Drag City
Drag City é un selo discográfico independente estadounidense baseado en Chicago, Illinois. Foi creado coa edición dun sinxelo de Royal Trux ("Hero Zero" - DC1) en Chicago en 1990 por Dan Koretzky e Dan Osborn.[1] O selo está especializado en indie rock, rock experimental, rock psicodélico, folk rock e country alternativo.
Drag City | |
---|---|
Tipo | editora discográfica independente |
Data de fundación | 1990 |
Sede | Chicago |
País | Estados Unidos de América |
Na rede | |
https://www.dragcity.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
editarO selo publicou a versión estadounidense do Tilt de Scott Walker en 1997, despois de achegarse a el co desexo de darlle ao disco unha edición nos Estados Unidos. Walker describiu o lanzamento do álbum con eles como "un experimento".[2] Varios membros do persoal de Drag City teñen tocado en bandas; o xefe de prensa Gene Booth tocou os teclados e a guitarra en USA, e tanto Booth, como o xefe de vendas Rian Murphy, e o fundador Dan Koretzky tocaron en Mantis. Booth tamén foi membro de Chestnut Station.[3]
En anos recentes o selo aumentou o seu catálogo incluíndo edicións de comedia alternativa, con edicións recentes de Fred Armisen, Neil Hamburger e Andy Kaufman entre outros, e reedicións, destacando as de Gary Higgins e Death.[4] En 1997 Drag City comezou a publicar material impreso como a revista literaria The Minus Times e a novela de Neil Hagerty Victory Chimp. O selo distribuíu o documental de 2013 The Source Family. Despois de anos rexeitando publicar a música dos seus artistas a través de plataformas de streaming, o selo puxo a súa música dispoñible para streaming a través de Apple Music en xullo de 2017,[5] e a través de Spotify e Tidal en 2018.[6]
Artistas
editar- AZITA
- Bachelorette
- Baby Dee
- William Basinski
- Richard Bishop
- Blues Control
- Bill Callahan
- Cave
- Cynthia Dall
- Chris Darrow
- Circuit des Yeux
- Dope Body
- Espers
- Faun Fables
- Flying Saucer Attack
- Mark Fosson
- Edith Frost
- The Fucking Champs
- Loose Fur
- Ghost
- David Grubbs
- Neil Michael Hagerty
- The Howling Hex
- Liimanarina
- Magik Markers
- Monotonix
- Movietone
- Joanna Newsom
- Scout Niblett
- Nig-Heist
- Will Oldham (Bonnie 'Prince' Billy, Palace Music etc.)
- Jim O'Rourke
- The High Llamas
- Papa M
- Pavement
- Pearls and Brass
- Jessica Pratt
- Purple Mountains
- The Red Krayola
- The Renderers
- Alasdair Roberts
- Royal Trux
- RTX
- Lætitia Sadier
- Ty Segall
- Sic Alps
- Silver Jews
- Six Organs of Admittance
- Stereolab
- Sun Araw
- U.S. Maple
- Wand
- Weird War
- White Magic
- Michael Yonkers
Notas
editar- ↑ LLC, SPIN Media (1993-11). SPIN (en inglés). SPIN Media LLC.
- ↑ Inc, Nielsen Business Media (1997-08-23). Billboard (en inglés). Nielsen Business Media, Inc.
- ↑ Inc, Nielsen Business Media (1998-06-13). Billboard (en inglés). Nielsen Business Media, Inc.
- ↑ July 11th, Giuseppe Zevolli; 2014. "Rian Murphy from Drag City on the Independent Label Market". DrownedInSound (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 24 de maio de 2016. Consultado o 2019-11-13.
- ↑ "What to Stream From Drag City’s Catalog". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2019-11-13.
- ↑ "Drag City Records Now Streaming on Spotify and Tidal". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2019-11-13.