Abrir o menú principal

Real Club Deportivo Mallorca

(Redirixido desde "Real Mallorca")

O Real Club Deportivo Mallorca S.A.D. (en catalán: Reial Club Deportiu Mallorca) é un club de fútbol español da cidade de Palma, na illa balear de Mallorca. Foi fundado en 1916 e compite na Primeira División, logo de ascender na tempada 2018–19.

Mallorca
NomeReal Club Deportivo Mallorca, S.A.D.
Alcume(s)Los Bermellones;
Els Barralets;
La Ensaimada Mecánica
Fundación1916
EstadioSon Moix,
Palma, España
Inauguración1999
Capacidade23.142
PresidenteAlemaña Utz Claassen
AdestradorEspaña Javier Olaizola
LigaPrimeira División
2018–195.º (Segunda División)
VestimentaUmbro
PatrocinadorBetpoint
Páxina webPáxina web
Na casa
Fóra
Terceira

Conta no seu palmarés cunha Copa do Rei (2003) e unha Supercopa (1998). Ademais, na tempada 1998/99 o equipo balear foi subcampión da Recopa de Europa. Participou tamén en dúas edicións da Liga de Campións e en tres da Copa da UEFA.

HistoriaEditar

Primeiros anosEditar

O Mallorca fundouse no ano 1916 co nome de Alfonso XIII FBC. O primeiro estadio, o campo de Buenos Aires, inaugurouse cun encontro fronte ao FC Barcelona resultando nunha vitoria para os visitantes de 0-8. O Alfonso XIII disputou o seu primeiro partido ante o Iluro de Mataró e o resultado foi 1-1. O 28 de xuño dese mesmo ano o Rei Afonso XIII honrou ao equipo co título de Real Sociedad polo que o equipo pasou a denominarse Real Sociedad Alfonso XIII.

En 1917, a Federación catalá admitiu a Real Sociedad Alfonso XIII para que tomase parte no campionato de Segunda Liga en calidade de campión oficioso de Baleares. O equipo mallorquín chegou á final xogada en Barcelona contra o Palafrugell ao que venceu por 3-1 logrando así o seu primeiro título.

En 1931 cámbiase o nome por RCD Mallorca. O 22 de setembro de 1945, inaugúrase Es Fortí, novo estadio do RCD Mallorca. Esta mesma tempada a directiva decide cambiar o nome ao estadio impoñéndolle o de Lluís Sitjar, a persoa que tres anos antes impulsara a construción do campo.

En 1960, o RCD Mallorca consegue o seu primeiro ascenso á División de Honor, con Juan Carlos Lorenzo de adestrador e Jaime Rosselló de presidente.

Década de 1990Editar

 
O escudo do RCD Mallorca estampado nun dos avións da aeroliña alemá LTU.

En 1991 disputaron por primeira vez, a final da Copa do Rei ante o Atlético de Madrid con quen caeron na prórroga, por 1-0. Tralo seu paso pola 2ª División, na Tempada 96/97 conseguiu o seu sétimo ascenso a 1ª División, estando como Presidente Bartolomé Beltrán.

Na Tempada 97/98, conseguen realizar a mellor tempada da súa historia, se ficha a Héctor Cúper como adestrador. Ao cabo dun ano o equipo consegue o Subcampionato da Copa do Rei logo de ser derrotado fronte ao FC Barcelona na ronda de penaltis logo de concluír o partido e a prórroga con 1-1. Ademais de conseguir terminar a Liga en 5º lugar, en posición UEFA.

O 22 de agosto de 1999, conseguiron o primeiro título oficial da súa historia (A Supercopa de España) ao impoñerse ao Barça 0-1 no Camp Nou e 2-1 en Palma un día anterior, onde estrearon o novo estadio Son Moix, isto deulle opción a xogar a Recopa de Europa, torneo ao que chegou á final na seguinte Tempada e que caeu fronte ao Lazio por 2-1, conseguindo así o subcampionato na súa última edición desta Copa. Na Liga, quedou clasificado en 3ª posición -o mellor lugar da historia-, por detrás do FC Barcelona e o Real Madrid, obtendo así unha praza que o habilitou para disputar a fase preliminar da Liga de Campións e, posteriormente, a Copa da UEFA.

O día 5 de xaneiro do 2000 a Federación de Historia e Estatísticas do Fútbol designa ao R.C.D. Mallorca o oitavo mellor equipo do mundo no ano 1999. O RCD Mallorca, adestrado por Luís Aragonés, consegue o terceiro posto na Liga, con récord de puntuación na historia do Club, 71 puntos. Desta forma, clasifícase por segunda vez para tomar parte na Champions League. Igualmente, consegue récord de goles (61) e de vitorias (20) e encaixa o menor número de derrotas en Primeira (7).

Novo milenioEditar

Durante a primeira tempada do novo milenio, entre os anos 2000 e 2001, o equipo consegue a terceira posición dentro da primeira división polo que consegue clasificarse para a tempada 2001/02 da Champions League.

Durante a tempada 2002/2003, o Real Mallorca gaña a Copa do Rei disputada en Elx ante o Recreativo de Huelva por un total de 3-0, cun gol de Walter Pandiani e dous de Samuel Eto'o.

UniformeEditar

  • Uniforme titular: Camiseta vermella, pantalón negro, medias negras.
  • Uniforme alternativo: Camiseta branca, pantalón branco, medias brancas.

EstadioEditar

 
Iberostar Estadi.
Artigo principal: Iberostar Estadi.

Actualmente o equipo teñen a súa sede no Iberostar Estadi (antigamente chamado Ono Estadi e Son Moix), que desde 1999 substituíu o estadio Lluís Sitjar (1945).

O Iberostar Estadi ten capacidade para 23.142 e ten unhas dimensións de 107x69 metros, é propiedade do concello local e debe o seu nome ao acordo de patrocinio entre Iberostar e o Real Club Deportivo Mallorca polo que se converteu no primeiro estadio de España que leva o nome dunha empresa.

Datos do clubEditar

XogadoresEditar

Cadro actualEditar

Actualizado a 15 de outubro de 2012.

Posto País Xogador
1 POR   Juan Calatayud
2 DEF   Alan Hutton
3 MED   João Victor
4 DEF   Anderson Conceição
5 MED   Tomás Pina
5 DEF   Antonio López
7 MED   Michael Pereira
8 DIA   Emilio Nsue
9 MED   Giovani dos Santos
10 DIA   Tomer Hemed
11 MED   Javi Márquez
12 MED   Fernando Tissone
13 POR   Dudu Aouate
Posto País Xogador
14 DEF   Pedro Geromel
16 DEF   Nunes  1
17 DEF   Pedro Bigas
18 DIA   Víctor Casadesús
19 MED   Martí  2
20 DEF   Antonio Luna
21 MED   Alejandro Alfaro
22 DIA   Javier Arizmendi
23 DEF   Kevin García
24 MED   Andreu Fontàs
25 POR   Rubén Miño
27 DEF   Ximo Navarro
30 DIA   Álvaro Giménez

PalmarésEditar

FilialEditar

Artigo principal: RCD Mallorca B.

O filial do Mallorca é o Real Club Deportivo Mallorca B, fundado en 1983 e que actualmente milita na Segunda División B Española.

Véxase taménEditar