Scott Kannberg

músico estadounidense

Christopher Scott Kannberg, nado en Stockton (California) o 30 de agosto de 1966 e coñecido profesionalmente como Scott Kannberg e Spiral Stairs,[1] é un músico estadounidense coñecido por ser un dos membros fundadores da banda de indie rock Pavement. Tamén liderou o grupo Preston School of Industry e tivo unha carreira como artista en solitario.

Scott Kannberg
Nome completoChristopher Scott Kannberg
Data nacemento30 de agosto de 1966
Nado enStockton
Ocupacióncantante, guitarrista e compositor de cancións
Instrumento(s)guitarra, voz, baixo
Relacionado conPavement, Preston School of Industry
Na rede
http://www.spiralstairsmusic.com/
Musicbrainz: ac542576-2a99-4c79-9e84-fb1192b7176c Songkick: 1947445 Discogs: 403610 Allmusic: mn0000016212 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Kannberg era amigo da infancia de Stephen Malkmus, medrando ámbolos dous na mesma vila de Stockton. Xuntos formaron a banda Pavement baixo os pseudónimos de "Spiral Stairs" e "SM", respectivamente. Kannberg compuxo e foi a voz principal de varias cancións do grupo, como "Painted Soldiers", "Hit the Plane Down", "Kennel District", "Date With IKEA", e "Passat Dream". Trala disolución de Pavement formou unha nova banda chamada Preston School of Industry con Matador Records. A banda publicou un EP e dous álbums,[2] pero volveuse inactiva no ano 2004. No ano 2009 Kannberg editou o seu primeiro álbum en solitario, The Real Feel, co nome de Spiral Stairs.[1]

En 2010 participou na reunión de Pavement.[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 "Interview: Pavement’s Scott Kannberg Becomes Spiral Stairs". Relix Media (en inglés). 2017-05-12. Consultado o 2020-10-10. 
  2. "Preston School Of Industry". Discogs (en castelán). Consultado o 2020-10-10.