Abrir o menú principal
Mapa do Tratado de Meerssen (870)

O Tratado de Meerssen foi asinado na localidade do mesmo nome o 8 de agosto do 870 entre Carlos o Calvo (rei da Francia Occidentalis, xermolo da actual Francia) e Luís o Xermánico (rei da Francia Orientalis; hoxe Holanda, Alemaña, Suíza e Austria) e consagrou a división de Lotarinxia o reino do sobriño de ámbolos dous, Lotario II.

Meerssen, hoxe, é unha cidade holandesa Meerssen preto de Maastricht, e por mor da inexistencia de documentos orixinais, non se pode afirmar taxativamente que fose o lugar onde se asinou o tratado, nin tampouco a data exacta, pois tan só hai noticias do feito por fontes de tipo secundario que sinalan esa cidade e esa data.[1]

Índice

ContextoEditar

O tratado de Verdún , en 843, decidiu a repartición do Imperio Carolinxio entre os tres fillos de Lois o Piadoso. O máis vello, Lotario I, recibiu a Francia Oriental, que á súa vez dividiuse pouco antes da súa morte, en 855 (no Tratado de Prüm), entre os seus tres fillos Luís II (Reino de Italia e o título imperial), Lotario II (Lorena ou Lotarinxia) e Carlos de Provenza (Reino da Provenza ou reino da Baixa Borgoña). Carlos de Provenza morreu en 863 e, ao non ter fillos, a súa parte foi repartida entre os seus dous irmáns Lotario II e Luís II.[2]

Na entrevista de Metz, en maio de 868, os seus tíos Carlos o Calvo e Luís o Xermánico, decidiron un plan para dividir a terra do ex emperador Lotario I, daquela en posesión dos seus fillos Luís II e Lotario II.[3]

A reparticiónEditar

Á súa vez, Lotario II morreu no 869. Seu irmán Luís II, que debería herdar o seu reino, estaba ocupado loitando contra os musulmáns en Benevento e non puido acceder á súa herdanza. A situación, foi aproveitada polos seus dous tíos para apropiarse de Lotarinxia: por unha banda, Carlos o Calvo fíxose coroar rei da Lotarinxia en Metz, a capital de Lotario II, que provocou a ameaza de Luís o Xermánico dunha declaración de guerra. Para evitala, Carlos mais Luís chegaron ao acordo da repartición mediante o Tratado de Meerseen, no que se reparten a Lotarinxia e pasaron a ter fronteira común.

Fixouse o curso do Mosa e o seu afluente o río Ourthe como fronteira:

A pesar das súas protestas e apoio do papa Hadrián II, Luís II non puido impedir que cos dous se repartisen a Lotarinxia[4] e non conseguíu recuperar a súa herdanza cando morreu en 875.

ConsecuenciasEditar

O acordo non houbo durar máis de dez anos, pois ao morrer Luís o Xermánico no 876, o seu irmanastro Carlos o Calvo, invadiu tamén a Lotarinxia oriental máis aló do río Ourthe, pero foi derrotado preto de Andernach por un exército moito menor baixo o mando de Luís III o Xove, herdeiro de Luís II o Xermánico.

De igual xeito, coa morte de Carlos o Calvo ao ano seguinte, o seu fillo e herdeiro Luís II de Francia, o Tatexo, foi atacado por Luís III de Alemaña que invaidiu a Lotarinxia occidental no 879. Como morrera tamén nese ano Luís II de Francia, seus fillos Luís III e Carlomán II víronse obrigados a asinar o Tratado de Ribemont no 880 polo que cederon a Lotarinxia occidental a Luís II o Xermánico que, deste xeito, consegue facerse con toda a Lotarinxia.

Durante a Idade Media, os límites occidentais de Lorarinxia marcaron a fronteira entre o Reino de Francia e o Sacro Imperio Romano Xermánico até a Idade Moderna, cando os marechais de Henrique II e Luís XIV de Francia conquistaron o territorio da Alta Lotarinxia e Alsacia mediante guerras e demandas xurídicas producidas polas Cámaras de Reunión creadas polo Rei Sol.

Divisións sucesivas do Imperio CarolingioEditar

NotasEditar

  1. Annales de Saint-Bertin-Annales de Metz (869-893)
  2. Donado & Echevarría (2014), p. 200
  3. Devisse (1975)
  4. Martos Rubio, Ana (2008). Papisas y teólogas: Mujeres que gobernaron el reino de Dios en la Tierra. Col. Historia incógnita. Madrid: Nowtilus. p. 165. ISBN 978-84-9763-454-0. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Devisse, Jean (1975). Hincmar. Archêveque de Reims 845-882 (en francés). Xenebra: Librairie Droz. ISBN 9782600039727. 
  • Donado Vara, Julián; Echevarría Arsuaga, Ana (2014). Historia Medieval I: Siglos V-XII (en castelán). Madrid: UNED / Editorial universitaria Ramón Areces. ISBN 978-84-9961-151-8. 

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar