Crooked Rain, Crooked Rain
Crooked Rain, Crooked Rain é o segundo álbum de estudio da banda estadounidense de rock alternativo Pavement, publicado o 2 de febreiro de 1994 a través do selo Matador Records. Con este traballo o grupo abandonou o son lo-fi amosado en Slanted and Enchanted.
Crooked Rain, Crooked Rain | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Pavement | ||||
Publicado | 2 de febreiro de 1994 | |||
Gravación | agosto - setembro de 1993 | |||
Estudio(s) | Random Falls Studios en Nova York | |||
Duración | 42:18 | |||
Xénero(s) | indie rock | |||
Selo(s) | Matador Records | |||
Produtor | Pavement | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
O álbum foi reeditado o 26 de outubro de 2004 por Matador Records co nome de Crooked Rain, Crooked Rain: LA's Desert Origins. Esra versión contén dous discos. O primeiro é o traballo orixinal con caras-b e temas de recompilatorios da época. O segunto disco é unha colección de cancións non publicadas anteriormente e sesións ao vivo na BBC.
Foi elixido por Pitchfork Media o número 8 da súa lista dos "100 mellores álbums dos 90".[1] No ano 2003 foi colocado no posto 210 da lista da Rolling Stone dos "500 mellores álbums de todos os tempos", pasando ao 212 na revisión da lista en 2012,[2] e no posto 10 dos seus "100 mellores álbums dos 90".[3] No 2010 o tema "Gold Soundz" foi listado como número 1 na lista de Pitchfork Media das "200 mellores cancións dos 90".[4]
Listaxe de cancións
editarTódolos temas escritos e compostos por Stephen Malkmus agás onde se indique.
N.º | Título | Escritor(es) | Duración |
---|---|---|---|
1. | "Silence Kit" | 3:01 | |
2. | "Elevate Me Later" | 2:51 | |
3. | "Stop Breathin" | 4:28 | |
4. | "Cut Your Hair" | 3:07 | |
5. | "Newark Wilder" | 3:53 | |
6. | "Unfair" | 2:33 | |
7. | "Gold Soundz" | 2:41 | |
8. | "5-4=Unity" | 2:09 | |
9. | "Range Life" | 4:54 | |
10. | "Heaven Is a Truck" | 2:30 | |
11. | "Hit the Plane Down" | Scott Kannberg | 3:36 |
12. | "Fillmore Jive" | 6:38 |
Notas
editar- ↑ "Top 100 Albums of the 1990s - Page 10". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2020-02-15.
- ↑ Stone, Rolling; Stone, Rolling (2012-05-31). "500 Greatest Albums of All Time". Rolling Stone (en inglés). Consultado o 2020-02-15.
- ↑ Stone, Rolling; Stone, Rolling (2019-10-04). "100 Best Albums of the '90s". Rolling Stone (en inglés). Consultado o 2020-02-15.
- ↑ "The Top 200 Tracks of the 1990s: 20-01 - Page 2". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2020-02-15.