 de abril de 1994 111 anos e 286 días Castrelo do Val
4 Lulú Vázquez M 29 de marzo de 1910 24 de decembro de 2021 111 anos e 270 días Pontevedra
5 Josefa Álvarez Rodríguez M 16 de febreiro de 1906 18 de setembro de 2017 111 anos e 214 días Ramirás
6 Alejandro Rivera Santalla H 28 de agosto de 1888 22 de novembro de 1999 111 anos e 86 días Ourense
7 Celestina Penabad M 2 de agosto de 1907[5] 13 de setembro de 2018 111 anos e 42 días Muras
8 Francisca Barracel M 18 de xuño de 1902 18 de xullo de 2013 111 anos e 30 días Allariz
9 Josefina Villaverde M 19 de novembro de 1909[6] 8 de novembro de 2020 110 anos e 355 días Cuntis
10 Elisa de Iglesia Alonso M 28 de xuño de 1895 28 de marzo de 2006 110 anos e 273 días Redondela
11 Ramona Costoyas M 10 de agosto de 1909 4 de abril de 2020 110 anos e 238 días Silleda
12 Concepción Pichel M 11 de maio de 1908[7] 28 de novembro de 2018 110 anos e 201 días Lalín
13 Rosa Martínez Casais M 3 de maio de 1900 30 de outubro de 2010 110 anos e 180 días A Merca
14 Pilar Fernández Sobradelo M 22 de febreiro de 1898 21 de xuño de 2008 110 anos e 119 días Rianxo
15 Juana Rodriguez Matías[1] M 8 de agosto de 1886 1 de decembro de 1996 110 anos e 115 días Chandrexa de Queixa
16 María Nouche M 18 de setembro de 1911 110 anos e 242 días Poulo (Ordes)
17 Aurora Lombán M 26 de abril de 1897 25 de xuño de 2007 110 anos e 60 días Mondoñedo
18 María Marcote M 28 de setembro de 1901 4 de outubro de 2011 110 anos e 6 días Fisterra

A persoa máis vella de GaliciaEditar

Aparecen listadas aquí as persoas que ostentaron o título de seren as máis vellas de Galicia. A maior parte delas foron mulleres. En moitos casos é complexo delimitar se houbo persoas que ocuparon esa posición, ao non haber fontes que sinalen o "comezo do reinado". Neses casos queda o campo en branco.

Nome Sexo Desde Ata Idade ao morrer Concello de nacemento
María Nouche[8] M 24 de decembro de 2021 aínda viva 110 anos e 242 días Ordes
Lulú Vázquez M 7 de novembro de 2020 24 de decembro de 2021 111 anos e 270 días Pontevedra
Josefina Villaverde M 22 de abril de 2020 7 de novembro de 2020 110 anos e 354 días Cuntis
Roberta Blanco M 28 de novembro de 2018 22 de abril de 2020 111 anos e 359 días Bergondo
Concepción Pichel M 13 de setembro de 2018 28 de novembro de 2018 110 anos e 201 días Lalín
Celestina Penabad M 28 de decembro de 2017 13 de setembro de 2018 111 anos e 42 días Muras
Avelina Mouzo M 18 de xullo de 2013 28 de decembro de 2017 113 anos e 004 días Vimianzo
Francisca Barracel M 4 de outubro de 2011 18 de xullo de 2013 111 anos e 030 días Allariz
María Marcote M 30 de outubro de 2010 4 de outubro de 2011 110 anos e 006 días Fisterra
Rosa Martínez Casais M 25 de decembro de 2009 30 de outubro de 2010 110 anos e 180 días A Merca
Purificación Barcón de Azcárraga M 25 de decembro de 2009 109 anos e 238 días Neda
Manuela Fernández López M 1 de outubro de 2009 109 anos e 223 días O Corgo
Pilar Fernández Sobradelo M 23 de marzo de 2008 21 de xuño de 2008 110 anos e 119 días Rianxo
María Fernández M 28 de marzo de 2006 23 de marzo de 2008 111 anos e 221 días Ourense
Elisa de Iglesia Alonso M 28 de marzo de 2006 110 anos e 273 días Redondela
Rosario Fernández Vara M 7 de xaneiro de 2004 109 anos e 096 días Muros
Ramona Taboada López M 27 de marzo de 2002 109 anos e 158 días Boimorto
Alejandro Rivera Santalla H 22 de novembro de 1999 111 anos e 086 días Ourense
Carmela Figueiró M 26 de abril de 1994 25 de maio de 1997 113 anos e 209 días Nigrán
María Alonso Gayoso M 26 de abril de 1994 111 anos e 286 días Castrelo do Val
Paulina García García-Lozano M 18 de abril de 1987 108 anos e 319 días Pontecesures

A muller máis vella de GaliciaEditar

No século XXI a muller máis vella de Galicia foi asemade a persoa máis vella. Adoito estas mulleres chegaron a ser supercentenarias, é dicir, chegaron a superar os 110 anos de vida.

