Wikipedia:Taboleiro dos administradores/Atribuír ou retirar dereitos/Arquivo 3

Este é un arquivo do Taboleiro dos administradores/Atribuír ou retirar dereitos

Nesta páxina atópanse os fíos de conversa tratados no Taboleiro dos administradores/Atribuír ou retirar dereitos que foron arquivados.
Por favor, non edites esta páxina. Para reavivar calquera destes debates, comeza un novo tema no Taboleiro.

< Conversas vellas | Arquivos: 1, 2, 3, 4, 5

Renuncia como administradorEditar

Despois de bastante tempo sen facer nada nesta wikipedia, e ante a constatación de que nos vindeiros meses vai ser moi difícil, por non dicir imposíbel, dedicarlle o tempo que a Galipedia require, renuncio ao status de administrador. Durante estes anos, a experiencia de administrador foi laboriosa e en moitas ocasións incómoda, pero pra iso me escolleu a comunidade. Sinto defraudar a comunidade coa miña decisión, pero non podo actuar doutro xeito. Desculpas a todos e a todas. --Xabier Cid Conversa 14:48, 13 de xuño de 2010 (UTC)

Non creo que ninguén se poida sentir defraudado: ofrecestes un servizo á comunidade adicándolle a este proxecto o tempo que che foi posible, iso só pode ser positivo. A comunidade e o teu país estanche agradecidos, como o estás a calquera que actúe de xeito altruísta, construtivo e desinteresado. Esperamos volverte ver por aquí pronto. Xoacas(a ver se fajo unhas croquetas) 18:56, 13 de xuño de 2010 (UTC)

  • Graciñas, Xabier. Espero que non tardes en volver. --Atobar (conversa comigo) 16:59, 15 de xuño de 2010 (UTC)
  • Bueno Xabier. Sen o plus que esixe a administración, estou seguro de que seguirás estando presente nesta casa de cando en vez, achegando o teu ben facer. Grazas en todo caso e tranquilo coa túa decisión. Saúdos e a seguir sendo bo (e xeneroso). Pedro --Lameiro (conversa) 17:43, 15 de xuño de 2010 (UTC)

(**Cada quén fai o que quere e/ou o que pode, eu botei de menos (e sigo botanddo de menos) esta renuncia, fixose cando maìs ou menos xa tiña problemas de internet. Perdoar iste retraso, pero a renuncia de Banjo tamén moléstame).--Elvira (conversa comigo) 23:56, 29 de maio de 2011 (UTC)

Proxecto irmánEditar

Boas. No Galizionario chegamos á conclusión de que sería positivo de que algún administrador da Galipedia adquirise o status tamén aló. Os vellos administradores hai tempo que non pisan o proxecto ou simplemente abandonaron o cargo.
O traballo nun principio sería quitar de diante tarefas atrasadas, pero logo o Galizionario non dá moito traballo, e mentres eu (e creo que podo falar tamén por Gallaecio) esteamos nel teriámolos informados dos temas que houbese que atender.
Despois de comentarllo a Albert galiza conseguimos que aceptase a proposta, pero non asegura un mantemento en condicións. Precisabamos algún voluntario máis, podendo ser que crea que vai poder atender o proxecto de cando en vez. A ver esas mans! [ Furagaitas * ] 19:08, 21 de outubro de 2010 (UTC)

Sería esclarecedor saber de que tipo de tarefas se trataría. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 19:52, 21 de outubro de 2010 (UTC)

Pois en principio tarefas de mantemento: importar, borrar, fusionar, bloquear artigos,... Ese tipo de cousas. [ Furagaitas * ] 20:26, 21 de outubro de 2010 (UTC)

cesión de dereitos para a páxina cultura urbanaEditar

Olá compañeiros,

vimos de crear a páxina de cultura urbana na galipedia mais saiunos un aviso conforme estabamos comentendo unha infracción cos dereitos de autor. O contido que metimos na sección está sacado da páxina http://www.berrobamban.com/pressingcatch/index.php?cat=13, que é unha web da nosa propiedade (Berrobambán, S.L.). A nosa idea é precisamente que a xente que entre na web do noso espectáculo multidisciplinar Pressing Catch, e acceda a sección de cultura urbana, poda ampliar, modificar ou engadir información acerca deste eido, pois nós pretendemos facer que a páxina seña o máis interactiva posíbel. Para isto, pensamos que un bo xeito de facelo sería precisamente meter os contidos na Galipedia, xa que non existe ningunha entrada para cultura urbana.

Ben, a miña cuestión agora é saber que temos que facer para poder meter estes contidos sen ter problemas co tema dos dereitos, que son nosos pero que cederiamos sen problema a wikipedia baixo licenza creative commons.

Non sei se hai xeito de nos comunicar por aquí dentro -da galipedia-, mais nós somos novas neste mundillo enciclopédico, por se acaso entón deixovos un email de contacto para que nos respostedes é: producion@berrobamban.com

Agardo pois a vosa resposta. Moitísimas grazas de antemán, a equipa de Berrobambán.—o anterior comentario sen asinar foi feito por 83.165.102.224 (conversacontribucións)

  • Ola, ip. Os contidos da Galipedia seguen un formato moi claro e son orixinais. Agás excepcións moi concretas, a wiki en galega é moi estrita canto a dereitos [todas o son, pero aquí a vixilancia é maior]. De calquera maneira, o problema e as razóns do borrado non estaban tanto nos dereitos como no carencia de formato, categorización, interwikis, referencias etc. Quedan un par de explicación na propia páxina de conversa do artigo borrado, Conversa:Cultura urbana. Con todo, a Galipedia ten Contracultura, que pode ser expandido a vontade. E dentro duns momentos eu mesmo vou facer o de tribo urbana, que vén sendo a Cultura urbana que aquí se propuña. Para calquera dúbida, non temas en preguntar. Noutra orde de cousas, que non che esqueza asinar as mensaxes nas páxinas de conversa e na taberna. Faise premendo, xusto por riba do cadro de escrita, na icona do lapiseiro, a primeira a contar de dereita cara á esquerda. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 14:32, 15 de novembro de 2010 (UTC)
Ao cabo optei por volver crear o artigo de acordo co formato wiki. Velaí queda logo [1]. A partir diso, que cadaquén engada o que lle pareza. --Atobar (conversa comigo) 14:58, 15 de novembro de 2010 (UTC)
Segundo a lei, se non se fai constar expresamente o contrario, toda obra ten tódolos dereitos reservados. Se queredes que os textos da vosa web poidan ser incorporados a calquera outro proxecto, á Galipedia (respectando as políticas, tentando adoptar o formato e todo iso) ou a calquera outro proxecto na web ou fora dela, o que debedes é facer constar claramente na vosa propia páxina que os contidos licéncianse baixo CC BY-SA 3.0 ou similar--. HombreDHojalata.conversa 15:08, 27 de maio de 2011 (UTC)

Usuario Banjo en calidade de administradorEditar

Penso que habería que abrir unha votación para retira a Banjo de administrador, ou ben directamente preguntarlle a el se lle parece ben facer el mesmo a renuncia. Vexo que non edita dende xullo de 2010, polo que xa se considera un administrador inactivo (éo aos seis meses) e a súa praza ben pode ser ocupada por outro que preste unha axuda que se fai necesaria. Como o vedes? --Atobar (conversa comigo) 14:02, 27 de maio de 2011 (UTC)

Realmente non edita en tarefas de administrador dende fai 11 meses. Eu primeiro mandaríalle un correo preguntando polas súas intencións. Pode que non teña tempo para colaborar pero seguramente lerá o correo electrónico. E en segundo lugar, se non contesta nuns días, abriría a votación. En todo caso será unha grande perda para a Galipedia se Banjo non pode seguir colaborando. Por outra banda Sobreira está na mesma situación, non edita como administrador dende fai 16 meses--. HombreDHojalata.conversa 14:56, 27 de maio de 2011 (UTC)
Boas! Primeiro de todo pídovos disculpas pola ausencia, pero por diversos motivos persoais xa non podo adicarlle tempo á Galipedia. Directamente renuncio ao estado de administrador, para aforrarvos votacións e demáis. No curto-medio prazo non contemplo a posibilidade de retorna-lo traballo por estes lares, aínda que non vou renunciar tampouco por completo ao proxecto, tentarei voltar máis adiante. Sinto deixarvos de lado, espero que sigades traballando tan arreo e ben coma sempre. Vémonos xente! :) --Banjo tell me 20:46, 29 de maio de 2011 (UTC)
Unha aperta, Banjo--. HombreDHojalata.conversa 21:00, 29 de maio de 2011 (UTC)
Graciñas, Banjo. Queda todo claro. Moitos saúdos e esperámoste por aquí. --Atobar (conversa comigo) 21:54, 29 de maio de 2011 (UTC)
Eu tamén te espero e conto contigo para colaborar cando poidas. Saùdos Banjo !--Elvira (conversa comigo) 23:45, 29 de maio de 2011 (UTC)
Veño de facer a solicitude da retirada dos seus dereitos en Meta. Saúdos e grazas por todo, Banjo! --Toliño Fala aquí comigo 13:09, 30 de maio de 2011 (UTC)

Burócratas. Marca de botEditar

Burócratas, podédeslle dar a marca de bot ao usuario:Chobot segundo Wikipedia:Bots/Peticións de aprobación#User:Chobot? Grazas--. HombreDHojalata.conversa 07:57, 10 de agosto de 2011 (UTC)

  Feito! Grazas por avisares. --Alberte Si, dígame? 13:38, 10 de agosto de 2011 (UTC)

Para burócratasEditar

Cando poidades, Wikipedia:Votacións á administración/Revogacións/Usuario:Sobreira pechada. --. HombreDHojalata.conversa 19:12, 5 de febreiro de 2012 (UTC)

Veño de facer a solicitude en Meta-Wiki. Aproveito para agradecer o seu labor e pedirlle que siga coas súas edicións como ata o de agora. --Toliño Fala aquí comigo 14:43, 6 de febreiro de 2012 (UTC)
O permiso foi retirado (rexistro). --MarcoAurelio 20:10, 6 de febreiro de 2012 (UTC)

Burócratas. Marca de botEditar

Burócratas, podédeslle dar a marca de bot ao usuario:KLBot2 segundo Wikipedia:Bots/Peticións de aprobación#KLBot2 ? Grazas.--. HombreDHojalata.conversa 16:51, 14 de xuño de 2012 (UTC)

  Feito! --Toliño Fala aquí comigo 17:54, 14 de xuño de 2012 (UTC)

Para burócratas. Revogación de botsEditar

Burócratas atendede, por favor, a revogación aprobada: Wikipedia:Bots/Peticións de aprobación#Revogación de inactivos Frybot e outros. Graciñas. --. HombreDHojalata.conversa 15:48, 27 de outubro de 2012 (UTC)

  Feito! --Toliño Fala aquí comigo 16:35, 27 de outubro de 2012 (UTC)

Usuario:Danips98Editar

No historial de contribucións de este usuario pódese comprobar que é unha conta de autopromoción. --Norrin_strange (Fala-me) 28 de xuño de 2013 ás 09:10 (UTC)

Foi avisado na súa conversa, haberá que telo á vista pero esperemos que non vaia a máis. Saúdos e grazas polo aviso, --Elisardojm (conversa) 1 de xullo de 2013 ás 01:22 (UTC)

Para burócratas. Revogación de bots, Chobot e outrosEditar

Burócratas atendede, por favor, a revogación aprobada: Wikipedia:Bots/Peticións de aprobación#Revogación de inactivos. Chobot e outros. Graciñas. . HombreDHojalata.conversa 5 de xaneiro de 2014 ás 10:03 (UTC)

  Feito por Xabier Cid. --Toliño Fala aquí comigo 26 de xaneiro de 2014 ás 21:46 (UTC)

Burócratas. Bandeira de botEditar

Burócratas, podédeslle dar a marca de bot ao Shyde segundo Wikipedia:Bots/Peticións de aprobación#Aprobación de Shyde para a Galipedia? Grazas. --. HombreDHojalata.conversa 3 de novembro de 2014 ás 19:53 (UTC)   Feito!--Xabier Cid Talk 2 me, please 4 de novembro de 2014 ás 21:51 (UTC)

Renuncia. Solicitude a Burócratas de cambio de status.Editar

Por motivos persoais, renuncio á condición de administrador.

Burócratas, por favor, mudade o meu status de usuario. Grazas. --. HombreDHojalata.conversa 14 de outubro de 2015 ás 11:35 (UTC)

Debido ás varias comunicacións vosas que teño recibido (tanto na miña páxina de conversa como por correo-e) síntome na obriga de dar unha explicación: Os "motivos persoais" son que tiven un fillo hai uns días. Iso, claro, réstame moito tempo que antes lle adicaba ao proxecto. Porén, e transcorrido un mes, inda que edito menos, edito, e emprego os botón de administrador cando considero que debo facelo, así que, retiro a solicitude/renuncia.
Perdón polo foreo e polas molestias. --. HombreDHojalata.conversa 13 de novembro de 2015 ás 17:58 (UTC)
Parabéns HombreDHojalata polas dúas cousas!! :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13 de novembro de 2015 ás 22:24 (UTC)