Bob Nastanovich

músico estadounidense

Robert Nastanovich, nado o 27 de agosto de 1967 en Rochester, Nova York, é un músico estadounidense coñecido por ser membro da banda de indie rock Pavement, ademais de ter tocado en Silver Jews, Ectoslavia, Pale Horse Riders e Misshapen Lodge.

Bob Nastanovich
Nome completoRobert Nastanovich
Data nacemento27 de agosto de 1967 (55 anos)
Nado enRochester
Ocupaciónmúsico
Instrumento(s)voz, percusión, harmónica, teclados
Relacionado conSilver Jews, Pavement, Ectoslavia, Pale Horse Riders, Misshapen Lodge
Na rede
Facebook: bob.nastanovich Twitter: BNastanovich Musicbrainz: 4bcaf5b5-89a5-4712-8a11-6d60dd0904f5 Discogs: 403608 Allmusic: mn0000775490 Editar o valor em Wikidata

BiografíaEditar

Bob Nastanovich naceu en Rochester, Nova York, e cando estaba na escola a súa familia mudouse a Richmond, Virxinia. Foi alumno da Universidade de Virxinia onde coñeceu a Stephen Malkmus de Pavement e ao futuro líder de Silver Jews David Berman. Os tres mudáronse a Jersey City, Nova Jersey, vivindo e traballando xuntos como gardas de seguridade en galerías de arte. Nastanovich tamén traballou como condutor de autobuses e encargado de terminal en Nova York e Hoboken. Durante ese período Malkmus reuniuse co seu vello amigo Scott Kannberg para crear o primeiro álbum de Pavement, Slanted and Enchanted, no estudio caseiro do batería Gary Young. Tamén nesa época plantouse a semente para o nacemento de Silver Jews (Nastanovich, Malkmus e Berman).

Nastanovich, tras entrar na banda en 1990, realizou distintas funcións: coros, percusión, harmónica e teclados. Inicialmente o seu rol principal era o de axudar a marcar os tempos, concentrando eficazmente os esforzos do distraído e excéntrico Young. Nastanovich permaneceu como membro do grupo tras a saída de Young, aínda que Steve West converteuse no novo batería.

Nastanovich foi o vocalista principal en directo nas cancións "Debris SLide", "Conduit for Sale", e "Unfair". É coñecido pola súa presenza no escenario e pola súa forma característica de berrar.[1]

Nastanovich tamén tocou en varios discos de Silver Jews. Foi tour manager con Stephen Malkmus and the Jicks, The Frogs, Huggy Bear, Fila Brazillia (road crew) e Silver Jews. Ademais tocou en discos de Palace Brothers, Tall Dwarfs e Pale Horse Riders. Nastanovich tamén é membro da banda de improvisación post-rock Misshapen Lodge, formada en Kingston upon Hull, Inglaterra, nunha das súas visitas á cidade.

Bob xuntouse a Pavement para a súa xira de reunión no ano 2010.[2]

No presente é co-presentador do 3 Songs Podcast con Mike Hogan[3] e dirixe Broker's Tip Records, un selo que edita sinxelos de 7 polgadas.[4]

NotasEditar

  1. Pappademas, Alex (2012-06-20). "‘It Hasn’t Been a Disaster’". Grantland (en inglés). Consultado o 2020-10-11. 
  2. Montgomery, James. "Pavement Reunion Tour Confirmed For 2010". MTV News (en inglés). Consultado o 2020-10-11. 
  3. "3 Songs Podcast". Twitter. Consultado o 2020-10-11. 
  4. "Brokers Tip Records". Brokers Tip Records (en inglés). Consultado o 2020-10-11.