  1. María Nouche. Desde o 24 de decembro de 2021.
  2. Lulú Vázquez. Desde o 7 de novembro de 2020 ata o 24 de decembro de 2021.
  3. Josefina Villaverde. Desde o 22 de abril de 2020 ata o 7 de novembro de 2020.
  4. Roberta Blanco. Desde o 28 de novembro de 2018 ata o 22 de abril de 2020.
  5. Concepción Pichel. Desde o 13 de setembro de 2018 ata o 28 de novembro de 2018.
  6. Celestina Penabad. Desde o 28 de decembro de 2017 ata o 13 de setembro de 2018.
  7. Avelina Mouzo. Desde o 18 de xullo de 2013 ata o 28 de decembro de 2017.
  8. Francisca Barracel. Desde o 4 de outubro de 2011 ata o 18 de xullo de 2013.
  9. María Marcote. Desde o 30 de outubro de 2010 ata o 4 de outubro de 2011.
  10. Rosa Martínez Casais. Desde o 25 de decembro de 2009 ata o 30 de outubro de 2010.
  11. Pilar Fernández Sobradelo. Do 23 de marzo de 2008 ao 21 de xuño de 2008.
  12. Aurora Lombán. De 28 de marzo de 2006 ao 27 de xuño de 2007, se só contamos as mulleres que vivían en Galicia.
  13. María Fernández. Do 28 de marzo de 2006 ao 23 de marzo de 2008 (vivía nos Estados Unidos).
  14. Elisa de la Iglesia Alonso. Ata o 28 de marzo de 2006.
  15. Rosario Fernández Vara. Ata o 7 de xaneiro de 2004.
  16. Ramona Taboada López. Ata o 27 de marzo de 2002.
  17. Carmela Figueiró. Do 26 de abril de 1994 ata o 25 de maio de 1997.
  18. María Alonso Gayoso. Ata o 26 de abril de 1994.
  19. Paulina García García-Lozano. Ata o 18 de abril de 1987.

O home máis vello de GaliciaEditar

A continuación lístanse unha serie de centenarios, todos eles homes, que ocuparon o posto de seren os varóns máis vellos de Galicia mais non chegaron á categoría de supercentenarios.

  1. Luis Torras. Desde o 18 de outubro de 2019. Luis Torras é pintor e naceu en Vigo o 29 de decembro de 2012.
  2. José Prieto. Desde o 27 de agosto ata o 18 de outubro de 2019. José Prieto Corral nacera o 31 de decembro de 1910 no Caneiro (As Pontes), e finou nunha residencia da Zapateira (Culleredo) o 18 de outubro de 2019. Foi labrego e albanel.
  3. Francisco Lestegás. Desde o 30 de xullo de 2016 ao 27 de agosto de 2019. Francisco Lestegás Eiras, coñecido como Paco ou Pancho do Relámpago, nado en Marzán (Foz) o 30 de novembro de 1910 e finado no mesmo lugar o 27 de agosto de 2019, foi un mariñeiro xubilado galego. Estivo enrolado nun barco chamado Relámpago, de onde lle veu o alcume.[9][10]
  4. Antonio Santiso, de febreiro de 2015 ao 30 de xullo de 2016. Antonio Santiso Nóvoa, nado en San Vicente de Castillón (Pantón) o 18 de xullo de 1908 e finado no Saviñao o 30 de xullo de 2016, foi un labrego[11].
  5. Evaristo Fernández, de maio de 2014 a febreiro de 2015. Evaristo Fernández García, nado en Trabada o 31 de outubro de 1907 e finado na súa casa da Ría de Abres (Trabada) o 17 de febreiro de 2015, foi un alcalde de barrio até pasados os 100 anos, cargo que mantivo de xeito honorífico.[12][13][14].
  6. Antonio Arenosa, de xuño de 2013 ata maio de 2014. Antonio Arenosa Rodríguez, nado en Vigo o 20 de novembro de 1906 e finado en Ponteareas o 9 de maio de 2014, foi un galego que durante varios anos foi o varón máis vello de Galicia[15][16].
  7. Jesús González, de marzo de 2012 ata xuño de 2013. Jesús González González, nado en Pedrafita do Cebreiro o 18 de decembro de 1905 e finado na mesma localidade o 26 de xuño de 2013, foi un labrego galego que viviu toda a súa vida nesta localidade[17].
  8. Luis Nadal, ata o 25 de marzo de 2012. Luis Nadal Pagés, nado en Palamós en xullo de 1905 e finado na Zapateira (na parte pertencente a Culleredo) o 25 de marzo de 2012, foi un empresario e enxeñeiro, que traballara como director dunha fábrica de cemento e nunhas minas de volframio. En 2001 trasladárase a vivir á Coruña e logo a unha residencia a Culleredo.
  9. Francisco Dans, ata o 22 de decembro de 2010. Francisco Dans Losada, nado na Coruña o 29 de setembro de 1902, finou en Madrid o 22 de decembro de 2010.
  10. Antonio García, ata o 12 de febreiro de 2008. Antonio García Espiño, nado en Piñeiro (Silleda) o 1 de xuño de 1900 e finado na mesma localidade o 12 de febreiro de 2008, foi un labrego galego[18][19].
  11. Atilano Rivas, ata o 2 de xaneiro de 2007. Atilano Rivas Iglesias, nado o 18 de xaneiro de 1897 no Rego do Cal (Abadín), e finado o 2 de xaneiro de 2007 na mesma localidade.

Persoas semisupercentenarias e centenariasEditar

Hai un número moito maior de persoas en Galicia que teñen entre 100 e 110 anos de vida, aínda que seguen a ser as mulleres as que máis doadamente chegan a estas idades. No ano 2017, había en Galicia 1607 persoas de máis de cen anos, das que tres cuartas partes son mulleres[20].

Entre as persoas galegas centenarias estaba o antigo presidente da Xunta Xerardo Fernández Albor. Lístanse aquí outras persoas semisupercentenarias vivas (máis de 105 anos). Esta listaxe, dunhas corenta persoas, pode non ser completa[8].

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 1,2 Gómez-Redondo, Rosa; García González, Juan Manuel (2010). "Emergence and verification of supercentenarians in Spain". En Maier, Heiner; Gampe, Jutta; Jeune, Bernard; Robine, Jean-Marie; Vaupel, James W. Supercentenarians (PDF). Springer. pp. 151–171. ISBN 978-3-642-11519-6. 
  2. The Oldest Man in Spain
  3. Avelina Mouzo Leis, la Abuela de Galicia, fallece pocos días después de cumplir los 113 años
  4. Rial, S. G. (22 de abril de 2020). "Falleció Roberta Blanco, la persona de más edad de Galicia". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 21 de outubro de 2021. 
  5. "Once décadas con salud"
  6. Viéitez, Oskar (8 de novembro de 2020). "El PSOE despide a la cuntiense Josefina Villaverde, su afiliada más longeva con 110 años". Pontevedra Viva (en castelán). Consultado o 21 de outubro de 2021. 
  7. Las 110 primaveras de Concha
  8. 8,00 8,01 8,02 8,03 8,04 8,05 8,06 8,07 8,08 8,09 8,10 8,11 Ibáñez González, Emilio (2012-01-01). "2021. Personas españolas mayores de 105 años.". Tengo más de 100. Consultado o 2021-12-29. 
  9. "El «abuelo» de Foz y uno de los gallegos más longevos". La Voz de Galicia. 4 de decembro de 2015.  (en castelán)
  10. "La intensa actividad de Pancho do Relámpago". La Voz de Galicia. 18 de setembro de 2011.  (en castelán)
  11. "Muere en Escairón a los 108 años de edad uno de los gallegos más longevos". La Voz de Galicia (en castelán). 2016-08-02. Consultado o 2018-01-10. 
  12. "Cumple 106 años medicándose solo con una pastilla para dormir". La Voz de Galicia. 1 de novembro de 2013.  (en castelán)
  13. "Evaristo Fernández, el abuelo de Galicia". galiciaunica.es. 7 de novembro de 2014.  (en castelán)
  14. "Muere el abuelo de Galicia". La Voz de Galicia. 18 de febreiro de 2015.  (en castelán)
  15. "El abuelo de Galicia tiene 106 años, práctica cálculo y dice estar «enamorado de la vida»". La Voz de Galicia. 28 de xuño de 2013.  (en castelán)
  16. "Muere el abuelo de Galicia". La Voz de Galicia. 9 de maio de 2014.  (en castelán)
  17. "Muere el abuelo de Galicia". La Voz de Galicia. 27 de xuño de 2013.  (en castelán)
  18. "El ‘abuelo de Galicia’ cumplió 107 años en plenas facultades". El Correo Gallego. 2 de xuño de 2007.  (en castelán)
  19. "Fallece en Silleda a los 107 años Antonio García Espiño, que estaba considerado el abuelo de Galicia". La Voz de Galicia. 13 de febreiro de 2008.  (en castelán)
  20. "Galicia é a segunda comunidade co índice de centenarios máis elevado | CRTVG". www.crtvg.es. Arquivado dende o orixinal o 14 de decembro de 2017. Consultado o 2017-12-13. 
  21. Franco, Fernando (2021-12-18). "Los 109 de Luis Torras y los 86 de Carlos Pérez". Faro de Vigo (en castelán). A pesar do que se sinala o artigo, onde se dá a entender que Luis Torras faría anos a principios de decembro, todas as demais fontes sinalan o 29 de decembro como a data de nacencia. Consultado o 2021-12-29. 
  22. Álvarez, María José (2021-05-03). "Las 108 primaveras de la “abuela” de la provincia". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2021-12-29. 
  23. B., M.; E., A. (2021-11-14). "Josefa Andreu, la abuela de Vigo con 108 años y "cabeciña" envidiable". Atlántico (en castelán). Consultado o 2021-12-29. 
  24. Portabales, Pablo (2021-05-08). "Paquita cumple 107 y estrena «smartwatch»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2021-12-29. 
  25. G., R. (2021-01-02). "Coronavirus Galicia: una anciana de 106 años asintomática supera el Covid «casi sin darse cuenta»". abc (en castelán). Consultado o 2021-12-29. 
  26. Lago, Fran (2021-05-12). "A avoa de Santa Comba cumpre 107 anos: "Cando era unha nena houbo unha gripe moi mala"". NH Diario. Consultado o 2021-12-29. 
  27. "La abuela de Sober cumple 107 años". La Voz de Galicia (en castelán). 2021-05-23. Consultado o 2021-12-29. 
  28. Salgueiro, Xan (2021-06-21). "La niña con “estrella” que se adelantó a la I Guerra Mundial y sobrevivió a tres pandemias". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2021-12-29. 
  29. "La abuela de Antas, Dolores Rodríguez, cumple 107 años en compañía de su familia". El Progreso de Lugo (en castelán). 2021-07-17. Consultado o 2021-12-29. 
  30. "La mujer más longeva de la comarca celebra su 107 cumpleaños". El Progreso de Lugo (en castelán). 2021-12-05. Consultado o 2021-12-29. 
  31. Doallo, María (2021-12-31). "107 años en el mismo hogar de Taboadela". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2022-01-19. 
  32. "Cumplir 106 años en plena pandemia". La Región (en castelán). 2021-01-10. Consultado o 2021-12-29. 
  33. Cruz, José M. (2021-03-18). "Isolina celebró en San Xoán de Río su 106 aniversario". La Región (en castelán). Consultado o 2021-12-29. 
  34. "Facendo caldo galego con máis de cen anos". Radiofusion - A programación das Emisoras Municipais Galegas. 2021-05-21. Consultado o 2021-12-30. 
  35. Viu, Cristina (2021-06-10). "María Fernández Serrano: «Vou facer 106 anos e xa teño moita xente aló que están esperando»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2021-12-30. 
  36. "Felicitación á ribeirense Consuelo Mariño Folgar no seu 106 aniversario". O Barbanza. 2021-07-11. Consultado o 2021-12-30. 
  37. "106 urte bete ditu Jose Iglesias Novoak". Oizmendi.eus (en éuscaro). Consultado o 2021-12-30. 
  38. "Concha, la vecina más longeva de Coia, cumple 106 años". Atlántico (en castelán). 2021-11-22. Consultado o 2021-12-30. 
  39. "La ourensana Amelia Gulías sopla las velas de su 105 aniversario". La Voz de Galicia (en castelán). 2021-03-23. Consultado o 2021-12-30. 
  40. Villapol, Pablo (2021-06-16). "A María de Baltasar un siglo no le basta". El Progreso de Lugo (en castelán). Consultado o 2021-12-30. 
  41. 41,0 41,1 Manteiga, Marcos. "Centenarias para presumir en Negreira y Santa Comba". www.elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 2021-12-30. 
  42. Outras fontes mencionan unicamente Rosa Couso.
  43. "Moitos parabéns, Rosa". Facebook. Concello de Moraña. Consultado o 2021-12-30. 
  44. "Dale a la pandereta, Victorina, que «solo» son 105 años". La Voz de Galicia (en castelán). 2021-10-09. Consultado o 2021-12-30. 
  45. Vilariño, Paula (2021-10-13). "Guillermina, la mujer que lo vio todo, cumple 105 años". El Progreso de Lugo (en castelán). Consultado o 2021-12-30. 
  46. Ramos, Rocío (2021-11-02). "Nieves Negro celebró sus 105 años rodeada de su familia". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2021-12-30. 
  47. "Carmucha, la "pementeira" más longeva de Padrón, celebra su 105 cumpleaños". Quincemil (en castelán). Consultado o 2021-12-30. 
  48. Fernández, Elisabet (2021-12-03). "Esperanza Cortiñas: “Nunca pensé en hacerme famosa con 105 años”". La Región (en castelán). Consultado o 2021-12-30. 

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar