Abrir o menú principal

Violante de Hungría (en húngaro: Magyarországi Jolán), nada en Esztergom, Hungría arredor do 1215 e finada en Huesca o 9 de outubro de 1251, foi raíña consorte de Aragón polo seu matrimonio en 1235 con Xaime I de Aragón, o Conquistador, de quen foi a segunda esposa. Violante era medio irmá por parte de pai de santa Isabel de Hungría.

Violante de Hungría
Raíña consorte de Aragón

Reinado12351251
Outros títulosRaíña consorte de Mallorca (1235–1253)
Raíña consorte de Valencia (1238–1253)
Nacemento1215
Esztergom, Hungría
Falecemento
Huesca, Aragón
PredecesorLeonor de Castela (1202–1244)
SucesorConstanza II de Sicilia
Cónxuxe/sXaime I de Aragón
Casa realCasa de Árpad
ProxenitoresAndrés II de Hungría
Iolanda de Courtenay

Escudo de Violante de Hungría

TraxectoriaEditar

Violante foi filla do rei André II de Hungría e da súa segunda esposa Iolanda de Courtenay. Pensouse que o seu dote significaría unha achega de diñeiro e territorios á Coroa de Aragón, que en realidade nunca se fixo, xa que o reinado de Andrés II achábase sumido en certa crise polos cada vez máis puxantes señores feudais que debilitaban o poder da coroa húngara ante a ausencia do monarca no seu reino. Andrés II conducira a Quinta Cruzada e planeaba aspirar para o trono de Constantinopla, estendendo a súa influencia por oriente, así, unha das súas estratexias foi tomar por esposa á filla de Pedro II de Courtenay, emperador do Imperio Latino de Constantinopla, e neto do rei Luís VI de Francia. Probablemente considerando o anterior, por instrucións do Papa, Violante foi comprometida en 1234 co rei hispánico, e o matrimonio dos dous foi celebrado o 8 de setembro de 1235 en Barcelona. A princesa húngara arribou cun séquito de máis de cen acodes e recibiu do seu pai como agasallo de vodas entre moitas cousas un exquisito tocado de pedras preciosas.

Violante impulsou de forma decisiva a conquista do reino de Valencia en 1238 e participou activamente na política real. Implicouse sobre todo nas particións da herdanza que quedarían aos fillos que tivo con Xaime I, tratando de pór a mal ao rei con Afonso de Aragón, fillo do seu primeiro matrimonio con Leonor de Castela.

Conquistada Morella, ao ceder Xaime I o señorío a Blasco de Alagón, reservouse a devesa de Vallivana, que deu á súa segunda esposa, dona Violante, pero como ao oito anos (1241) que o de Alagón concedera a súa carta poboa aos morellanos, habíase aumentado admirablemente a veciñanza, a raíña quixo manifestar o aprecio que lles tiña, renunciando no seu favor a grande devesa de Vallivana e Salvasoria, para que servise de baldío para os de Morella e aldeas da súa xurisdición. O texto íntegro do documento é o seguinte:

Manifestum sit omnibus, quod Ioles, Regina Aragonum, Majoricarum et Valentiae, Cometisa Barchinonae et Urgeli, et Domina Montispesulani. Damus concedimus et laudamus vobis populatoribus de Morella et de termino ipsius, presentibus et futuris, pro vedato seu dehesa totum illum montem, qui vocatur Vallivana et Salvasorria, situm afrontatum, ex prima parte cum término de Catin, et ex secunda cum término de Aras, et ex tertia parte cum serra de Ballibona, et ex cuarta parte sicut aquae labuntur circa dictum términum. Predictum utrumque montem, cum suis introitibus et egresibus et regresibus, agueis, paseis, vanationibus et pertinentibus universis, damus et concedimus vobis, dictis populatoribus, liberum et franchum ad vestras vestrorumque propias voluntates. Mandamus igitur firmiter et stricte, quod nullus homo praeter vos dictos populatores, audeat vel presumat incidere ligna, cremare, venare vel pascere in dicta dehesa vel termino ejus, sicut in praedictis affrontiationibus continetur. Dat. Barchinon. IV Idus Januarii anno Dmni. MCCXLI. Hujus rei testes sunt Dm. Arnaldus Corella, Dom. Joanes Pet. de Tarracona, Dom. Fortunjus Goya, Dom. Santius de Fraga; et ego Mag. Guido, qui mandato Dmae Reginae hoc scribi feci, loco, die et anno prefixo.

Desde o 10 de xaneiro de 1241, a devesa de Vallivana e Salvasoria foi común, non só para os veciños de Morella, si que tamén para as demais aldeas.[1]

Familia santaEditar

Violante contou cun círculo familiar próximo onde abundaron as beatificacións e canonizacións. Aínda que a Casa de Árpád húngara foi a familia que máis santos e beatos deu a Igrexa católica, é importante precisar os casos máis inmediatos a Violante. Por unha banda, a súa irmá maior foi Santa Isabel de Hungría. Igualmente, as fillas do seu irmán Bela IV de Hungría foron Santa Cunegunda de Polonia, Santa Margarida de Hungría, a beata Iolanda de Polonia e a beata Constanza de Hungría. Ironicamente o pai de Violante, o rei Andrés II de Hungría, foi excomungado en dúas oportunidades ao non cumprir a cabalidade as demandas papais de marcar aos xudeus e de excluílos dos cargos públicos como se fixo costume durante o século XIII.

Testamento, morte e sepulturaEditar

 
Sepulcro da raíña Violante de Hungría no Real Mosteiro de Santa María de Vallbona.

No seu testamento deixou aos infantes Pedro, Xaime e Sancho, os seus fillos, o condado de Posana, que tiña Bela IV, rei de Hungría, o seu irmán, e que a ela lle legou a súa nai. Menciona así mesmo, a todas as fillas que tivo de Xaime o Conquistador.

Os restos da raíña Violante de Hungría e os da súa filla a infanta Sancha xacen no presbiterio do mosteiro cisterciense feminino de Vallbona das Monxas, que elixira para a súa sepultura e do cal fora unha gran benefactora. O sobrio sepulcro, encastado ao muro ao lado dereito do presbiterio, álzase sobre dous pilastras decoradas con cruces patadas inscritas en círculos de goles. A caixa do sepulcro é de pedra avermellada e a cuberta, de dúas vertentes, é de pedra branca.

As únicas ornamentacións son unha cruz patada no centro da cuberta do sepulcro, semellante ás que ten nas pilastras que o sustentan, pero é a da tapa de maior tamaño e está sen policromar, e tres escudos nos que se representa o Sinal Real de Aragón, o escudo dos Reis de Aragón. Uno dos escudos está no lado visible do sepulcro e os outros dous nos lados menores. Os seus restos foron trasladados a este sepulcro no ano 1275, tal como indícase nunha inscrición colocada no lateral do sepulcro:

Fuit translata donna / Violans regina / Aragonum / anno 1276

Ao parecer, os restos da raíña Violante de Hungría son os únicos que non foron violados ou destruídos da dinastía dos Árpádes, da que ela formou parte por ser filla de Andrés II de Hungría, e que reinou en Hungría até o século XIV.

No ano 2002 o goberno de Hungría financiou a restauración do sepulcro da raíña Violante mediante unha doazón de 12 000 euros, pero a comunidade monástica de Vallbona negou a autorización para examinar o contido do sarcófago.

Matrimonio e descendenciaEditar

Violante de Hungría e o seu esposo Xaime I o Conquistador tiveron catro fillos e cinco fillas:[2]

PosteridadeEditar

 
Os xigantes de Barcelona representan á raíña Violante e ao seu marido o rei Xaime I de Aragón.

Ten rúas dedicadas, a partir do século XIX, en Barcelona, Zaragoza e en diferentes cidades dos países da antiga coroa de Aragón.

Segundo a lenda romántica, as froitas e verduras confitadas que forman parte do agasallo típico da Mocadorada de San Dionisio, celebrada anualmente en Valencia polo aniversario da conquista, teñen a súa orixe nas froitas e hortalizas que os musulmáns valencianos ofreceron a Xaime e Violante cando lles renderon a cidade.

Os Xigantes de Barcelona reproducen as figuras de Violante e Xaime I.[3] A raíña constitúe tamén un dos personaxes principais da Irmandade dos Cabaleiros da Conquista de Castelló de la Plana.

En Les Borges Blanques, tamén hai unha xigante que representa á mesma raíña. Esta leva un escudo da dinastía Árpád na parte da cintura.

NotasEditar

  1. Segura y Barreda 1868, p. 419.
  2. Rodrigo Estevan 2009, p. 90.
  3. "Gigantes de la Ciudad". barcelona.cat (en castelán). Consultado o 24 de maio de 2018. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar