María do Carmo Ríos Panisse

filóloga e profesora galega
(Redirección desde «Ríos Panisse»)

María do Carme Ríos Panisse, nada en Santiago de Compostela o 18 de maio de 1946, é unha filóloga galega.

Modelo:BiografíaMaría do Carmo Ríos Panisse
Biografía
Nacemento18 de maio de 1946 Editar o valor en Wikidata (78 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfilóloga, profesora de ensino secundario Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeAntón Santamarina Editar o valor en Wikidata
FillosDuarte Santamarina Ríos, Cibrán Santamarina Ríos Editar o valor en Wikidata
NaiMaría del Portal Panisse Editar o valor en Wikidata

BNE: XX917154 BUSC: rios-panisse-maria-do-carme-1946 Dialnet: 47986

Traxectoria

editar

É filla da química e farmacéutica María del Portal Panisse e do químico, farmacéutico e doutor en física Enríque Ríos Suárez. Graduouse en Filosofía e Letras en 1968 na Universidade de Santiago de Compostela coa tese Vida mariñeira de Sada. Contribución pra un estudo lingüístico. Doutorouse en 1973 coa tese Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia.

É a primeira persoa en ocupar unha praza de profesor ou profesora de Lingua e Literatura Galega no ensino secundario como catedrática no IES Rosalía de Castro de Compostela desde 1981 até a súa xubilación en 2006. Anteriormente foi profesora no IES Xelmírez, na facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela e no propio IES Rosalía de Castro. Participou na Agrupación Cultural O Galo de Santiago e no Instituto da Lingua Galega. Neste último colaborou na creación do proxecto do tesouro lexicográfico galego.

En 1973 participou no Atlas lingüístico de los marineros peninsulares dirixido por Manuel Alvar.

Vida persoal

editar

Casou con Antón Santamarina. É nai de Cibrán e Duarte Santamarina Ríos.

  • Vida mariñeira de Sada. Contribución pra un estudo lingüístico (Verba. Anuario Galego de Filoloxía vol. 1, 1974).
  • Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia. I. Invertebrados y peces (Verba. Anexo nº 7, 1977).
  • Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia. II. Mamíferos, aves y algas (Verba. Anexo nº 19, 1983).

Amais, publicou numerosos artigos en revistas como Grial ("Contos da miña terra (1864), primeira edición do conto galego atribuído a Rosalía de Castro", 1995)[1], en Dorna ("Consideracións didácticas sobre a literatura galega: o problema do funcionamento do texto literario nunha situación lingüística e cultural non normalizada"[cando?]) ou no Anuario de Estudios Literarios Galegos. Tamén é autora de relatorios sobre lingua e literatura galegas en homenaxe a Ramón Otero Pedrayo, Álvaro Cunqueiro ou Celso Emilio Ferreiro.

No libro Os séculos escuros, coordinado por Anxo Tarrío (Hércules de Ediciones, A Coruña, 2000), foi responsable dos capítulos dedicados ó Prerrexurdimento e ós inicios do Rexurdimento. É tamén autora de edicións críticas de Devalar, de Otero Pedrayo (1992), e Obra poética dispersa de Xoán Manuel Pintos Villar (2006).[2][3]

  1. Ríos Panisse, M. C. (abril-xuño de 1995). "Contos da miña terra (1864), primeira edición do conto galego atribuído a Rosalía de Castro". Grial (Galaxia) (126): 257–280. 
  2. Rede de Bibliotecas de Galicia.
  3. "Carme Ríos Panisse recupera a poesía de Pintos Villar nunha edición crítica", La Voz de Galicia, 15/3/2007.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar