Bráithreachas na Poblachta

(Redirección desde «Irmandade Republicana Irlandesa»)

A Bráithreachas na Poblachta (en inglés Irish Republican Brotherhood, e en galego, Irmandade Republicana Irlandesa) foi unha organización armada clandestina irlandesa que operou na illa entre 1858 e 1924 co obxectivo de conseguir unha "República irlandesa independente e democrática".

O Executivo dos Fenianos Irlandeses entre o que se atopan algúns membros fundadores da Irmandade Republicana Irlandessa como James Stephens, Charles Kickham, John O'Connor, John O'Leary, Thomas Clarke Luby, Denis Dowling Mulcahy, William Roantree e Jeremiah O'Donovan Rossa.

Historia

editar

Fundada en 1858 por James Stephens, Thomas Clarke, John O´leary e Charles Kickham para combater a dominación británica, tras a prohibición por parte destes do xornal republicano Irish People iniciou a loita armada na chamada Revolución Feniana (1867), que fracasaría. Tras pasar case 50 anos desenvolvendo unha escasa actividade, pasou a xogar un papel destacado no Alzamento de Pascua de 1916 e na Guerra de Independencia Irlandesa acontecida entre 1919 e 1921. O tratado de paz que puxo fin ao conflito supuxo a división en dous bandos da organización, entre os que o acataron, liderados por Michael Collins e os que o rexeitaron, baixo o mando de Ernie O'Malley. A derrota destes últimos culminou coa disolución da Irmandade polo seu último líder, Richard Mulcahy, ao considerar que os obxectivos xa foran cumpridos.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar