Richard Mulcahy
Atención: Este artigo ou sección semella conter investigacións orixinais. |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2018.) |
Richard James Mulcahy ou Risteárd Séamus Ó Maolchatha en irlandés, nado o 10 de maio de 1886 en Waterford e finado o 16 de decembro de 1971 en Dublín, foi un político irlandés, xeneral do exército e Comandante en Xefe, líder do Fine Gael e ministro. Participou no Alzamento de Pascua de 1916 e foi Xefe do Estado Maior do IRA durante a Guerra da Independencia Irlandesa e comandante das forzas pro-tratado durante a Guerra Civil Irlandesa.
Nome orixinal | (ga) Risteárd Ó Maolchatha |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (en) Richard James Mulcahy 10 de maio de 1886 Waterford - Port Láirge, Irlanda |
Morte | 16 de decembro de 1971 (85 anos) Dublín, Irlanda |
Lugar de sepultura | Littleton |
Teachta Dála | |
20 de marzo de 1957 – 1 de setembro de 1961 (disolución do parlamento) Lexislatura: 16th Dáil (en) Circunscrición electoral: Tipperary South (en) Electo en: 1957 Irish general election (en) | |
Minister for Children, Equality, Disability, Integration and Youth (en) | |
2 de xuño de 1956 – 24 de outubro de 1956 – Patrick Lindsay (en) → | |
Teachta Dála | |
2 de xuño de 1954 – 13 de decembro de 1956 (disolución do parlamento) Lexislatura: 15th Dáil (en) Circunscrición electoral: Tipperary South (en) Electo en: 1954 Irish general election (en) | |
Minister for Education (Ireland) (en) | |
2 de xuño de 1954 – 20 de marzo de 1957 ← Seán Moylan (pt) – John Mary Lynch (pt) → | |
Teachta Dála | |
13 de xuño de 1951 – 23 de abril de 1954 (disolución do parlamento) Lexislatura: 14th Dáil (en) Circunscrición electoral: Tipperary South (en) Electo en: 1951 Irish general election (en) | |
Teachta Dála | |
18 de febreiro de 1948 – 2 de maio de 1951 (disolución do parlamento) Lexislatura: 13th Dáil (en) Circunscrición electoral: Tipperary South (en) Electo en: 1948 Irish general election (en) | |
Minister for Education (Ireland) (en) | |
18 de febreiro de 1948 – 13 de xuño de 1951 ← Thomas Derrig (en) – Seán Moylan (pt) → | |
Teachta Dála | |
9 de xuño de 1944 – 11 de decembro de 1947 (disolución do parlamento) Lexislatura: 12th Dáil (en) Circunscrición electoral: Tipperary (en) Electo en: 1944 Irish general election (en) | |
Líder da Oposição (Irlanda) (pt) | |
9 de xuño de 1944 – 18 de febreiro de 1948 ← W. T. Cosgrave – Éamon de Valera → | |
Leader of Fine Gael (en) | |
2 de xuño de 1944 – 21 de marzo de 1959 ← W. T. Cosgrave – James Dillon (en) → | |
Senador da Irlanda (pt) | |
8 de setembro de 1943 – 30 de xuño de 1944 Lexislatura: 4th Seanad (en) Circunscrición electoral: Labour Panel (en) | |
Teachta Dála | |
30 de xuño de 1938 – 26 de maio de 1943 (disolución do parlamento) Lexislatura: 10th Dáil (en) Circunscrición electoral: Dublin North–East (en) Electo en: 1938 Irish general election (en) | |
Senador da Irlanda (pt) | |
27 de abril de 1938 – 17 de xuño de 1938 Lexislatura: 2nd Seanad (en) Circunscrición electoral: Administrative Panel (en) | |
Teachta Dála | |
8 de setembro de 1933 – 14 de xuño de 1937 (disolución do parlamento) Lexislatura: 8th Dáil (en) Circunscrición electoral: Dublin North (en) | |
Teachta Dála | |
8 de febreiro de 1933 – 8 de setembro de 1933 (disolución do parlamento) Lexislatura: 8th Dáil (en) Circunscrición electoral: Dublin North (en) Electo en: 1933 Irish general election (en) | |
Teachta Dála | |
9 de marzo de 1932 – 22 de decembro de 1932 (disolución do parlamento) Lexislatura: 7th Dáil (en) Circunscrición electoral: Dublin North (en) Electo en: 1932 Irish general election (en) | |
Teachta Dála | |
11 de outubro de 1927 – 17 de decembro de 1931 (disolución do parlamento) Lexislatura: 6th Dáil (en) Circunscrición electoral: Dublin North (en) Electo en: September 1927 Irish general election (en) | |
Minister for Housing, Local Government and Heritage (en) | |
23 de xuño de 1927 – 9 de marzo de 1932 ← James Aloysius Burke (pt) – Seán T. O'Kelly (pt) → | |
Teachta Dála | |
23 de xuño de 1927 – 16 de agosto de 1927 (disolución do parlamento) Lexislatura: 5th Dáil (en) Circunscrición electoral: Dublin North (en) Electo en: June 1927 Irish general election (en) | |
Teachta Dála | |
19 de setembro de 1923 – 20 de maio de 1927 (disolución do parlamento) Lexislatura: 4th Dáil (en) Circunscrición electoral: Dublin North (en) Electo en: 1923 Irish general election (en) | |
Teachta Dála | |
9 de setembro de 1922 – 9 de agosto de 1923 (disolución do parlamento) Lexislatura: 3rd Dáil (en) Circunscrición electoral: Dublin North–West (en) Electo en: 1922 Irish general election (en) | |
Ministro da Defesa (pt) | |
10 de xaneiro de 1922 – 19 de marzo de 1924 ← Cathal Brugha – W. T. Cosgrave → | |
Teachta Dála | |
16 de agosto de 1921 – 8 de xuño de 1922 (disolución do parlamento) Lexislatura: 2nd Dáil (en) Circunscrición electoral: Dublin North–West (en) Electo en: 1921 Irish elections (en) | |
Ministro da Defesa (pt) | |
22 de xaneiro de 1919 – 1 de abril de 1919 – Cathal Brugha → | |
Teachta Dála | |
21 de xaneiro de 1919 – 10 de maio de 1921 (disolución do parlamento) Lexislatura: 1st Dáil (en) Circunscrición electoral: Dublin Clontarf (en) Electo en: 1918 Irish general election (en) | |
Membro do 31º Parlamento do Reino Unido | |
14 de decembro de 1918 – 26 de outubro de 1922 (disolución do parlamento) Lexislatura: 31º Parlamento do Reino Unido (pt) Circunscrición electoral: Dublin Clontarf (en) | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Educación | University College Dublin |
Actividade | |
Lugar de traballo | Londres |
Ocupación | político |
Partido político | Fine Gael |
Membro de | |
Carreira militar | |
Rango militar | Xeneral |
Familia | |
Cónxuxe | Josephine Ryan |
Descrito pola fonte | Thom's Irish Who's Who (en) |
Primeiros anos e Alzamento de Pascua de 1916
editarRichard Mulcahy naceu en Manor Street, Waterford, o 10 de maio de 1886. Foi educado na Escola dos Irmáns Cristiáns Monte Sion e posteriormente en Thurles (condado de Tipperary), onde seu pai dirixía a oficina de correos. Unha das súas avoas era unha cuáquera que foi desherdada por casar cun católico. En 1902 entrou a traballar na Oficina de Correos e traballou en Thurles, Bantry, Wexford e Dublín. Foi membro dos Voluntarios Irlandeses dende 1913, e se uniu tamén á Irmandade Republicana Irlandesa e á Liga Gaélica.
Durante o Alzamento de Pascua participou xunto a Thomas Ashe (que morrería durante unha folga de fame) nunha acción contra a Royal Irish Constabulary en Waterford. Detido polas forzas británicas, foi internado en Knutsford e no Campo de Internamento de Frongoch, en Gales, ata a súa liberación o 24 de decembro de 1916.
Guerra de Independencia e Guerra Civil
editarTras ser posto en liberdade, uniuse inmediatamente ao movemento republicano e se converteu en comandante da Brigada de Dublín dos Voluntarios Irlandeses. Elixido deputado nas eleccións de 1918, foi nomeado Ministro da Guerra no goberno republicano. En marzo de 1919 foi nomeado Xefe do Estado Maior do IRA, posto que mantivo ata xaneiro de 1922.
El e Michael Collins foron os artífices da campaña militar contra o goberno británico durante a Guerra da Independencia Irlandesa. En 1919 contraeu matrimonio con Mary Josephine Ryan, irmá de James Ryan e de Kate e Phyllis Ryan, esposas sucesivas de Seán O'Kelly. Ambos homes acabaron formando parte dos gobernos do Fianna Fáil.
Trala sinatura do Tratado Anglo-Irlandés de 1921, Mulcahy uniuse aos pro-tratadistas e foi nomeado Comandante en Xefe do exército do Goberno Provisional durante a Guerra Civil Irlandesa. Súa foi a orde de executar a aqueles activistas anti-tratado aos que se encontrara portando armas, sendo un total de 77 prisioneiros executados polo Goberno Provisional. Mulcahy ocupou despois o cargo de Ministro da Guerra do Estado Libre Irlandés entre xaneiro e marzo de 1924, mais dimitiu tralas críticas recibidas polo goberno sobre a súa xestión do coñecido como "motín do exército", protagonizado polos militares veteranos que foron desmovilizados ao concluír a guerra civil. Porén volveu entrar no goberno en 1927 á fronte do Ministerio de Goberno Local e Saúde Pública.
Vida política posterior
editarDurante a súa vida política, os seus resultados electorais no Dáil Éireann flutuaron. Foi elixido TD (Teachta Dála, Membro do Parlamento) pola circunscrición de Dublín Noroeste nas eleccións xerais de 1921 e 1922. Ao ano seguinte, nas eleccións de 1923, presentouse por Dublín Nordeste, onde volveu gañar en 1927 (xuño e setembro), 1932 e 1933.
En 1937 foi derrotado, mais conseguiu ser elixido senador no Seanad Éireann (o senado irlandés) trala votación do Panel Administrativo. O Segundo Senado non chegou aos dous meses de vida, e foi elixido novamente deputado do Dáil por Dublín Nordeste nas eleccións de 1938. Derrotado novamente en 1943, formou parte do Cuarto Senado tras ser votado polo Panel de Traballo.
Líder do Fine Gael
editarTrala dimisión de William Cosgrave en 1944, Mulcahy converteuse no novo líder do Fine Gael dende o seu posto de senador, mentres que Thomas O'Higgins era o líder do partido no Dáil. Nas eleccións dese mesmo ano, Mulcahy se presentou por Tipperary, regresando novamente ao Parlamento.
Mulcahy tivo que enfrontarse daquela á tarefa de revivir un partido que non gañara unhas eleccións dende 1932. Nas súas primeiras eleccións como líder do partido, preparou unha lista rexuvenecida. Conseguiu apartar a imaxe de antipatía de Cosgrave viaxando polo país e conseguindo levar novos aires ao Fine Gael. Aínda que isto serviu para deter o declive do partido, as súas expectativas de futuro aínda non estaban claras.
Tralas eleccións de 1948 subiu ao poder o primeiro goberno de coalición da historia de Irlanda. O Fine Gael, o Partido Laborista, o Partido Nacional do Traballo, Clann na Poblachta e Clann na Talmhan se uniron para desprazar ao Fianna Fáil do poder. A posibilidade dun pacto fora suxerida durante a campaña por algúns deputados independentes e outros do Fine Gael. Porén, foi Mulcahy quen decidiu poñer en práctica ese plan para tratar de lograr un goberno viable. Dado que o Fine Gael era o partido maioritario neste novo goberno, correspondeulle a elección do Taoiseach, que parecía probable que recaera en Mulcahy. Mais os republicanos de Clann na Poblachta, liderados por Seán MacBride, consideraban este nomeamento inaceptable debido ás execucións ordenadas por el durante a guerra civil. Sen o apoio dos republicanos, a coalición reducíase a 17 escanos da maioría absoluta, polo que Mulcahy decidiu retirarse e apoiar a candidatura do seu compañeiro de partido John Costello, que se convertería no líder parlamentario do Fine Gael mentres que Mulcahy exercería funcións so nominais no partido.
Entre 1948 e 1951, Mulcahy ocupou o cargo de Ministro de Educación e Ciencia. Tralas eleccións de 1954, un novo goberno de coalición ocupou o poder e Mulcahy repetiu na carteira de Educación ata 1959. En outubro de 1960 anunciou aos seus compañeiros de Tipperary que non pensaba presentarse á reelección en 1961.
Mulcahy finou en 1971 en Dublín a causa da súa avanzada idade. Tiña 85 anos.