Abrir o menú principal

Ramón Ferreiro Lago

notario e escritor galego

Ramón Ferreiro Lago, nado en Mondoñedo o 20 de xaneiro de 1872 e finado no Carballiño o 25 de xullo de 1962[1], foi un avogado, escritor e xornalista galego.

Ramón Ferreiro Lago
Ramón Ferreiro Lago 1934.jpg
Retrato en Vida Gallega, 1934.
Nacemento20 de xaneiro de 1872
 Mondoñedo
Falecemento25 de xullo de 1962
 O Carballiño
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónnotario, escritor e xornalista
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Fillo de Jesús Ferreiro Hermida e Pascuala de Lago Baamonde Montenegro Pérez Villarmea. Estudou dereito. Fundou en Valladolid a Revista Notarial de Castilla la Vieja (1898). Ingresou por oposición no notariado en 1907. Foi notario en Ledesma (1912), Belchite (1915), Cerdedo (1916), Rábade (1918)[2] e Vilalba (1924), onde fundou a Unión Ciudadana Anticaciquil da que foi secretario[3]. En 1925 pasou a ser notario de Lodosa (Navarra) e ao ano seguinte do Carballiño. No Carballiño dirixiu os periódicos Hermandad (1928), Vanguardia Republicana (1931) e La Tribuna Forense Gallega. Colaborou en Faro Villalbés. Foi membro do Partido Republicano Gallego e despois integrouse en Izquierda Republicana da que foi elixido presidente no Carballiño[4]. En novembro de 1934 pasou a desempeñar a notaría de Carballo. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi xulgado na Coruña por rebelión e o seu proceso foi sobresido. Foi novamente xulgado na Coruña en 1939 por inxurias ao xefe do Estado, acusado de insultar a Franco durante unha representación teatral, e novamente sobresido. No franquismo foi notario na Estrada (1940) e Sueca, onde se xubilou en 1947.

ObrasEditar

  • Código civil. Cuestiones selectas, 1897.
  • Condición juridica de la mujer. Estudio filosófico, historico y del código civil, 1902.
  • El gobierno de Sancho. Estudio filosófico-crítico (con José María de Mariscal y Luis), 1905.
  • Los nuevos horizontes del Derecho civil y el provenir de la institución notarial, 1917.

RecoñecementosEditar

Era cabaleiro da Orde de Afonso XII e comendador da Orde de Sabela a Católica.

Vida persoalEditar

Casou con Concepción Rodríguez Meyre en 1906[5]. Foi tío de Fernando e Ramón Ferreiro Rodríguez.

NotasEditar

  1. Noticia en ABC
  2. El Progreso, 13-6-1918, p. 2.
  3. El Regional, 14-1-1926, p. 3.
  4. El Pueblo Gallego, 27-6-1934, p. 10.
  5. El Eco de Santiago, 4-9-1906, p. 1.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar