Tanglewood Numbers

Tanglewood Numbers é o quinto álbum de estudio da banda de indie rock Silver Jews, publicado o 18 de outubro de 2005 a través do selo Drag City.

Tanglewood Numbers
Álbum de Silver Jews
Publicado18 de outubro de 2005
Duración34:51
Xénero(s)indie rock
Selo(s)Drag City
ProdutorDavid Berman
Cronoloxía
Bright Flight
(2001)
Tanglewood Numbers Lookout Mountain, Lookout Sea
(2008)
Na rede
Discogs: 91230 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Ao igual que en todos os seus outros discos, o principal compositor de Silver Jews e membro constante da banda é David Berman. Neste álbum outros catorce músicos están implicados na creación e na gravación. Tanglewood Numbers marcou o regreso dos membros de Pavement Stephen Malkmus e Bob Nastanovich a Silver Jews. Malkmus aparecera por última vez no American Water, mentres que Nastanovich aparece no primeiro álbum do grupo, Starlite Walker. Cassie Berman, muller de David Berman, tamén aparece no disco.[1]

A portada do disco é unha fotografía do famoso fotógrafo sureño William Eggleston.[2]

Listaxe de cancións

editar

Tódolos temas escritos e compostos por David Berman, agás onde se indique. 

N.º TítuloEscritor(es) Duración
1. "Punks in the Beerlight"    3:31
2. "Sometimes a Pony Gets Depressed"    2:37
3. "K-Hole"  David Berman, Mike Fellows 2:38
4. "Animal Shapes"    3:00
5. "I'm Getting Back into Getting Back into You"    2:34
6. "How Can I Love You If You Won't Lie Down"    2:01
7. "The Poor, the Fair and the Good"  Berman, Cassie Berman 4:14
8. "Sleeping Is the Only Love"    2:56
9. "The Farmer's Hotel"  Berman, Stephen Malkmus, Gate Pratt, Jeff Grosfeld 7:03
10. "There Is a Place"    4:19
34:51
  1. "Berman Untangles New Silver Jews Album". Billboard. Consultado o 2019-05-12. 
  2. Lisle, Andria (2010-01-14). "William Eggleston: king of the album cover photo". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 2019-05-12.