V, os visitantes é unha serie estadounidense de ficción científica exhibida no canal ABC, estreada no 3 de novembro de 2009.[1][2] En Galiza foi emitida en galego pola Televisión de Galicia. Este remake da serie de 1983 creada por Kenneth Johnson narra a chegada á Terra dunha especie alieníxena cunha tecnoloxía extremadamente avanzada que aparentemente vén en paz, pero en realidade teñen outros propósitos.[3] As estrelas de V inclúen a Morena Baccarin, Lourdes Benedicto, Morris Chestnut, Joel Gretsch, Logan Huffman, Charles Mesure, Elizabeth Mitchell, Laura Vandervoort e Scott Wolf, e está producida por Scott Rosenbaum, Yves Simoneau, Scott Peters e Jace Hall.[4] A serie é producida pola The Scott Peters Company, HDFilms e Warner Bros.. A segunda temporada estreouse o día 4 de xaneiro de 2011[5][6] e rematouse o 15 de marzo de 2011. O 13 de maio de 2011 anunciouse que a serie era cancelaba após dúas temporadas.[7]

V, os visitantes
FormatoFicción científica
Creado porKenneth Johnson
IntérpretesElizabeth Mitchell
Morris Chestnut
Joel Gretsch
Logan Huffman
Lourdes Benedicto
Laura Vandervoort
Charles Mesure
Morena Baccarin
Scott Wolf
País de orixeEstados Unidos de América Estados Unidos
Lingua(s)Inglés
Episodios22
(2 temporadas)
Produción
Localización(s)Vancouver, British Columbia
Duración42 min
DistribuidorWarner Bros.
Emisión orixinal
Canle de orixeABC
Na rede
http://abc.go.com/shows/v
IMDB: tt1307824 Allocine: 4936 Rottentomatoes: tv/v Metacritic: tv/v TV.com: shows/v-abc Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Sinopse editar

Ocorre a aparición de naves xigantes nas 29 principais cidades de todo o mundo e Anna, a bonita e carismática líder dos "Visitantes" ou "V's", afirma vir en paz. A pesar de seren aparentemente benevolentes, un pequeno número de seres humanos comezan a dubidar da sinceridade dos Visitantes, e Erica Evans descobre que os alieníxenas agora están na fase final do seu plano para conquistar a Terra. Érica xúntase ao movemento de resistencia, denominado Quinta Columna, que inclúe Ryan, un Visitante que quere salvar a humanidade.

Elenco e personaxes editar

Elenco principal editar

  • Elizabeth Mitchell como Erica Evans – unha axente do FBI contra o terrorismo que se torna membro e, eventualmente, líder da Quinta Columna.
  • Morris Chestnut como Ryan Nichols – un Visitante que quería ser humano e que vén tentando, xunto coa Quinta Columna, acabar cos planos insidiosos dos Visitantes.
  • Joel Gretsch como Padre Jack Landry – un padre, cuxo malestar cos Visitantes logo é validado pola súa alianza con Erica sobre a súa descuberta maligna dos Visitantes.
  • Logan Huffman como Tyler Evans – adolescente fillo de Erica, que se torna un embaixador da paz e ten interese amoroso por Lisa.
  • Lourdes Benedicto como Valerie Stevens (temporada 1) – a noiva de Ryan, que inicialmente non ten coñecemento da súa natureza alieníxena.
  • Laura Vandervoort como Lisa – unha visitante bonita e con interese amoroso por Tyler. Ela é filla da comandante Anna.
  • Charles Mesure como Kyle Hobbes (participacións na temporada 1 e personaxe regular na temporada 2[8]) – un ex-membro da SAS británica e actualmente mercenario. Está no topo da lista de procurados de diversas forzas policiais e únese á Quinta Columna.
  • Morena Baccarin como Anna – a manipuladora líder dos Visitantes e nai de Lisa.
  • Scott Wolf como Chad Decker – un áncora dun xornal preso entre a súa ética xornalística e a súa ambición, cando o seu acceso exclusivo a Anna ten un prezo.

