Rosario Álvarez Blanco

filóloga galega
(Redirección desde «Rosario Álvarez»)

Rosario Álvarez Blanco, nada en Pontevedra o 12 de xullo de 1952,[1] é catedrática de Filoloxía Galega na Universidade de Santiago de Compostela, foi directora do Instituto da Lingua Galega (Universidade de Santiago de Compostela).[2] É membro da Real Academia Galega. En 2018 foi escollida presidenta do Consello da Cultura Galega,[3] converténdose na primeira muller en presidilo.[4]

Rosario Álvarez Blanco
Nacemento12 de xullo de 1952
Lugar de nacementoPontevedra
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónfilóloga, profesora universitaria e romanista
CónxuxeXosé Xove Ferreiro
FillosBrais, Irimia e Daniel
IrmánsSalomé Álvarez Blanco
Na rede
Dialnet: 48378
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Licenciouse en Filosofía e Letras (Filoloxía Románica-Español) pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) coa memoria Notas lingüísticas e etnográficas de Ramirás (1974).[5] Tras doutorarse en 1980 coa tese O pronome persoal en galego,[6] desenvolveu o seu labor docente ata 1982 no Departamento de Filoloxía Románica da USC, para logo continuar no Departamento de Filoloxía Galega, onde acadou en 1998 a condición de catedrática de Universidade da área de Filoloxías Galega e Portuguesa. Entre os cargos académicos que ocupou están a vicerreitoría de Profesorado (1990-1994), a dirección do Departamento de Filoloxía Galega (1995-1999), e a dirección do Instituto da Lingua Galega (2005-2015).[7]

O 8 de setembro de 2001 foi proposta como membro numerario da RAG, onde ingresou o 6 de xuño de 2003 cun discurso titulado Variedade e diversidade da lingua. Algunhas reflexións sobre cambio, variación e galego estándar,[8] contestado por Antón Santamarina. Pertence ao Instituto da Lingua Galega desde 1974 e dirixiuno entre os anos 2005-2013.[9]

Estivo á fronte do Seminario de Gramática da RAG en 2003 e foi tamén tesoureira desta institución a partir de 2013.[10] [7]

É directora do Tesouro do léxico patrimonial galego e portugués e codirectora de Gondomar. Corpus dixital de textos galegos da Idade Moderna e dirixe a revista Estudos de Lingüística Galega.

Foi vicepresidenta do Consello da Cultura Galega (2010-2018) e é presidenta do Consello da Cultura Galega desde 2018.[4][11].

En xaneiro de 2020 recibiu o Premio Cidade de Pontevedra no apartado de persoa física.[12]

En novembro de 2021 recibiu o Premio Otero Pedrayo con Menchu Lamas.[13]

Obras editar

A investigación de Rosario Álvarez segue tres liñas fundamentais:[14]

En 1986 publicou Gramática galega (ed. Galaxia)[15] xunto con Henrique Monteagudo e Xosé Luís Regueira, obra pola que acadaron o Premio Antón Losada Diéguez. En 2002 publicou Gramática da lingua galega (ed. Galaxia) canda a Xosé Xove.

Foi membro do equipo do Atlas Lingüístico Galego dende os inicios.[16]

En 2014 participou na coordinación de Rosalía de Castro no século XXI. Unha nova ollada.[17]

Ten publicados diversos libros de texto de lingua e literatura galegas para secundaria.[18]

O seu labor investigador é moi prolífico e ten publicado comunicacións en numerosos congresos e revistas, como Verba. Anuario Galego de Filoloxía, Madrygal, Cadernos de Lingua, Boletín da Real Academia Galega e Estudos de Lingüística Galega, entre outros.[19][20][21][22][23][24][25][26]

Notas editar

  1. "Rosario Álvarez Blanco no Consello da Cultura Galega". Consello da Cultura Galega. Consultado o 04 de decembro de 2020. 
  2. ILG (ed.). "O Instituto". Consultado o 1 de xuño de 2018. 
  3. "Rosario Álvarez Blanco é elixida presidenta do Consello da Cultura Galega". Consello da Cultura Galega. 31 de maio de 2018. Consultado o 1 de xuño de 2018. 
  4. 4,0 4,1 "Rosario Álvarez Blanco, primeira muller que preside o Consello da Cultura Galega". Sermos Galiza. 1 de xuño de 2018. Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2019. Consultado o 1 de xuño de 2018. 
  5. Álvarez Blanco, Rosario. (1974).Notas lingüísticas e etnográficas de Ramirás. Memoria de Licenciatura. Universidade de Santiago de Compostela.
  6. Álvarez Blanco, Rosario (1980). O pronome persoal en galego (Tese). Universidade de Santiago de Compostela. 
  7. 7,0 7,1 "Ficha da investigadora en ORCID". orcid.org. Consultado o 25 de xuño de 2019. 
  8. "Variedade e diversidade da lingua". datos.bne.es (en castelán). Consultado o 12 de xuño de 2019. 
  9. "Publicacións de Rosario Álvarez". ilg.usc.es. Consultado o 4 de setembro de 2019. 
  10. "Membros da Academia: Rosario Álvarez Blanco". academia.gal. Consultado o 01 de xuño de 2018. 
  11. Álvarez Blanco, Rosario (2018). "Discurso da toma de posesión da Presidencia do Consello da Cultura Galega". Grial: revista galega de cultura 56 (219): 15–19. ISSN 0017-4181. 
  12. "RADIO.- Rosario Álvarez Blanco: "Pontevedra ten unha tradición culta que poucas cidades teñen"". Pontevedra Viva. Consultado o 2020-01-16. 
  13. "O Premio Otero Pedrayo recoñece as traxectorias de Rosario Álvarez e Menchu Lamas". Real Academia Galega. Consultado o 2021-11-11. 
  14. "ÁLVAREZ BLANCO, Rosario - PDI - USC". www.usc.es. Consultado o 25 de xuño de 2019. 
  15. Alvarez Blanco, María Rosario; Monteagudo Romero, Henrique; Regueira Fernández, Xosé Luis (1989). Gramática galega. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 8471545306. OCLC 18253271. 
  16. "Presentouse o sexto volume do Atlas Lingüístico Galego dedicado ao léxico da terra como espazo natural, das plantas e das árbores". xornal.usc.es. Arquivado dende o orixinal o 20 de xullo de 2016. Consultado o 25 de xuño de 2019. 
  17. Rosalía de Castro no século XXI. Unha nova ollada (PDF). CCG. 
  18. "Rosario Álvarez Blanco". Dialnet (en castelán). Consultado o 2022-08-31. 
  19. ——— (1983). "O artigo en galego: morfoloxía". Verba (10): 169–182. 
  20. ——— (1994). "Gramática descritiva e gramática prescritiva". Cadernos de Lingua (10): 19–36. 
  21. ——— (2010). "As razóns da norma: nós e nosoutros, nosoutras". Estudos de lingüística galega (2): 205–220. ISSN 1889-2566. 
  22. ——— (2014). ""Catalán, catalá". Breve percurso polo vocabulario e os textos en lingua galega". Estudis romànics (36): 325–332. ISSN 0211-8572. 
  23. ——— (2015). "The accusative clitic in intransitive verb constructions: Aí o vai, aquí as están". Dialectología (Extra 5): 191–217. ISSN 2013-2247. 
  24. ———; Blanco, Rosario Álvarez (2016). "O "Pranto da frota, por una ninfa galega" (c. 1702): tradición manuscrita, autoría, edición e estudo". Cuadernos de estudios del siglo XVIII (26): 233–270. ISSN 1131-9879. 
  25. ——— (2017). "La lengua gallega en el espejo. Edición y estudio de seis villancicos gallegos cantados fuera de Galicia antes de 1650". Madrygal: Revista de estudios gallegos (Extra 20): 25–39. ISSN 1138-9664. 
  26. ——— (2017). "A fala berciana na obra de Fernández Morales". Boletín da Real Academia Galega (378): 489–500. ISSN 1576-8767. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar


Predecesor:
Manuel González González
 Tesoureira da RAG 
2013 - 2017
Sucesor:
Marilar Aleixandre
Predecesor:
Ramón Villares
 Presidenta do Consello da Cultura Galega 
2018 - actualidade
Sucesor:
no cargo