Todd Haynes
Todd Haynes ([heɪnz]), nado nos Ánxeles (Estados Unidos) o 2 de xaneiro de 1961 é un director e guionista estadounidense.
Traxectoria
editarHaynes comezou a ter interese polo cinema moi novo, e produciu unha curtametraxe, The Suicide (1978), mentres estaba no instituto. Na Universidade Brown estudou semiótica e alí dirixiu a súa primeira curtametraxe, Assassins: A Film Concerning Rimbaud (1985), inspirada polo poeta Arthur Rimbaud. Tras graduarse marchou a Nova York, onde se involucrou no cinema independente como produtor.[1]
Debutou na longametraxe con Poison (1991), que lle valeu recoñecemento e controversia,[1] pola súa exploración da homosexualidade e da figura do escritor Jean Genet.
En 2002 acadou un grande éxito de crítica e público con Far From Heaven (2002), melodrama ambientado na década de 1950 inspirado polos filmes de Douglas Sirk e con Julianne Moore e Dennis Quaid como protagonistas.
En 2011 dirixiu a miniserie Mildred Pierce, baseada na novela de James M. Cain, con Kate Winslet, e en 2015 foi candidato a varios premios por Carol, con Cate Blanchett e Rooney Mara.
Filmografía
editar- Poison (1991)
- Safe (1995)
- Velvet Goldmine (1998)
- Far from Heaven (2002)
- I'm Not There (2007)
- Carol (2015)
- Segredos dun escándalo (2023)
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "Todd Haynes – Biography". The New York Times Company. Consultado o 11 de xullo de 2015.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Todd Haynes |
Ligazóns externas
editar- Todd Haynes na IMDb (en inglés).