Universíada

Bandeira da Federación Internacional de Deportes Universitarios.

Os Xogos Universitarios ou Universíadas son os eventos deportivos internacionais que reúnen aos atletas universitarios de todo o planeta. As Universíadas son organizadas pola Federación Internacional de Deportes Universitarios (FISU). A palabra "Universíada" provén da combinación das palabras "Universidade" e "Olimpiadas", tamén se utilizan termos máis correctos como Xogos Mundiais Universitarios ou Xogos Mundiais de Estudantes, aínda que actualmente o seu uso é frecuente en competicións estudantís non universitarias.

Os deportes que se practican nos Xogos Universitarios de verán son: fútbol, cravados, atletismo, baloncesto, ximnasia, esgrima, judo, loita, tiro, waterpolo, taekwondo, tenis, voleibol, vela e natación. Pola súa banda, nas Universíadas de Inverno practícanse: esquí alpino, cross-country, salto en esquí, combinado nórdico, biatlón, snowboard, curling, patinaxe artístico, patinaxe de velocidade e hóckey sobre xeo.

Xogos Mundiais de Estudantes (Pre-Universíadas)Editar

Un "Campionato Internacional de Universidades" celebrouse por vez primeira en 1923 promovido pola Union Nationale des Étudiants de France (UNEF). Os Xogos Mundiais de Estudantes de Verán empezaron a celebrarse oficialmente a partir de 1924 e eran organizados pola Confédération Internationale des Étudiants (CIE), en 1930 foron renomeados e pasaron a denominarse Xogos Universitarios Internacionais. En 1949 decidiuse que se celebrarían cada dous anos co nome de Semana Universitaria Internacioanal de Deportes de Verán, organizado pola Fédération Internationale du Sport Universitaire (FISU), empezaron a chamarse Xogos Mundiais de Estudantes a partir de 1957. O termo Universíadas foi utilizado por primeira vez nos xogos de Turín 1959.

Xogos Mundiais de Estudantes (UIE)Editar

Os primeiros Xogos Mundiais de Estudantes oficiais celebráronse en 1924 e foron organizados pola Fédération Internationale du Sport Universitaire (FISU) desde 1949. Un evento alternativo foi organizado pola Union Internationale des Étudiants (UIE) desde 1947 ata 1962, incluíndo uns xogos non oficiais en 1954.

UniversíadasEditar

Ano Edición Universíadas de verán Edición Universíadas de inverno
1959 I Universíada   Turín, Italia
1960 I Universíada   Chamonix, Francia
1961 II Universíada   Sofía, Bulgaria
1962 II Universíada   Villars, Suíza
1963 III Universíada   Porto Alegre, Brasil
1964 III Universíada   Špindlerův Mlýn, Checoslovaquia
1965 IV Universíada   Budapest, Hungría
1966 IV Universíada   Sestriere, Italia
1967 V Universíada   Toquio, Xapón
1968 V Universíada   Innsbruck, Austria
1970 VI Universíada   Turín, Italia VI Universíada   Rovaniemi, Finlandia
1972 VII Universíada   Lake Placid, Estados Unidos
1973 VII Universíada   Moscova, Unión Soviética
1975 VIII Universíada   Roma, Italia VIII Universíada  , Livigno, Italia
1977 IX Universíada   Sofía, Bulgaria
1978 IX Universíada   Špindlerův Mlýn, Checoslovaquia
1979 X Universíada   Cidade de México, México
1981 XI Universíada   Bucarest, Romanía X Universíada   Jaca, España
1983 XII Universíada   Edmonton, Canadá XI Universíada   Sofía, Bulgaria
1985 XIII Universíada   Kōbe, Xapón XII Universíada   Belluno, Italia
1987 XIV Universíada   Zagreb, Iugoslavia XIII Universíada   Štrbské Pleso, Checoslovaquia
1989 XV Universíada   Duisburg, Alemaña Federal XIV Universíada   Sofía, Bulgaria
1991 XVI Universíada   Sheffield, Reino Unido XV Universíada   Sapporo, Xapón
1993 XVII Universíada   Buffalo, Estados Unidos XVI Universíada   Zakopane, Polonia
1995 XVIII Universíada   Fukuoka, Xapón XVII Universíada   Jaca, España
1997 XIX Universíada   Sicilia, Italia XVIII Universíada   Muju, Corea do Sur
1999 XX Universíada   Palma de Mallorca, España XIX Universíada   Poprad Tatry, Eslovaquia
2001 XXI Universíada   Pequín, China XX Universíada   Zakopane, Polonia
2003 XXII Universíada   Daegu, Corea do Sur XXI Universíada   Tarvisio, Italia
2005 XXIII Universíada   Esmirna, Turquía XXII Universíada   Innsbruck, Austria
2007 XXIV Universíada   Bangkok, Tailandia XXIII Universíada   Turín, Italia
2009 XXV Universíada   Belgrado, Serbia XXIV Universíada   Harbin, China
2011 XXVI Universíada   Shenzhen, China XXV Universíada   Erzurum, Turquía
2013 XXVII Universíada   Kazán, Rusia XXVI Universíada   Trentino, Italia
2015 XXVIII Universíada   Gwangju, Corea do Sur XXVII Universíada   Granada, España
2017 XXIX Universíada   Taipei, Taiwán XXVIII Universíada   Almaty, Casaquistán
2019 XXX Universíada   Brasilia, Brasil XXIX Universíada   Krasnojarsk, Rusia

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar