Silver Jews
Silver Jews foi unha banda de indie rock estadounidense procedente de Nova York. Formouna en 1989 David Berman xunto cos membros de Pavement Stephen Malkmus e Bob Nastanovich. Berman foi o único compoñente constante durante toda a carreira do grupo. Nos últimos poucos discos, Cassie Berman, a muller de David, foi unha membro regular de Silver Jews. A banda separaríase no ano 2009 tras publicar seis álbums de estudio.
Silver Jews | |
---|---|
![]() | |
Orixe | Nova York, ![]() |
Período | 1989 - 2009 |
Xénero(s) | country rock, indie rock, country alternativo |
Selo(s) discográfico(s) | Drag City |
Membros | David Berman Cassie Berman |
Na rede | |
https://www.dragcity.com/artists/silver-jews | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
HistoriaEditar
Primeiros anosEditar
Aínda que adoitaba a ser etiquetado como un proxecto paralelo de Pavement, Silver Jews formouse realmente máis ou menos ao mesmo tempo. Berman citou falsamente que a orixe do seu nome viña da lectura dunha valla publictaria que rezaba "Silver Jewelry", aínda que afirmou nunha entrevista que realmente a intntención do nome era que fose un pseudónimo para unha peza de arte conceptual que posteriormente evolucionou cara a banda.[1] Porén, outros afirman que o nome é unha homenaxe a Silver Apples, The Silver Beatles, ou xerga para xudeus de pelo roxo.[2]
XiraEditar
Aínda que Berman evitara deliberadamente realizar concertos durante gran parte da existencia da banda, Silver Jews sorprenderon aos seus seguidores iniciando a súa primeira xira tras a publicación do álbum Tanglewood Numbers no ano 2005. A banda xirou por Norteamérica, Europa e Israel durante ese ano. Durante o seu paso por Israel rodouse un documental titulado Silver Jew.[3]
SeparaciónEditar
O 22 de xaneiro de 2009 Berman anunciou que planeaba retirarse do mundo da música e que Silver Jews realizaría o seu derradeiro concerto no evento musical Bluegrass Underground nas cavernas Cumberland de McMinnville, Tennessee o 31 de xaneiro.[4] As cavernas están situadas a uns 100 metros baixo a superficie e só estiveron dispoñibles 300 entradas. Berman dixo que o grupo tocaría as súas 15 cancións favoritas. Tamén dixo que a súa intención era dedicarse a escribir guións ou a ser muckraker.[4]
Berman orixinalmente planeou que o concerto fose gravado e emitido no mes seguinte a través da famosa emisora de radio de Nashville WSM AM;[4] porén, o día anterior á actuación, Berman dixo que WSM quedara fóra do trato. O concerto foi gravado con varias cámaras de 16 mm, e Berman insinuou unha posible edición en DVD no futuro.
O 19 de xuño de 2012 Drag City publicou Early Times, un recompilatorio de EPs e sinxelos que foran editados antes do seu álbum de estrea Starlite Walker.
En 2015 Bob Nastanovich publicou unha foto na súa páxina de Facebook coa banda ensaiando. Dixo que a banda estaba traballando en dous temas novos, "The Veranda Over The Toy Shoppe", e "Wacky Package Eyes". David Berman dixo posteriormente que a foto era unha broma.[5] Berman no seu lugar regresou cun novo proxecto, Purple Mountains, en xullo de 2019, pero morreu o seguinte mes.
DiscografíaEditar
Álbums de estudioEditar
Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Starlite Walker | 1994 | Drag City |
The Natural Bridge | 1996 | Drag City |
American Water | 1998 | Drag City |
Bright Flight | 2001 | Drag City |
Tanglewood Numbers | 2005 | Drag City |
Lookout Mountain, Lookout Sea | 2008 | Drag City |
EPsEditar
- The Arizona Record - 1993
- Tennessee - 2001
NotasEditar
- ↑ Blog de Ford (ed.). "Silver Jews Thursday – David Berman on LOMLOC, Writing, and the Ugliness of Failure – Part I". Consultado o 3 de maio de 2018.
- ↑ Allmusic (ed.). "Silver Jews". Consultado o 3 de maio de 2018.
- ↑ IMDB (ed.). "Silver Jew". Consultado o 3 de maio de 2018.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 Pitchfork (ed.). "Silver Jews' David Berman Calls It Quits". Archived from the original on 26 de xaneiro de 2009. Consultado o 3 de maio de 2018.
- ↑ "Silver Jews probably aren't reuniting after all". Chart Attack. 2015-02-14. Archived from the original on 14 de febreiro de 2015. Consultado o 2022-07-04.