Elenco de apoio editar

  • Christopher Shyer como Marcus – brazo dereito da comandante Anna, sempre aparece nos momentos difíciles.
  • Mark Hildreth como Joshua – médico encargado do equipo médico dos V's. Aparenta ser leal a Anna, mais na verdade é un dos membros da Quinta Columna.
  • David Richmond-Peck como Georgie Sutton (Temporada 1) – amigo de Ryan e un dos membros orixinais da Quinta Columna. Busca vinganza contra os Visitantes por teren matado a súa familia cando descubriu o obxectivo deles.
  • Roark Critchlow como Paul Kendrick – superior de Erica na unidade de contraterrorismo do FBI
  • Rekha Sharma como a axente Sarita Malik – unha axente do FBI que se revela Visitante e envía informacións para Anna.
  • Scott Hylands como Padre Travis - un ancián sacerdote que vive na mesma igrexa onde o padre Jack traballa.
  • Lexa Doig como Dr. Leah Pearlman - un médico V.
  • Jane Badler como Diana (Temporada 2) - a nai de Anna, que está sendo mantida prisioneira na nave-nai dos visitantes.
  • Bret Harrison como Sidney Miller (Temporada 2) - biólogo evolucionista, un home que axuda Erica a descubrir porque o ceo ficou vermello.[9]
  • Oded Fehr como Eli Cohn (Temporada 2) - un exaxente da Mossad e o líder dunha célula radical da Quinta Columna.
  • Jay Karnes como Chris Bolling (Temporada 2) - recentemente atribuída parceira de Erica no FBI, que se adestrou con ela en Quantico. Comeza a sospeitar que Erica pode ter lealdades divididas cando se trata da súa dedicación á Quinta Columna.
  • Marc Singer como Lars Tremont (Temporada 2) - un membro dunha organización ultrasecreta de militares de alta gradación e líder do goberno que se está a preparar para un ataque visitante.[10]

Dobraxe editar

Esta é a lista de actores que puxeron a súa voz na dobraxe ao galego.

Episodios editar

Artigo principal: Lista de episodios de V, os visitantes

Produción editar

 
O equipo na Convención Internacional de Banda Deseñada de San Diego en 2010 (da esquerda para a dereita: Logan, Elizabeth e Morena).

A serie foi anunciada en maio de 2009, pola produción executiva Scott Peters, Jace Hall, Steve Pearlman, e Jeffrey Bell.[11] As filmaxes do piloto comezaron no 10 de agosto de 2009.[12] A actriz principal, Elizabeth Mitchell, notou que o show iría relembrar os momentos máis emblemáticos da franquía orixinal.[13]

Peter confirmou que a nova serie iría relembrar a orixinal tamén doutras maneiras.[12] Dixo que ao preguntar ás persoas cales pensan que eran os elementos máis memorábeis da serie V, as respostas incluían "as naves enormes, os uniformes vermellos e o bebés alieníxenas" engadindo que "estamos ben conscientes deses momentos e habemos de relembralos para o público que asistiu a serie nos anos 1983, 1984 e 1985."[14]

A produción do espectáculo foi temporalmente suspensa en agosto de 2009, en canto se agardaba a resolución dun conflito co Writers Guild of America polo creador orixinal Kenneth Johnson. A Warner Bros tentou eliminar o status de Johnson "creado por" alegando que o novo show estaba tan alterado fundamentalmente da premisa orixinal de Johnson que se trataba dun traballo autónomo e non un remake. O Writers Guild, mentres, discordou, e cando a produción é retomada en setembro de 2009, Johnson mantivo o crédito.[15][16]

En setembro de 2009, foi anunciado que catro episodios de V irían ao ar en novembro de 2009, e que a serie iría retomar a súa temporada de 12 episodios de marzo de 2010, após os Xogos Olímpicos de Inverno de 2010.[17] O presidente da ABC Entertainment, Steve McPherson dixo: "Nós sempre tivemos a intención de quebrar a aparecer en "pods" para tornalo máis dun evento."[17] O cuarto episodio de V foi anunciado no 3 de novembro de 2009 que Scott Rosenbaum fora nomeado produtor executivo e showrunner da serie, con Peters e Hall permanecendo como produtores executivos.[4] A produción dos restantes oito episodios foi retomada en xaneiro de 2010 con novos episodios retornando en 30 de marzo de 2010.[18] No 13 de maio de 2010, a ABC renovou V para unha segunda temporada.[5] A segunda temporada tivo unha orde reducida con 10 episodios (inicialmente 13), e estreouse no 4 de xaneiro de 2011 [6].

