Sacos, Cerdedo-Cotobade

parroquia civil de Cerdedo-Cotobade
(Redirixido desde "Sacos, Cotobade")

Coordenadas: 42°30′47″N 8°30′18″O / 42.5129206, -8.5049561

Santa María de Sacos é unha parroquia do concello de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE[3], en 2015 tiña 244 habitantes (111 homes e 133 mulleres), distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución respecto ó 2005, cando tiña 281 habitantes.

Santa María de Sacos
IgrexaSacos.jpg
ConcelloCerdedo-Cotobade[1]
ProvinciaPontevedra
Área12,5 km²
Poboación219[2] hab. (2019)
DensidadeErro de expresión: Descoñécese o signo de puntuación "", hab./km²
Entidades de poboación5[1]
editar datos en Wikidata ]

XeografíaEditar

A parroquia sitúase na beira sur do val do río Lérez, á altura do seu curso medio. Pola parroquia discorre a estrada N-541 Ourense-Pontevedra.

PatrimonioEditar

A súa igrexa parroquial é un templo dunha soa nave cunha ábsida rectangular, que conserva elementos do románico tardío ou protogótico. Os perpiaños moi irregulares distribúense en fiadas dando como resultado, pola contra, uns paramentos ben rematados. Segundo Bango Torviso o estilo do beiril da ábsida, principalmente, indica un estilo de orixe ourensán, da zona de Oseira ou Terra do Carballiño, de finais do último terzo do século XII.

Hai dúas capelas no Cádavo e en Dorna, e no leste da parroquia consérvanse os restos da capela de San Lourenzo, restaurados en 2010. Amais, hai dous petróglifos, unha mámoa e dous cruceiros.

HistoriaEditar

A carón da Ponte do Barco, nunha gabia da estrada de Ourense a Pontevedra, foron paseados e asasinados o 13 de agosto de 1936 Francisco Arca Valiñas e Secundino Bugallo Iglesias, traballadores de Figueiroa e militantes da CNT.

Galería de imaxesEditar

Lugares e parroquiasEditar

Lugares de Santa María de SacosEditar

Lugares da parroquia de Sacos no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade

O Cádavo | Dorna | As Eiras | Vila de Abaixo | Vila de Arriba

Parroquias de Cerdedo-CotobadeEditar

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Cerdedo-Cotobade

Aguasantas (Santa María) | Almofrei (San Lourenzo) | Borela (San Martiño) | Carballedo (San Miguel) | Caroi (Santiago) | Castro (Santa Baia) | Cerdedo (San Xoán) | Corredoira (San Gregorio) | Figueiroa (San Martiño) | Folgoso (Santa María) | Loureiro (Santiago) | Parada (San Pedro) | Pedre (Santo Estevo) | Quireza (San Tomé) | Rebordelo (San Martiño) | Sacos (Santa María) | San Xurxo de Sacos (San Xurxo) | Tenorio (San Pedro) | Tomonde (Santa María) | Valongo (Santo André) | Viascón (Santiago)

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 Decreto 219/1998, do 2 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Pontevedra.
  2. INE.(2019). Nomenclátor: Población del Padrón Continuo por Unidad Poblacional. Madrid:Instituto Nacional de Estadística. Recuperado de: www.ine.es.
  3. IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor de Galicia" (en galego). 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Barros Gómez, N. (2019). Santa María de Sacos. Cerdedo - Cotobade. Relatos históricos da miña aldea. Concello de Cerdedo-Cotobade. 

Outros artigosEditar