Estadi de Son Moix
O Estadi de Son Moix (previamente coñecido coma Ono Estadi e máis tarde coma Iberostar Estadi por motivos de patrocinio[1]) é un estadio de fútbol situado na cidade de Palma, nas Illas Baleares.
Son Moix | ||||
---|---|---|---|---|
![]() Estadio de Son Moix. | ||||
Tipo | estadio de fútbol ![]() | |||
Parte de | Palau Municipal d'Esports Son Moix (en) ![]() ![]() | |||
Deporte | fútbol ![]() | |||
Persoas e organizacións | ||||
Operador/a | RCD Mallorca ![]() | |||
Ocupante | RCD Mallorca ![]() | |||
Propietario/a | Ajuntament de Palma | |||
Arquitecto/a | Antonio Lamela (pt) ![]() ![]() | |||
Datas | ||||
Fundación | 1999 ![]() | |||
Inauguración | xuño de 1999 | |||
Acontecementos | ||||
Dimensións | ||||
Capacidade | 23.142 | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Illas Baleares | |||
Illa | Mallorca | |||
Cidade | Palma ![]() | |||
Localización | Palma, España ![]() | |||
[ Wikidata ] |
Son Moix foi construído para a celebración da Universiada en Palma en 1999. É o estadio onde disputa os partidos o RCD Mallorca desde o ano 1999, xa que o club conseguiu chegar a un acordo co concello da cidade para a súa explotación con fins deportivos por un período de 50 anos. Entre 2010 e 2017 levou o nome da cadea hoteleira Iberostar.[1]
O estadio está situado no Camí dels Reis s/n no polígono industrial Can Valero de Palma, a uns 3 quilómetros do centro da cidade.
Instalacións
editarTen capacidade para 23.142 espectadores e ten unhas dimensións de 105 x 68 metros. O estadio dispón de 2000 focos de luces, zona de prensa de 150 metros cadrados e capacidade para albergar uns 300 xornalistas. A zona de aparcadoiros dispón de 1.500 m² para unidades móbiles de televisión, 40 prazas para prensa e 2700 para público en xeral. Nesta tempada construíronse unhas bancadas supletorias que están xusto debaixo da tribuna cuberta, e tamén agrandaron o palco presidencial.
Novo estadio
editarO RCD Mallorca presentou o seu proxecto para a construción dun novo estadio de 40.000 espectadores para o club. Trátase dun proxecto do Estudo Lamela que inclúe, ademais do novo estadio, a construción de 3 rañaceos de 34, 22 e 16 plantas, chegando o maior deles a alcanzar os 160 metros de altura.
As torres terían un espazo total de 200.000 m² e contarían con centro de convencións, centro comercial e un gran aparcadoiro.
Aínda non se coñece cal podería ser a localización, xa que ademais do lugar que ocupa o actual estadio do club (propiedade municipal), a entidade propón outras 4 posibles localizacións. As institucións con todo prefiren que o estadio quede onde está, aínda que se que se mostran receptivas ao proxecto e as torres.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "Nace Iberostar Estadi". Arquivado dende o orixinal o 07 de decembro de 2013. Consultado o 24 de setembro de 2010.
Ligazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Estadi de Son Moix |