Clonmel
Clonmel (Cluain Meala en irlandés) é unha cidade de Irlanda, capital e maior cidade de Tipperary Sur, con 16.910 habitantes. Tamén é a maior cidade do interior do Sur de Irlanda. A cidade está bañada polo Río Suir e está cercada por montañas e outeiros. Parte da cidade se encontra no Condado de Waterford (a parte que está despois de cruzar o Río Suir). É centro agropecuario e posúa industrias alimentarias, de calzado e unha importante fábrica de cervexa, a Bulmers (unha das maiores marcas irlandesas de cervexa), que ten sede na propia cidade de Clonmel.
Cluain Meala (ga) | ||||
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Irlanda | |||
Provincias | Munster | |||
Entidade administrativa desaparecida | Condado de Tipperary | |||
Capital de | ||||
Xeografía | ||||
Superficie | 10,5 km² | |||
Altitude | 20 m | |||
Datos históricos | ||||
Evento clave
| ||||
Identificador descritivo | ||||
Fuso horario | ||||
Outro | ||||
Irmandado con | ||||
Sitio web | clonmel.ie |
Historia
editarClonmel foi construída na Idade Media, e conserva moitos elementos que lembran o seu pasado, tales como parte da muralla que a rodeaba. Oliver Cromwell sitiou a cidade en 1650.
Clonmel foi sempre un centro importante de comercio. O Suir era xa navegable ata Clonmel contra 1760 e a realización dos traballos neste río durante o século XIX permitiu que barcos de maior calado acandaran os peiraos da localidade.