Wikipedia:Taboleiro dos administradores/Atribuír ou retirar dereitos/Arquivo 5

Este é un arquivo do Taboleiro dos administradores/Atribuír ou retirar dereitos

Nesta páxina atópanse os fíos de conversa tratados no Taboleiro dos administradores/Atribuír ou retirar dereitos que foron arquivados.
Por favor, non edites esta páxina. Para reavivar calquera destes debates, comeza un novo tema no Taboleiro.

< Conversas vellas | Arquivos: 1, 2, 3, 4, 5

Revogación de dereitos de administrador editar

Boas, solicito a revogación dos meus dereitos de administrador e de administrador da interface, xa que considero que nos últimos tempos, ou quizais sempre foi así e non me decatei ata agora, as miñas ideas sobre o proxecto e as da comunidade non van tan parellas como me gustaría, e polo tanto non me considero axeitado para seguir realizando estas tarefas. Grazas a todos os que consideraron que era apto para esta tarefa e sinto os erros que cometín.

Estevoaei ou Xabier Cid, cando teñades un momento facede o trámite. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 9 de xaneiro de 2020 ás 13:45 (UTC)Responder

Elisardojm, mensaxe recibida. Porén, non vou actuar até o luns. Respecto a túa decisión. Non estou de acordo con ela, e vou tentar falar ontigo fra da Wikipedia pra que a reconsideres. Mais non vou actuar até o luns porque teño bastantes angueiras e prefiro concentrar os esforzos en que reconsideres e non en facer o trámite administrativo. Unha aperta e, en calquera caso, grazas polos millóns de segundos que dedicaches aos teus labores como administrador pra ben da comunidade.--Xabier Cid Talk 2 me, please 10 de xaneiro de 2020 ás 08:07 (UTC)Responder
De casualidade cheguei até esta noticia e por se serve de algo, eu tamén chamaría, Elisardojm, a que, se é posible, reconsideres o aviso. Particularmente, valoro moito as túas ideas e especialmente tamén as formas empregadas comigo, e con outros integrantes do proxecto. Un saúdo.--MAGHOI (conversa) 10 de xaneiro de 2020 ás 09:51 (UTC)Responder
Grazas MAGHOI, seguirei axudando coma o resto de usuarios :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 28 de xaneiro de 2020 ás 22:12 (UTC)Responder

Renuncia ós dereitos de administración editar

Por motivos que nada teñen que ver coa Wikipedia, o volume de traballo que podo asumir nestes momentos e nos próximos meses é moi reducido. Por esta razón solicito acollerme á renuncia voluntaria e solicito que se me retiren os dereitos e botóns asociados. Grazas, @Xabier Cid: @Estevoaei:

Aproveito para comentar que existe unha descompensación na política entre o período de tempo considerado para a baixa por inactividade e o da reincorporación logo dunha baixa voluntaria (non controvertida). Maria zaos (conversa) 14 de xaneiro de 2020 ás 21:33 (UTC)Responder
Boas, sei que os burócratas poden estar ocupados, pero xa pasaron máis de doce días e non hai nin resposta. Reconsiderada a solicitude neste tempo, solicito a revogación de dereitos de maneira definitiva. Grazas. @Xabier Cid: @Estevoaei:.Maria zaos (conversa) 27 de xaneiro de 2020 ás 07:27 (UTC)Responder
@Elisardojm: e @Maria zaos: a revogación dos dereitos de administrador pode solicitarse en meta:Steward requests/Permissions (exemplo). Adoitan responder en horas. --. HombreDHojalata.conversa 27 de xaneiro de 2020 ás 22:26 (UTC)Responder
Graciñas, Usuario:HombreDHojalata.Maria zaos (conversa) 27 de xaneiro de 2020 ás 22:49 (UTC)Responder

Meudeus, desculpa, @Maria zaos:, pasóuseme por completo e pasóuseme tamén facer a de @Elisardojm:. Síntoo moitísimo. --Xabier Cid Talk 2 me, please 28 de xaneiro de 2020 ás 19:00 (UTC)Responder

Pois entendo que está feito nos dous casos. No de Elisardo fíxeno e no de MariaZaos xa estaba feito. Desde logo dóeme na alma. A Elisardo terqueeille un pouco. A Maria creo que a respecto demasiado pra terquearlle. Desculpade infindo o retraso en facer isto. Xuntouse traballo e tamén unha avaría que tiven no correo... Pero vamos, a culpa é miña completa. Infindas grazas ás dúas --Xabier Cid Talk 2 me, please 28 de xaneiro de 2020 ás 19:04 (UTC)Responder

@Xabier Cid: Segundo o rexistro retirácheslle a Elisardo os permisos de administrador da interface. A retirada dos permisos de administrador hainos que solicitar na páxina de meta que indica HombreDHojalata, xa que na Galipedia os burócratas poden asignar o permiso de administrador máis non revocalo directamente. Banjo tell me 28 de xaneiro de 2020 ás 19:22 (UTC)Responder
Grazas Xabier Cid, xa está solicitado no outro lado. Saúdos, Elisardojm (conversa) 28 de xaneiro de 2020 ás 21:53 (UTC)Responder
Grazas @Banjo: e @Elisardo:. Estou apañado. Pero eu xuraría que antes iso era posible facelo... Aniwei, desculpas a todas por isto. --Xabier Cid Talk 2 me, please 29 de xaneiro de 2020 ás 10:20 (UTC)Responder
@Xabier Cid: Ningún problema, tampouco sabia eu como se facía.   Xa está pedido aquí. Desculpas polo retraso na resposta, como dixen non conto con moito tempo. Graciñas tamén polas explicacións a @Banjo: e @HombreDHojalata:.Maria zaos (conversa) 5 de febreiro de 2020 ás 19:05 (UTC)Responder
Feito. --MarcoAurelio (conversa) 6 de febreiro de 2020 ás 19:13 (UTC)Responder

A voltas de novo co tema editar

Boas, logo de ter que reorganizar a vida e outros plans ao abeiro desta situación excepcional do COVID19 e de pensalo moito, considero que podo reincorporarme xa ás tarefas de administración nestes momentos, sen agardar a xuño/xullo, como indiquei na renuncia. Sei que non hai nada que se fixo efectiva, pero en fin, penso que a alta é máis sinxela que a baixa (non, non teño pensado renunciar de novo  ), e podo descargar un pouco a esperada subida de traballo que se dará na Galipedia nestes tempos de confinamento. Segundo o que di a política:

"Un usuario que renuncie aos permisos de administrador sen que sexa baixo circunstancias controvertidas poderá solicitar de novo os permisos no Taboleiro dos Administradores nos seguintes 6 meses dende a renuncia. Un burócrata avaliará a petición para confirmar que a renuncia se realizara en condicións normais e procederá a reasignarlle ao usuario os permisos de administrador. Logo de 6 meses dende a renuncia inicial, o usuario deberá someterse a un novo proceso de elección por parte da comunidade, propoñendo a súa candidatura ou sendo proposto de novo por outro usuario."

Sería cousa de que deixedes opinións aquí sobre o tema e de molestar de novo ós burócratas @Xabier Cid: e @Estevoaei:. Se non é posible, pois tampouco pasa nada, teño moitas cousiñas para editar tamén. Sáudos.--Maria zaos (conversa) 22 de marzo de 2020 ás 17:28 (UTC)Responder

  Concordo Non sei se habería que volver facer unha votación. --Chairego apc (conversa) 22 de marzo de 2020 ás 23:48 (UTC)Responder
  Concordo. @Xabier Cid: e @Estevoaei: habería que atender isto é devolverlle os botóns a @Maria zaos: sen máis dilación ¿non si?. --. HombreDHojalata.conversa 26 de marzo de 2020 ás 10:32 (UTC)Responder
  Feito! --Estevo(aei)fálame aquí 26 de marzo de 2020 ás 16:06 (UTC)Responder