Wikipedia:Taboleiro dos administradores/Atribuír ou retirar dereitos/Arquivo 4

Este é un arquivo do Taboleiro dos administradores/Atribuír ou retirar dereitos

Nesta páxina atópanse os fíos de conversa tratados no Taboleiro dos administradores/Atribuír ou retirar dereitos que foron arquivados.
Por favor, non edites esta páxina. Para reavivar calquera destes debates, comeza un novo tema no Taboleiro.

< Conversas vellas | Arquivos: 1, 2, 3, 4


Revogación dos dereitos de administración de JaviP96Editar

Precisamos dun burócrata que faga a petición en meta para a revogación dos dereitos de administrador de JaviP96 por inactividade, seguindo o indicado na política. As mensaxes previas de aviso deixeillas aquí. Grazas. Banjo tell me 6 de maio de 2016 ás 20:34 (UTC)

Como os burócratas locais da Galipedia xa non podemos facelo directamente, acabo de deixar a petición en Meta-Wiki. Aviso de novo cando completen a tarefa. --Toliño Fala aquí comigo 20 de maio de 2016 ás 08:02 (UTC)
  Feito! Foron rápidos. Xa está. --Toliño Fala aquí comigo 20 de maio de 2016 ás 08:09 (UTC)

Dereitos de administrador de Chairego apcEditar

Precisamos que un burócrata lle asigne o grupo de administrador a Chairego apc, segundo o resultado da votación correspondente que rematou hoxe. Grazas! Banjo tell me 20 de maio de 2016 ás 06:25 (UTC)

  Feito! --Toliño Fala aquí comigo 20 de maio de 2016 ás 07:50 (UTC)

Revogación dos dereitos de burócrata/administrador de Usuario:Albert galiza por inactividadeEditar

Precisamos dun burócrata que faga a petición en meta para a revogación dos dereitos de burócrata e administrador de Albert galiza por inactividade, seguindo o indicado na política. A conversa neste respecto pódese consultar aquí e aquí. Grazas. Banjo tell me 13 de outubro de 2016 ás 21:20 (UTC)

  Feito! Xa retiraron os dereitos. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 15 de outubro de 2016 ás 14:04 (UTC)

Novo(s) administrador(es)Editar

Tralas recentes baixas de Albert galiza e HombreDHojalata o número de administradores caeu a 12. Coido que sería positivo para a Galipedia contar cun ou dous novos administradores que nos boten unha man. Que opinades? --Chairego apc (conversa) 1 de novembro de 2016 ás 20:44 (UTC)

Toda axuda sempre é pouca, sempre hai choio pendente, aínda que últimamente é menos o traballo administrativo que o de edición/mantemento en xeral, para o que normalmente non fan falla as ferramentas de admin. É cuestión de que alguén que reúna as condicións necesarias se presente candidato ou acepte que o presenten. Pero tampouco creo que sexa unha urxencia, entendo que é algo que irá chegando segundo os propios editores interesados vaian tendo máis experiencia e ganas no proxecto, de forma máis ou menos "orgánica". De todas formas se tes algún candidato pensado coméntao con el por se lle interesa, se hai interese e reúne requisitos e votos pertinentes, pois adiante, mellor que mellor. Banjo tell me 3 de novembro de 2016 ás 23:46 (UTC)


Revogación dos dereitos de administrador e burócrata de ToliñoEditar

Precisamos dun burócrata que faga a petición en meta para a revogación dos dereitos de administrador e burócrata de Toliño (conversa · contribucións) por inactividade, seguindo o indicado na política. Envieille os correos de aviso e as mensaxes previas de aviso están aquí. Grazas. Banjo tell me 22 de decembro de 2017 ás 09:28 (UTC)

Agremon (conversa · contribucións) ou Xabier Cid (conversa · contribucións), podedes facer a petición en Meta? Graciñas! --Estevo(aei)pa o que queiras... 22 de decembro de 2017 ás 09:57 (UTC)

Se non o fai antes Xavier, o día 30 fáigoo eu con calma. Saúdos,Agremon(contacto) 28 de decembro de 2017 ás 23:13 (UTC)


Cursada a petición en meta: https://meta.wikimedia.org/wiki/Steward_requests/Permissions#Removal_of_access. --Agremon(contacto) 13 de xaneiro de 2018 ás 13:29 (UTC)

(Ía escribir na Taberna, ía escribir na miña conversa... Decidín deixar a nota aquí...)
Boas a todos. Paso brevemente por aquí para saudar. Boto isto en falta moito, de verdade. Sinto a miña inactividade. Acougade, vai todo ben pola miña banda. Dende que rematei a universidade non puiden dedicar nada de tempo a editar. Seguramente seguirei así durante bastante tempo polos proxectos que teño diante. Pido desculpas por non contestar as mensaxes de correo que recibín: non é a miña conta persoal e non a consulto. Grazas por preocuparvos por min. A revogación dos meus dereitos era lóxica, non vos gardo rancor por quitarme os poderes ;)
... É mentira, co poderoso que se sentía un... :P
Alégrame saber que isto segue subindo. Sigo pasando por aquí como lector aínda que non me rexistre e participe. Grazas por seguires todos adiante co proxecto :)
Gustaríame prometer o meu regreso, pero non pode ser. Ogallá algún día. Teño morriña. --Toliño Fala aquí comigo 22 de marzo de 2018 ás 17:12 (UTC)
É unha mágoa que non poidas seguir colaborando, pero se algún día volves recibirémoste cos brazos abertos (por suposto). Que teñas moita sorte nos proxectos que tes por diante e unha aperta. --Chairego apc (conversa) 22 de marzo de 2018 ás 17:17 (UTC)

Asignar os dereitos de burócrata a EstevoaeiEditar

Precisamos que un burócrata lle asigne os dereitos de burócrata a Estevoaei (conversa · contribucións) segundo o resultado da votación correspondente finalizada hoxe 31 de xaneiro. Grazas. Banjo tell me 31 de xaneiro de 2018 ás 14:18 (UTC)

Novo grupo "Administradores de interface"Editar

Hai un novo grupo de permisos, "Administradores de interface". Compre debater neste fío da Taberna o procedemento a seguir na elección de novos admins e a asignación do permiso entre os administradores actuais. Banjo tell me 30 de xullo de 2018 ás 17:43 (UTC)

Solicitude de asignación a grupo Administrador da interfaceEditar

Ola. Tralo resultado da votación rexeitada para definir un proceso de elección e asingación do novo grupo de Administradores da interface, solicito aquí no taboleiro que se me asigne este grupo para poder ter permisos de edición nos .css e .js do sistema MediaWiki. Xa que o proceso proposto non acadou un consenso e non hai outro proceso consensuado, deixo ó criterio dos burócratas/admins e da comunidade en xeral qué método de validación e asignación se desexa seguir para este grupo. Banjo tell me 9 de setembro de 2018 ás 21:55 (UTC)

  Feito!; supoño que o procedemento correcto de cara ao futuro será propor e votar unha definición de administradores da interface e un proceso de votación para acadar dita condición. En tanto non se solventen, procedín a nomearte administrador da interface por solicitude propia, en base á túa experiencia como usuario e como administrador, e confiando no teu bo criterio. Un saúdo, e graciñas. --Estevo(aei)pa o que queiras... 9 de setembro de 2018 ás 22:32 (UTC)

Estevoaei, eu entendo que xa que foi rexeitado o proceso para elixir ós administradores da interface, este grupo debería ser asignado a tódolos administradores actuais e ós novos que se incorporen no futuro. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 9 de setembro de 2018 ás 23:05 (UTC)
Eu non me vexo capaz de ser administrador da interface, pois non teño coñecementos técnicos abondo. Se algún dos administradores quere selo, pois fantástico, dánselle os botóns, pero dálos a gogó paréceme innecesario e irresponsable. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 10 de setembro de 2018 ás 08:48 (UTC)
Pois se o facemos así habería que indicalo na páxina de administración, indicando simplemente que este permiso será concedido ós administradores que o soliciten. Non sei se considerades que é preciso facer unha nova votación para modificar isto ou se xa se asume que é o que acepta a comunidade ó rexeitar a votación anterior... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10 de setembro de 2018 ás 09:21 (UTC)
Por certo Estevoaei, dáme a min tamén este dereito por se o preciso algunha vez. Saúdos, Elisardojm (conversa) 18 de setembro de 2018 ás 21:06 (UTC)
  Feito!. Un saúdo! :) --Estevo(aei)pa o que queiras... 19 de setembro de 2018 ás 12:31 (UTC)
Grazas! Saúdos, Elisardojm (conversa) 19 de setembro de 2018 ás 19:02 (UTC)

Revogación dos dereitos de administrador e burócrata - Agremon, Xas, BeninhoEditar

Precisamos dun burócrata que faga a petición en meta para a revogación dos dereitos de administrador e burócrata de Agremon, e de administrador de Xas e Beninho, todos eles por inactividade seguindo o indicado nas políticas correspondentes. Envieille os correos de aviso e as mensaxes previas de aviso están nas súas conversas correspondentes. Grazas. Banjo tell me 10 de outubro de 2018 ás 17:17 (UTC)

Feito. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 11 de outubro de 2018 ás 11:54 (UTC)

Bandeira de bot para AosbotEditar

Precisamos que un burócrata lle outorgue a bandeira de bot a Aosbot segundo o resultado da votación correspondente Banjo tell me 20 de outubro de 2018 ás 12:55 (UTC)

  Feito! Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 21 de outubro de 2018 ás 03:36 (UTC)

Solicitude de asignación a grupo Administrador da interfaceEditar

Solicito que se me concedan os dereitos de administrador da interface segundo o procedemento que se acordou nesta votación e así poder editar nos .css e .js do sistema MediaWiki. Un saúdo. --AMPERIO (conversa) 28 de novembro de 2018 ás 11:58 (UTC)

Dereitos concedidos; ao non existir unha política de aprobación ao respecto (véxase Wikipedia:Votacións/Definición de administradores da interface e enmendas en relación ós administradores), seguiuse o criterio comentado en Wikipedia:Administradores#Administradores da interface. --Estevo(aei)pa o que queiras... 28 de novembro de 2018 ás 12:02 (UTC)


Asignar bandeira de Bot a Texvc2LaTeXBotEditar

Segundo o resultado da votación (arquivada aquí), precisamos que un burócrata lle asigne a bandeira de bot a Usuario:Texvc2LaTeXBot. Banjo tell me 2 de xaneiro de 2019 ás 10:05 (UTC)

  Feito! Grazas polo aviso! --Estevo(aei)pa o que queiras... 2 de xaneiro de 2019 ás 10:23 (UTC)

Renuncia como administradorEditar

Visto que desde hai tempo non lle dedico á Galipedia o tempo que se merece, e aínda menos tempo ás miñas obrigas como administrador, e como todo leva trazas de que en moito tempo non poderei dedicarlle ó proxecto as horas que debería, creo que será mellor que dea un paso a un lado e renuncie ós meus dereitos e ferramenttas de administrador. Grazas polo voso apoio e pola vosa paciencia. Un saúdo e unha aperta. Pedro Benavente, --Lameiro (conversa) 1 de marzo de 2019 ás 23:01 (UTC)

A paciencia é túa Lameiro, polo menos comigo :) Grazas! Saúdos, --Elisardojm (conversa) 1 de marzo de 2019 ás 23:12 (UTC)
Moitas grazas, Lameiro. Saúde. --Atobar (conversa comigo) 1 de marzo de 2019 ás 23:58 (UTC)
Grazas por todo. Saúdos. --Chairego apc (conversa) 3 de marzo de 2019 ás 21:52 (UTC)
@Estevoaei: @Xabier Cid: Poderíades facer a solicitude en meta? Banjo tell me 4 de marzo de 2019 ás 14:10 (UTC)
Solicitado. --Xabier Cid Talk 2 me, please 6 de marzo de 2019 ás 13:13 (UTC)

Asignación de dereitos de administradora a Maria zaosEditar

Precisamos que un burócrata lle outorgue os dereitos de administradora a Maria zaos segundo o resultado da votación correspondente. Grazas. Banjo tell me 14 de abril de 2019 ás 16:25 (UTC)

@Estevoaei: @Xabier Cid: poderiades proceder? Graciñas. --. HombreDHojalata.conversa 14 de abril de 2019 ás 18:43 (UTC)
Permisos de administradora outorgados a Maria zaos. Moitas grazas!   Feito! --Xabier Cid Talk 2 me, please 15 de abril de 2019 ás 06:13 (UTC)