Conversa:Cultura urbana

Último comentário: hai 5 anos de InternetArchiveBot no tópico Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)

dereitos sobre o artigo editar

Bo día,

o texto de cultura urbana que introducimos na galipedia é propiedade de berrobambán s.l., e autoría de Leo F. Campos, quen fixo ex proceso este texto para a páxina de Pressing Catch de Berrobambán, unha páxina web sobre o último espectáculo multidisciplinar da compañía.

A idea de ter este texto sobre a cultura urbana galega na galipedia é precisamente a de irmos engadindo información sobre este eido entre todos e todas, para así enriquecer os contidos da sección. Así pois, cedemos os dereitos do texto a Galipedia baixo licenza Creative Commons. Sentídevos libres de engadir, sacar e/ou modificar todo aquelo que pensedes pode mellorar a calidade do artigo sobre cultura urbana.—o anterior comentario sen asinar foi feito por 83.165.102.224 (conversacontribucións) 13:17, 15 de novembro de 2010

Actualmente o texto do artigo está publicado en http://www.berrobamban.com/pressingcatch/index.php?cat=13. Non se aprecia nesta páxina especificación ningunha sobre os termos da publicación, polo cal se sobreentende que todos os dereitos están reservados. Calquera modificación da licenza debería ser publicada na mesma páxina, é dicir, á vista de calquera lector e feita pola persoa que detenta os dereitos da publicación. Nós non podemos confiar nun outorgamento particular feito por unha IP anónima nunha páxina de conversa da Galipedia. E por último, a Galipedia só pode empregar material publicado cunha licenza que permita facer un uso comercial e obra derivada. En calquera caso o interese enciclopédico deste texto é mínimo, trátase aquí de elaborar textos divulgativos, explicativos e fiables, non obras literarias. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 12:30, 15 de novembro de 2010 (UTC)
  • Paréceme ben, pero a redacción é bastante caótica (non sei se está feito adrede), e precisaría de reformas para ter un carácter enciclopédico mínimo. O título non me parece apropiado (porque a cultura urbana abrangue máis que o movemento hip hop, e creo que niso estamos de acordo), habería que mudalo por outro máis axeitado co contido. --Xoán Carlos Fraga 12:33, 15 de novembro de 2010 (UTC)
  • O artigo foi borrado por copyvio, carecer de formato, de interwikis, da categorización e ter numerosos erros de lingua. --Atobar (conversa comigo) 14:26, 15 de novembro de 2010 (UTC)
Artigo refeito con contidos tirados de fr.wiki e en.wiki. --Atobar (conversa comigo) 15:00, 15 de novembro de 2010 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018) editar

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Cultura urbana. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 4 de setembro de 2018 ás 00:38 (UTC)Responder

Volver á páxina "Cultura urbana".