Sociedade Numismática Italiana

organización numismática
(Redirección desde «Società numismatica italiana»)

A Sociedade Numismática Italiana (en italiano: Società numismatica italiana) é unha asociación cultural italiana sen ánimo de lucro que centra o seu interese na numismática e ten como finalidade a promoción e a divulgación dos estudos "relativos ás moedas, as fichas, os pesos monetarios, as medallas e os selos".[1][2]

Sociedade Numismática Italiana
Tiposociedade científica
Campo de traballonumismática
Área de operaciónItalia
Data de fundación1892
Fundador(es)Vítor Manuel III
Organización subsidiariaBiblioteca della Società numismatica italiana
PaísItalia
Na rede
http://www.socnumit.org/
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

A sociedade constituíuse en 1892, no ambiente social e político inmediatamente posterior á unificación italiana, para cumprir o desexo expresado catro anos antes por un grupo de eruditos numismáticos italianos, encabezados por Francesco Gnecchi, que se reuniran en 1888 con motivo da emisión do primeiro número da Rivista italiana di numismatica: "[...] fundar unha sociedade italiana de numismática do mesmo xeito que as que florecen noutras nacións".[3][4] Xa que logo, os modelos para a creación da nova sociedade eran outras entidades semellantes que naqueles anos xa estaban activas en Europa, como a Royal Numismatic Society de Londres (desde 1836), a Sociedade Real de Numismática de Bélxica (desde 1841) ou a Sociedade Francesa de Numismática (desde 1865).[5][6]

Entre os membros fundadores atópase o daquela príncipe do Piemonte Vítor Manuel III, afeccionado á numismática, que foi o seu presidente honorario desde 1897.[7][8]

Desde a súa fundación, a sociedade desenvolve moi diversas actividades encamiñadas ao seu fin social, como son o mantemento da súa biblioteca temática, publicacións tanto monográficas como periódicas e colaboración con iniciativas diversas doutras institucións.[9][10][11]

Con motivo da celebración de acontecementos importantes para a numismática italiana, como é o caso, entre outros, dos centenarios da propia sociedade ou da súa revista, a Sociedade Numismática Italiana emitiu un bo número de medallas conmemorativas.[12]

A sociedade, que ten a súa sede en Milán, inclúe entre os seus membros os estudosos e os coleccionistas numismáticos italianos e estranxeiros máis sobranceiros, e no seu cadro de honra destacan persoas como Philip Grierson, Carlo Maria Cipolla, Laura Breglia, Giovanni Gorini, Pierre Bastien ou Michael Crawford.[13]

Publicacións editar

Rivista italiana di numismatica e scienze affini editar

A Sociedade Numismática Italiana publica a publicación periódica Rivista italiana di numismatica e scienze affini, a revista numismática máis antiga de Italia, fundada en 1888 polos irmáns Gnecchi e Solone Ambrosoli, cuxo prestixio científico é recoñecido a nivel internacional.[14][15]

No poxecto do nacemento desta revista fundíronse as dúas cabeceiras numismáticas que naquel momento extistían en Italia, Gazzetta Numismatica e Bullettino di Numismatica e Sfragistica per la Storia d'Italia, que, por conseguinte, desapareceron nese mesmo ano de 1888.[16][17]

Aínda que o nacemento da revista é previo á existencia da Sociedade Italiana de Numismática, converteuse no seu órgano oficial desde o mesmo monmento da súa fundación.[18]

Con ocasión da publicación do seu número 100, en 1999 publicouse unha historia da revista.[19]

Collana di numismatica e scienze affini editar

Outras das súas publicacións agrúpanse dentro da serie Collana di numismatica e scienze affini, onde se recollen diversos estudos e actas de congresos. Consta dos seguintes volumes:

  • Vol. 1 (1998): Perassi, Claudia. Atti della giornata di studio «Il collezionismo numismatico».
  • Vol. 2 (1999): Travaini, Lucia. Moneta locale e moneta straniera: Italia ed Europa XI-XV secolo. The Second Cambridge Numismatic Symposium. Local Coins, Foreign Coins: Italy and Europe 11th-15th Centuries.
  • Vol. 3 (2000): Ercolani Cocchi, Emanuela. Il Giubileo e i suoi simboli. La fonte numismatica e le medaglie del Museo Nazionale di Ravenna.
  • Vol. 4 (2004): Vanni, Franca; Bussi, Silvia. La moneta fusa nel mondo antico. Quale alternativa alla coniazione? (Atti del Convegno Internazionale di studio, Arezzo, 19-20 settembre 2002).
  • Vol. 5 (2004): Travaini, Lucia; Bolis, Alessia. L'immaginario e il potere nell'iconografia monetale. Dossier di lavoro del seminario di studi, Milano 11 marzo 2004.
  • Vol. 6 (2010): Savio, Adriano; Cavagna, Alessandro. 100 anni del Corpus Nummorum Italicorum. Giornata di studio, Milano 15 maggio 2009.
  • Vol. 7 (2012): Cavagna, Alessandro. Provincia Dacia. I coni.
  • Vol. 8 (2014): Carbone, Federico. Le monete di Paestum tra I sec. a.C. e I sec. d.C. Analisi dei Conî.

Notas editar

  1. "Informazioni generali Arquivado 22 de xaneiro de 2019 en Wayback Machine.". No sitio web da SNI.
  2. "Statuto Sociale. Art. 1 Arquivado 22 de xaneiro de 2019 en Wayback Machine.". Sitio web da SNI.
  3. "Prefazione". En Rivista italiana di numismatica. 1888.
  4. "Atti della Società numismatica italiana". En Rivista italiana di numismatica. 1892.
  5. "History of the Society". The Royal Numismatic Society.
  6. "Qui sommes-nous". Société royale de Numismatique de Belgique.
  7. "Elenco dei 42 Soci fondatori della Società Numismatica Italiana (1892) Arquivado 29 de marzo de 2016 en Wayback Machine.". No sitio web da SNI.
  8. Johnson, Cesare. "La Società numismatica italiana nel cento anni della suafondazione (1892 - 1992) Arquivado 22 de xaneiro de 2019 en Wayback Machine.". Sitio web da SNI.
  9. "La biblioteca Arquivado 22 de xaneiro de 2019 en Wayback Machine.". No sitio web da SNI.
  10. "Vicenza Numismatica Arquivado 22 de xaneiro de 2019 en Wayback Machine.". No sitio web da SNI.
  11. "La naissance de la Société française de numismatique". Société française de numismatique.
  12. Rongo, Matteo (2018).
  13. "Albo d'onore Arquivado 26 de outubro de 2020 en Wayback Machine.". No sitio web da SNI.
  14. "Ai lettori". En Rivista italiana di numismatica. 1890.
  15. Acceso en liña aos números da revista entre 1888 e 1920.
  16. "Altre riviste Arquivado 22 de xaneiro de 2019 en Wayback Machine.". No sitio web da SNI.
  17. Acceso en liña a todos os seus números: Gazzetta Arquivado 24 de setembro de 2021 en Wayback Machine. (11881-1887) e Bulletino Arquivado 24 de setembro de 2021 en Wayback Machine. (1882-1887).
  18. "Notizie varie". En Rivista italiana di numismatica. 1892.
  19. "Indici volumi. RIN Arquivado 22 de xaneiro de 2019 en Wayback Machine.". No sitio web da SNI.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar