Stephen Malkmus
Stephen Joseph Malkmus, nado o 30 de maio de 1966, é un músico estadounidense coñecido por ser o principal vocalista e guitarrista da banda de rock alternativo Pavement. No presente actúa con Stephen Malkmus and the Jicks.
(2005) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de maio de 1966 (58 anos) Santa Monica, Estados Unidos de América |
Educación | Universidade de Virxinia Cate School (en) Tokay High School (en) |
Actividade | |
Ocupación | músico, compositor de cancións, guitarrista, cantante, cantautor |
Período de actividade | 1989 - |
Membro de | |
Xénero artístico | Música rock e indie rock |
Instrumento | Guitarra e voz |
Selo discográfico | Matador Records Drag City |
Páxina web | stephenmalkmus.com |
Biografía
editarPrimeiros anos
editarStephen Malkmus naceu en Santa Monica, California o 30 de maio de 1966 do matrimonio formado por Mary e Stephen Malkmus, Sr.[1][2] Cando tiña 8 anos a familia trasladouse a Stockton,[2] onde asistiu ao Cate School de Carpinteria e ao Tokay High School de Lodi. Na adolescencia Malkmus tivo varios traballos, como pintar números das casas nos bordillos da rúa ou preparar hamburguesas nun club de campo.[3]
Aos 16 anos pasou unha noite na cadea despois de consumir alcol, ouriñar nos arbustos e camiñar polos tellados de varias casas.[1] Despois foi posto en liberdade condicional por beber sendo menor de idade,[1] e tamén foi expulsado da escola "por ir a unha festa no bosque onde a xente estaba tomando cogomelos".[1]
Malkmus aprendeu a tocar a guitarra tocando o tema de Jimi Hendrix "Purple Haze".[2] No instituto tocou en varias bandas de punk rock baseadas en Stockton: Bag O Bones, The Straw Dogs e Crisis Alert. Despois da súa graduación Malkmus foi á Universidade de Virxinia, onde estudara o seu pai, e alí especializouse en historia e foi pinchadiscos na radio universitaria WTJU. Durante ese tempo coñeceu aos tamén pinchadiscos na radio David Berman (que posteriormente lideraría Silver Jews) e James McNew (de Yo La Tengo). A finais dos 80 traballou como garda de seguridade no Whitney Museum of American Art en Nova York, xunto con Berman e Bob Nastanovich.
Carreira
editarMalkmus formou Pavement xunto con Scott Kannberg mentres estaba vivindo en Stockton, California nos anos 80.[4] O seu primeiro álbum, Slanted & Enchanted, foi publicado coa aclamación da crítica, e a banda continuou recibindo a atención dos medios e do público nos seus seguintes lanzamentos. Pavement, e Malkmus en particular, was hailed as spearheading the underground indie movement of the 1990s. En 2001, tras a disolución da banda en 1999, Malkmus publicou o seu primeiro álbum en solitario. Tamén foi membro do grupo Silver Jews xunto co poeta e letrista David Berman. A principios de 1999 Stephen Malkmus participou nun proxecto paralelo de Sonic Youth chamado Kim's Bedroom, onde estaban a baixista e vocalista Kim Gordon, o guitarrista e vocalista Thurston Moore, o veterano músico de vangarda de Chicago Jim O'Rourke, e o famoso batería xaponés Ikue Mori; nunca editaron un álbum, pero realizaron un feixe de concertos. Malkmus na actualidade é líder de The Jicks.
O 23 de maio de 2003 en Milwaukee, mentres estaba de xira coa súa nova banda The Jicks, Malkmus empezou o concerto dicindo, "Isto non está no noso disco". A banda entón comezou a tocar cancións de Pavement, sendo a segunda vez que Malkmus tocaba algunha canción do seu anterior grupo dende a súa disolución en 1999. A primeira vez foi o 22 de abril de 2002 en São Paulo, onde interpretou "In The Mouth a Desert".
En 2007, Malkmus proporcionou tres temas para a película de Todd Haynes I'm Not There, baseada na vida de Bob Dylan. Contribuíu á banda sonora coas cancións "Ballad of a Thin Man", "Can't Leave Her Behind" e "Maggie's Farm". Malkmus recoñeceu que nunca foi "realmente un gran seguidor de Dylan", pero destacou que involucrarse coa película fixo que o escoitase "novamente un pouco máis de preto"."[3]
O cuarto álbum de estudio de Malkmus con The Jicks, Real Emotional Trash, foi publicado en marzo do ano 2008.[5]
Pavement reuniuse en marzo de 2010 e embarcouse nunha xira mundial durante ese ano.[6]
En agosto do ano 2011 publicou o seu quinto álbum de estudio con The Jicks, Mirror Traffic. Tocou o álbum Ege Bamyasi, orixinalmente da banda Can, na súa totalidade o 1 de decembro de 2012 no WEEK-END Festival en Colonia, Alemaña.[7] Unha gravación desa acuación foi publicada como un álbum ao vivo de edición limitada Record Store Day de 2013.
O sexto álbum de Malkmus con The Jicks, Wig Out at Jagbags, foi publicado o 7 de xaneiro de 2014.
En 2016 Malkmus compuxo a banda sonora para a serie de Netflix Flaked, protagonizada por Will Arnett.[8]
Discografía
editarCon Pavement
editarÁlbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Slanted and Enchanted | 1992 | Matador Records |
Crooked Rain, Crooked Rain | 1994 | Matador Records |
Wowee Zowee | 1995 | Matador Records |
Brighten the Corners | 1997 | Matador Records, Capitol Records |
Terror Twilight | 1999 | Matador Records |
Con Silver Jews
editarÁlbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Starlite Walker | 1994 | Drag City |
American Water | 1998 | Drag City |
Tanglewood Numbers | 2005 | Drag City |
Lookout Mountain, Lookout Sea | 2008 | Drag City |
Con The Crust Brothers
editarÁlbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Marquee Mark | 1998 | Telemomo |
Con The Jicks
editarÁlbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Stephen Malkmus | 2001 | Matador Records |
Pig Lib | 2003 | Matador Records |
Face the Truth | 2005 | Matador Records |
Real Emotional Trash | 2008 | Matador Records |
Mirror Traffic | 2011 | Matador Records |
Wig Out at Jagbags | 2014 | Matador Records |
Sparkle Hard | 2018 | Matador Records |
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 "Dear Superstar: Stephen Malkmus". Blender. Archived from the original on 10 de xullo de 2010. Consultado o 18 de setembro de 2018.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 "Stephen Malkmus: Being Stephen Malkmus". Magnet. Consultado o 18 de setembro de 2018.
- ↑ 3,0 3,1 "Musician Malkmus reviews Dylan, talks Trash". The Chronicle. Archived from the original on 31 de xaneiro de 2011. Consultado o 18 de setembro de 2018.
- ↑ "Pavement". Matador Records. Consultado o 18 de setembro de 2018.
- ↑ "Real Emotional Trash". Matador Records. Archived from the original on 15 de abril de 2009. Consultado o 18 de setembro de 2018.
- ↑ "Pavement Launch Tour, Add Dates". Pitchfork. Consultado o 18 de setembro de 2018.
- ↑ "Watch Stephen Malkmus Perform Can's Ege Bamyasi". Pitchfork. Consultado o 18 de setembro de 2018.
- ↑ "Stephen Malkmus Is Scoring Will Arnett's New Netflix Series 'Flaked'". Billboard. Consultado o 18 de setembro de 2018.