Sara Berenguer Laosa

anarcosindicalista española

Sara Berenguer Laosa, nada en Barcelona o 1 de xaneiro de 1919 e finada en Montadin (Francia) o 8 de xuño de 2010, foi unha militante anarcosindicalista e feminista libertaria catalá, activa na organización Mujeres Libres.

Infotaula de personaSara Berenguer Laosa

(1937) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1 de xaneiro de 1919 Editar o valor em Wikidata
Barcelona, España Editar o valor em Wikidata
Morte8 de xuño de 2010 Editar o valor em Wikidata (91 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónanarcosindicalista , sindicalista Editar o valor em Wikidata
Partido políticoMujeres Libres Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua catalá Editar o valor em Wikidata
Obra
Arquivos en

Dialnet: 2483289

Traxectoria editar

Naceu nunha modesta familia de clase traballadora. O seu pai era albanel e activista libertario.[1] Deixou a escola aos 12 anos e aos 13 empezou a traballar nunha carnizaría. Porén, rebelouse ante a explotación e o machismo e foi posteriormente despedida doutros traballos.[2] Traballou de costureira nunha fábrica e, despois, continuou exercendo pola súa conta até xullo de 1936.[3] Cando estalou a guerra civil española tiña 16 anos. O seu pai morreu loitando na fronte.[3]

Sara participou no Comité revolucionario do barrio de Les Corts até xuño de 1937, no Comité revolucionario do sindicato da madeira xunto a Antonio Santamaria, para quen fixo tarefas de mecanografía e contabilidade.[3] Foi nomeada responsábel da distribución das armas.[1]

Exerceu cargos de responsabilidade no comité local da Federación Ibérica de Juventudes Libertarias e no secretariado do Ateneo Libertario, onde exerceu de mestra de nenos da rúa. Coñeceu a Sol Ferrer, a filla de Francesc Ferrer i Guardià, de quen aprendeu francés.

Durando os sucesos de maio de 1937 pa5rticipou nos enfrontamentos armados contra os comunistas e defendeu o Casal de la Dona Treballadora, dirixido por Amparo Poch y Gascón.[1][3] A comezos de 1937 foi nomeada membro do comité central da Solidariedade Internacional Antifascista (SIA) con Ángel Aransaez e fixo numerosas visitas á fronte.

En outubro de 1938 uniuse ao movemento Mujeres Libres e ocupou o secretariado rexional da asociación. Implicouse en «educar social e culturalmente as mulleres para que puidesen construír e defenderse a si mesmas como seres humanos libres e conscientes».

Exilio e resistencia editar

En xaneiro de 1939, durante a Retirada (o éxodo a Francia), continuou o seu traballo como membro da SIA en Perpiñán e Besiers. Alí tratou de rescatar os prisioneiros dos campos, incluído o seu compañeiro Jesús Guillén Bertolín.

Durante a ocupación nazi foi membro do grupo da CNT de Bram e serviu de enlace coa Resistencia francesa en Aude, Ariège, Hérault e Alta Garona.[3] Tras a liberación continuou xunto con Jesús o seu traballo na CNT no exilio. En 1947 foi responsábel dos cursos de taquigrafía da CNT para persoas refuxiadas e participou activamente nos grupos de teatro organizados polo movemento libertario. Mantivo contactos estreitos con activistas anarquistas, entre eles Octavi Alberola Suriñach e Cipriano Mera. En 1965 participou nas actividades do grupo que publicou o diario Frente Libertario.[3]

De 1972 a 1976 retomou con Suceso Portales a redacción e publicación da revista Mujeres Libres (47 números de 1964 a 1976).

De toda la vida editar

A súa casa, preto de Besièrs, segue a ser un lugar de encontro do movemento libertario. Alí rodouse gran parte do filme De toda la vida (1986), dirixido por Lisa Berger e Carol Mazer. Nel participaron Pepita Carpeña, Dolors Prat Coll, Federica Montseny, Suceso Portales, Mercè Comaposada i Guillén e Conxa Pérez.[2]

Obra editar

Poesía editar

  • Cardos y flores silvestres (1982)
  • Jardín de Esencias (1982)
  • El lenguaje de las flores (1992)
  • Sentiments (2004)

Bibliografía editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 "Ephéméride Anarchiste 1er janvier" (en francés). Consultado o 9 de xullo de 2023. 
  2. 2,0 2,1 "BERENGUER LAOSA Sara - GUILLEN (1919-2010)". Smolny (en francés). Arquivado dende o orixinal o 14 de agosto de 2014. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 "Dictionnaire international des militants anarchistes" (en francés).