Bráithreachas na Poblachta
A Bráithreachas na Poblachta (en inglés Irish Republican Brotherhood, e en galego, Irmandade Republicana Irlandesa) foi unha organización armada clandestina irlandesa que operou na illa entre 1858 e 1924 co obxectivo de conseguir unha "República irlandesa independente e democrática".
Historia
editarFundada en 1858 por James Stephens, Thomas Clarke, John O´leary e Charles Kickham para combater a dominación británica, tras a prohibición por parte destes do xornal republicano Irish People iniciou a loita armada na chamada Revolución Feniana (1867), que fracasaría. Tras pasar case 50 anos desenvolvendo unha escasa actividade, pasou a xogar un papel destacado no Alzamento de Pascua de 1916 e na Guerra de Independencia Irlandesa acontecida entre 1919 e 1921. O tratado de paz que puxo fin ao conflito supuxo a división en dous bandos da organización, entre os que o acataron, liderados por Michael Collins e os que o rexeitaron, baixo o mando de Ernie O'Malley. A derrota destes últimos culminou coa disolución da Irmandade polo seu último líder, Richard Mulcahy, ao considerar que os obxectivos xa foran cumpridos.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bráithreachas na Poblachta |