Abrir o menú principal
County Tipperary
Contae Thiobraid Árann
Flag of county Tipperary.svg
Bandeira Escudo
Mapa
IrelandTipperary.png
Información
País Flag of Ireland.svg República de Irlanda
Provincia Flag of Munster.svg Munster
Capital Norte: Nenagh
Sur: Clonmel
Superficie 4.303 km2
Poboación 149.040 (2006)
Código Norte: TN
Sur: TS
Norte: tipperarynorth.ie
Sur: southtippcoco.ie

O condado de Tipperary (en gaélico irlandés Tiobraid Árainn) é un condado da provincia de Munster (República de Irlanda). O condado está dividido en dous condados administrativos, o do Norte e o do Sur, aínda que o conxunto segue mantendo funcións relacionadas coa cultura e os deportes.

Os condados veciños de Tipperary son Offaly ao norte, Laois ao nordeste, Kilkenny ao leste, Waterford ao sur, Cork ao suroeste, Limerick e Clare ao oeste e Galway ao noroeste.

Índice

XeografíaEditar

Tipperary é o sexto maior condado de Irlanda seguindo a súa area, e o undécimo por poboación.[1] É o terceiro maior condado da provincia, por área, e o terceiro por poboación. A paisaxe forma parte da planicie central de Irlanda, aínda que posúe diversas serras: os Knockmealdown, as Galtee, os Arra Hills e a Silvermine. A zona meridional do condado está mollado polo Río Suir; mentres que a setentrional polos afluentes do río Shannon que se ensancha no Lough Derg. Non ten costas. A zona central é coñécese como 'o Val Dourado', unha rica terra de pastos da conca do Suir que se estende polos condados de Limerick e Cork.

BaroníasEditar

O condado posúe seis baronías históricas no Tipperary Norte: Eliogarty, Ikerrin, Alto Ormond, Baixo Ormond, Owney and Arra e Alto Kilnamanagh; e outras seis no Tipperary Sur: Clanwilliam, Baixo Kilnamanagh, Iffa e Offa Leste, Iffa e Offa Oeste, Middle Third, e Slievardagh.

ParroquiasEditar

As parroquias foron trazadas tras o Down Survey como subdivisións intermedias, con múltiples aldeas (townlands) por parroquias e múltiples parroquias por baronía. As parroquias civís tiveron algún uso para impostos locais e foron incluídas nos mapas do século XIX da Ordnance Survey of Ireland (o organismo cartográfico gobernamental irlandés).[2] Para os propósitos da poor law (sistema de axuda para os pobres), as divisións electorais de distrito substituíron as parroquias civís a mediados do século XIX. Hai 199 parroquias civís no condado.[3] As aldeas son as divisións máis miúdas oficialmente de Irlanda, habendo un total de 3.159 neste condado.[4]

PoboaciónsEditar

 
Castelo de Ardfinnan

NotasEditar

  1. Corry, Eoghan (2005). Hodder Headline Ireland, ed. The GAA Book of Lists. pp. 186–191. 
  2. Ordnance Survey of Ireland (ed.). "Interactive map (civil parish boundaries viewable in Historic layer)". Mapviewer. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2010. Consultado o 4 de xuño de 2012. 
  3. "Placenames Database of Ireland - Tipperary civil parishes.". Arquivado dende o orixinal o 20 de setembro de 2012. Consultado o 05 de xuño de 2012. 
  4. "Placenames Database of Ireland - Tipperary townlands.". Arquivado dende o orixinal o 20 de setembro de 2012. Consultado o 05 de xuño de 2012. 

Véxase taménEditar