Recepción editar

 
Gráfico dos Estados Unidos en que se visualiza datos da primeira temporada de V.

O episodio piloto de V rendeu diversas críticas favorábeis, marcando 67 dos 100 puntos no Metacritic.[19] O E! Online afirmou: "nunha escala de 1 a 10, nós dámoslle un 11. V é o mellor piloto que xa vimos."[20] O The Hollywood Reporter tamén comentou a serie: "intelixente o bastante para un culto que segue accesíbel o suficiente para chegar a unha demostración ampla." O The New York Times escribiu que: "as ideas en V, sobre encontros con extraterrestres, desilusión en masa e manipulación dos medios de comunicación, son atraentes. É unha pena que estean a abalar nese programa e que, nesa fase inicial, presenten a historia de maneira tan descoidada e estereotipada." [21]

A estrea da segunda temporada recibiu unha puntuación de 49/100 no Metacritic, indicando críticas mistas [22].

Premios e indicacións editar

 
Morena Baccarin destacou na serie.

V foi nomeada para Mellor Efectos Visuais e Especiais para unha serie en 2010 no Creative Arts Emmy Awards para o episodio piloto.[23] O show tamén foi nomeado para o Favorite New TV Drama no 36º People's Choice Awards [24] e de Mellor Presentación de Televisión. Morena Baccarin foi nomeada para Mellor Actriz Secundaria en TV no 36º Saturn Awards.[25] No 37º Saturn Awards, a serie recibiu tres indicacións: Mellor Serie de TV, (Elizabeth Mitchell) Mellor Actriz en Televisión e Morena Baccarin na categoría Mellor Actriz Secundaria na Televisión.

Interpretación editar

A serie reimaxinada foi interpretada como unha alegoría da presidencia de Barack Obama.[26][27][28] Na súa revisión do show, Troy Patterson do Slate apunta que blogueiros e xornalistas notaran semellanzas entre a premisa do espectáculo e da administración do presidente dos EUA, Barack Obama. Lisa de Moraes, do The Washington Post observou que o feito de a serie se estrear no primeiro aniversario da elección de Obama "non se perdeu en algúns críticos de TV ..." e tamén comentou que o uso de frases presentes na serie (como a "esperanza" e "mudanza" que están a ser ofrecidos polos Visitantes) fixo parecer que "Lou Dobbs conquistara a TV."

O elenco do espectáculo e do equipo negan as acusacións de parcialidade. A actriz Morena Baccarin recoñece que modelara a súa personaxe despois de observar políticos, mais tanto ela como o produtor executivo da serie, Peter, sorprendéronse coa controversia.

Cancelación editar

No 13 de maio de 2011, a ABC anunciou a cancelación da serie.[7] En resposta a esta cancelación, o grupo de fans devotos chamado "Project Alice" está a apelar á Warner Brothers para renovar V nun outro canal.[29]

Segundo o Deadline, os índices de audiencia da serie eran medianos, mais despois dunha reestrea problemática a serie creceu creativamente e conseguiu facer un fin de temporada — agora “episodio final” — que deixou os fans con auga na boca.[30]

Notas editar

  1. Rice, Lynette (25 de xullo de 2009). "V: Os aliens invaden a ABC". Entertainment Weekly. Arquivado dende o orixinal o 26 de marzo de 2011. Consultado o 27 de xullo 2009. 
  2. Sullivan, Brian Ford (8 de agosto de 2009). "V vaise estrear no 3 de novembro". The Futon Critic. Consultado o 8 de agosto de 2009. 
  3. Garron, Barry (30 de outubro de 2009). "V – Remake". The Hollywood Reporter. Consultado o 26 de decembro de 2010. 
  4. 4,0 4,1 Abrams, Natalie (3 de novembro de 2009). "V Muda produtor responsábel do programa". TVGuide.com. Consultado o 5 de novembro de 2009. 
  5. 5,0 5,1 Hibberd, James (13 de maio de 2010). "'Chuck' e 'V' gañan novas temporadas". The Live Feed. 
  6. 6,0 6,1 "Segunda temporada de "V" estrea no 4 de xaneiro na ABC". ABC. Consultado o 15 de outubro de 2010. 
  7. 7,0 7,1 Ausiello, Michael (13 de maio de 2011). "Cancelacións na ABC: Brothers & Sisters, V, Mr. Sunshine, e outras catro". TV Line. Arquivado dende o orixinal o 20 de xuño de 2012. Consultado o 13 de maio de 2011. 
  8. "Charles Mesure entra para o elenco de V na temporada 2". ABC Television Network. 29 de xullo de 2010. Arquivado dende o orixinal o 07 de xullo de 2011. Consultado o 31 de xullo de 2010. 
  9. "Brett Harrison xúntase ao elenco de V". ABC. 11 de agosto de 2010. Consultado o 12 de setembro de 2010. 
  10. Keck, William (29 de novembro de 2010). "Keck's Exclusives: Mark Singer en V!". TV Guide. Consultado o 31 de decembro de 2010. 
  11. Stephen McPherson (19 de maio de 2009). "ABC Unveils 2009-2010 Primetime Schedule" (PDF). ABC Medianet (en inglés). Consultado o 19 de maio de 2009. 
  12. 12,0 12,1 Lee, Patrick (11 de agosto de 2009). "V: gravacións iniciadas". SciFiWire.com. Arquivado dende o orixinal o 25 de xullo de 2011. Consultado o 22 de outubro de 2009. 
  13. Dan French (29 de xullo de 2009). "Elizabeth Mitchell: de Lost para V". DigitalSpy.com (en inglés). Consultado o 22 de novembro de 2009. 
  14. Patrick Sauriol (9 de marzo de 2009). "Exclusive: The pilot for the new V series reviewed". Corona Coming Attractions (en inglés). Consultado o 23 de decembro de 2009. 
  15. Schneider, Michael (30 de outubro de 2009). "Territorio familiar en 'V'". Variety. Arquivado dende o orixinal o 22 de xaneiro de 2011. Consultado o 15 de decembro de 2010. 
  16. Hinman, Michael (2 de setembro de 2009). "'V' permanece na creación de Kenneth Johnson". AlphaAirlock. Arquivado dende o orixinal o 07 de xaneiro de 2010. Consultado o 20 de decembro de 2010. 
  17. 17,0 17,1 Abrams, Natalie (25 de setembro de 2009). "V terá pausa". TVGuide.com. Consultado o 20 de outubro de 2009. 
  18. "Flashforward e V retornan en marzo de 2010". ABC Medianet. Arquivado dende o orixinal o 11 de decembro de 2009. Consultado o 16 de agosto de 2011. 
  19. "V: Revendo o piloto". Metacritic.com. Arquivado dende o orixinal o 06 de novembro de 2009. Consultado o 5 de novembro de 2009. 
  20. Team WWK (6 de xullo de 2009). "Spoiler Chat: Quen está tomando unha ruptura de Grey's Anatomy?". E! Online. Consultado o 23 de xullo de 2009. 
  21. Hale, Mike (2 de novembro de 2009). "Viñeron de fóra". The New York Times. Consultado o 5 de novembro de 2009. 
  22. "V: Segunda temporada". Metacritic. Consultado o 6 de xaneiro de 2011. 
  23. "Nomeacións: Mellor Efectos Visuais e Especiais para unha serie en 2010". Emmys.com. Consultado o October 28, 2010. 
  24. "People's Choice Awards". PeoplesChoice.com. Consultado o 28 de outubro de 2010. 
  25. "Na Tela: Saturn TV Awards 2010". Digital Spy. 25 de xuño de 2010. Consultado o 28 de outubro de 2010. 
  26. Troy Patterson (November 3, 2009). "Nova serie de V". Slate. Consultado o 17 de novembro de 2009. 
  27. Lisa de Moraes (10 de agosto de 2009). "Serie da ABC na política". The Washington Post. Consultado o 17 de novembro 2009. 
  28. Garvin, Glenn. "V: Obamamanía". Chicago Tribune. Arquivado dende o orixinal o 06 de decembro de 2012. Consultado o 17 de novembro de 2009. 
  29. D'Orazio, Valerie (8 de abril de 2011). "Project Alice para salvar V". MTV Geek. Consultado o 14 de maio de 2011. 
  30. Andreeva, Nellie (13 de maio de 2011). "Cancelamentos na ABC: Brothers & Sisters e V". Deadline. Consultado o 14 de maio de 2011. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar