Cultura urbana, ás veces tamén denominada en plural como culturas urbanas, fai referencia ao conxunto de prácticas culturais, artísticas e deportivas levadas a cabo nun espazo urbano, é dicir, nas cidades e vilas. É común a catalogación da chamada cultura urbana como unha subcultura ou, en ocasións, unha rama da contracultura.

Graffiti en Nova York, exemplo de cultura urbana.

Tribo urbana

editar

Dentro das culturas urbanas encádranse as tribos urbanas, é dicir, un grupo de persoas que se comporta de acordo ás ideoloxías dunha subcultura, que se orixina e se desenvolve no ambiente dunha cidade. Caracterízanse pola homoxeneidade lingüística e cultural, a conciencia colectiva e o sentimento de pertenza común, así como polo lugar de residencia en común ou a emigración. Para a tribo son esenciais os símbolos comúns e as tradicións estábeis.

Para unha parte dos analistas, o fenómeno das tribos urbanas vén dado pola procura identitaria dos mozos. Así, a identidade de cada unha destas tribos variará segundo a súa ideoloxía e segundo a persoa mesma; por exemplo, mentres que os skinheads son de tendencias violentas, os hippys non rivalizan contra ningún grupo, pois son pacifistas e non hai grupo algún que lles sexa integramente oposto.

Disciplinas

editar

As disciplinas da cultura urbana van dende a danza, á música, o graffiti ou a fotografía. Estas son algunhas:

Artes urbanas

editar

Deportes urbanos

editar

Festival Cultura urbana

editar

Cultura Urbana é tamén o nome dun festival de hip hop celebrado anualmente en Madrid dende o ano 2005, onde se reúnen MCs, DJs, breakers e graffiteiros de todo o Estado e do estranxeiro.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar