Wowee Zowee é o terceiro álbum da banda estadounidense de rock alternativo Pavement, publicado o 11 de abril de 1995 a través do selo Matador Records.[1] O disco amosa un lado máis experimental e espontáneo do grupo, volvendo ao ruído e imprevisibilidade das súas primeiras gravacións despois do son máis tradicional do Crooked Rain, Crooked Rain de 1994. A súa natureza ecléctica vai dende melodías suaves aínda que distorsionadas ata o noise e o punk rock, mentres que as letras exploran polo xeral temas humorísticos e crípticos. Con preto dunha hora de duración, Wowee Zowee é o álbum de estudio máis longo de Pavement, enchendo tres caras dun disco de vinilo. A cuarta cara está en branco.[2]

Wowee Zowee
Álbum de Pavement
Publicado11 de abril de 1995
Gravaciónnovembro de 1994
Estudio(s)Easley Recording Studios, Memphis, Tennessee
Duración55:51
Xénero(s)indie rock
Selo(s)Matador/Warner Bros. Records
Producido porPavement
Cronoloxía
Crooked Rain, Crooked Rain Wowee Zowee Brighten the Corners

Despois do seu lanzamento, Wowee Zowee tivo recensións variadas dos críticos, sendo xeralmente considerado un traballo descoidado en comparación co seu aclamado predecesor. Porén. algúns críticos destacaron o seu estilo aventureiro e o lirismo de Stephen Malkmus. Dous temas do álbum, "Rattled by the Rush" e "Father to a Sister of Thought", publicáronse como sinxelos en 1995, pero ningún deles tivo éxito.

Listaxe de cancións

editar

Tódolos temas escritos e compostos por Stephen Malkmus agás onde se indique. 

N.º TítuloEscritor(es) Duración
1. "We Dance"    3:01
2. "Rattled by the Rush"    4:16
3. "Black Out"    2:10
4. "Brinx Job"    1:31
5. "Grounded"    4:14
6. "Serpentine Pad"    1:16
7. "Motion Suggests" (titulada "Motion Suggests Itself" en Wowee Zowee: Sordid Sentinels Edition)  3:15
8. "Father to a Sister of Thought"    3:30
9. "Extradition"    2:12
10. "Best Friend's Arm"    2:19
11. "Grave Architecture"    4:16
12. "AT&T"    3:32
13. "Flux = Rad"    1:45
14. "Fight This Generation"    4:22
15. "Kennel District"  Scott Kannberg 2:59
16. "Pueblo"    3:25
17. "Half a Canyon"    6:10
18. "Western Homes"  Scott Kannberg 1:49
  1. "Wowee Zowee, by Pavement". Pavement (en inglés). Consultado o 2023-04-11. 
  2. "Pavement - Wowee Zowee" (en castelán). Consultado o 2023-04-11.