Carballo mediterráneo

especie de carballo
(Redirección desde «Quercus canariensis»)
Carballo mediterráneo

Carballo mediterráneo (Quercus canariensis)
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Plantae
Subreino: Tracheobionta
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Subclase: Hamamelidae
Orde: Fagales
Familia: Fagaceae
Xénero: Quercus
Subxénero: Quercus
Sección: Mesobalanus
Especie: Quercus canariensis

O carballo mediterráneo[1] (Quercus canariensis), é unha árbore rexa, de até 30 m de altura cando medra en boas condicións, con copa ampla e densa que proxecta unha boa sombra, arredondada ou irregular. Está clasificada na Sección Mesobalanus, onde fican o carballo de Hungría e os seuss parentes de Europa e Asia. Ten os estilos longos; as landras madurecen nuns 6 meses e teñen un sabor agre, o interior das landras teñen pelo. A sección Mesobalanus está estreitamente ligada á sección Quercus (a do carballo veriño) e, ás veces, está incluída na mesma.[2][3]

Vista da árbore.
Follas e landras.
Inflorescencia.
No seu hábitat.
Follas.

Descrición editar

Tronco dereito, robusto, con casca pardo-agrisada ou cinsenta, rachada en fendas pouco fondas, lonxitudinais e transversais, nos exemplares máis vellos. Franzas novas cubertas de vilosidades. Follas adultas algo coriáceas, moi variábeis segundo a orixe, de 6 a 18 cm, elípticas ou alongadas e con figura de punta de lanza, teñen o bordo festonado, con dentes grosos, pouco profundos e nervios laterais moi pronunciados, pola face inferior, de forma regular case paralelos.

Flores masculinas con envolta de 5 a 7 pezas agrupadas en candeas pénsiles de cor amarela. Os froitos son landras, que nacen solitarias ou en grupos, sobre pedúnculos moi curtos e grosos, con cúpula ou cascabullo de escamas algo desiguais.

Florea por abril ou maio, madurecendo as landras en outubro ou novembro.

Distribución e hábitat editar

Medra nas carricovas, abas avesedas e proximidades dos regueiros, case sempre por baixo dos 500 m, aínda que pode ascender até os 1000 m; sobre solos profundos e frescos, desprovistos de cal ou con este moi lavado, en especial nos desenvolvidos sobre arenitas. Cómpre dun clima suave, sen xeadas frecuentes, e bastante húmido, polo que non adoita se afastar da influencia marítima. Asóciase con frecuencia á sobreira e hibrida con suma facilidade cos caxigos (Quercus faginea), pubescentes (Quercus pubescens) e cos albariñoss (Quercus petraea); con estas dúas últimas soamente no nordés da Península Ibérica.

Habita no norte de África onde forma bosques de considerábel extensión en Kabylia e de xeito máis fragmentado polas demais montañas do Tell en Alxeria, en Marrocos (Rif e Medio Atlas) e na Península Ibérica; nesta última cunha área moi espallada, pola Cordilleira Litoral catalá, Serra Morena, Montes de Toledo, sur de Portugal e especialmente en Andalucía occidental (Cádiz, Málaga, Sevilla, Huelva), encontrándose as súas mellores forestas nas ladeiras frescas da metade meridional da provincia de Cádiz, no Parque Natural de los Alcornocales.

Observacións editar

Sobre a orixe canaria (que ten no nome científico, así coma no nome en portugués (carvalho-das-Canárias) ou inglés (Canary oak), hai varias hipóteses, das cales salientan dúas: Segundo a primeira, o botanista alemán Carl Ludwig Willdenow que a describiu en Berlín, non ollara esta planta no campo; ou el ou o recolledor (Broussonet), deberon confundir a etiqueta crendo que fora recolleita nas Illas Canarias. Segundo a segunda hipótese, Carl Ludwig Willdenow non se equivocou e ademais referiuse ás notas de Alexander von Humboldt, que indicou ter visto un Quercus autóctono nas Canarias. Así, queda a posibilidade de que esta árbore existise noutrora neste arquipélago, mais despois desapareceu de alí, mentres que se terían mantido as súas poboacións continentais.

É unha árbore elegante que proxecta unha sombra moi agradábel, polo que se ten cultivado ás veces coma ornamental; a madeira é de boa calidade, axeitada para construcións e apeiros de labranza, así como para queimar e facer carbón.

Taxonomía editar

Quercus canariensis foi descrita por Carl Ludwig Willdenow e publicado en Enumeratio Plantarum Horti Botanici Berolinensis, . . . 975. 1809.[4]

Etimoloxía

Quercus: nome xenérico do latín para designar os carballos.

canariensis: epíteto xeográfico que alude á súa localización nas Illas Canarias.

Sinonimia
  • Quercus lusitanica var. baetica Webb, Iter Hispan.: 12 (1838).
  • Quercus lusitanica var. salzmanniana Webb, Iter Hispan.: 12 (1838).
  • Quercus mirbeckii Durieu, Rev. Bot. Recueil Mens. 2: 426 (1847).
  • Quercus cypri Kotschy ex A.DC. in A.P.de Candolle, Prodr. 16(2): 19 (1864).
  • Quercus lusitanica var. mirbeckii (Durieu) A.DC. in A.P.de Candolle, Prodr. 16(2): 19 (1864).
  • Quercus esculenta K.Koch, Dendrologie 2(2): 80 (1873).
  • Quercus gibraltarica K.Koch, Dendrologie 2(2): 81 (1873).
  • Quercus corymbifolia Ehrenb. ex Boiss., Fl. Orient. 4: 1167 (1879).
  • Quercus infectoria subsp. mirbeckii (Durieu) Nyman, Consp. Fl. Eur.: 661 (1881).
  • Quercus lusitanica subsp. mirbeckii (Durieu) Nyman, Consp. Fl. Eur., Suppl. 2: 279 (1890).
  • Quercus mirbeckii var. angustifolia Trab. in J.A.Battandier & al., Fl. Algérie, Dicot.: 820 (1890).
  • Quercus mirbeckii var. fagifolia Trab. in J.A.Battandier & al., Fl. Algérie, Dicot.: 820 (1890).
  • Quercus mirbeckii var. subpedunculata Trab. in J.A.Battandier & al., Fl. Algérie, Dicot.: 820 (1890).
  • Quercus faginea var. baetica (Webb) Samp., Ann. Sci. Acad. Polytecn. Porto 5: 164 (1910).
  • Quercus faginea var. salzmanniana (Webb) Samp., Ann. Sci. Acad. Polytecn. Porto 5: 164 (1910).
  • Quercus faginea subsp. baetica (Webb) Maire, Bull. Soc. Hist. Nat. Afrique N. 22: 65 (1931).
  • Quercus faginea var. spinosa Maire & Trab., Bull. Soc. Hist. Nat. Afrique N.: 1127 (1931).
  • Quercus carpinifolia Sennen, Exsicc. (Pl. Esp.): 4.807 (1932), nom. illeg.
  • Quercus lusitanica var. fagifolia Jahand. & Maire, Cat. Pl. Maroc 2: 165 (1932).
  • Quercus salzmanniana (Webb) Cout., Bol. Soc. Brot., II, 10: 76 (1935).
  • Quercus baetica (Webb) Villar, Bull. Soc. Hist. Nat. Afrique N. 28: 455 (1937 publ. 1938).
  • Quercus nordafricana Villar, Bull. Soc. Hist. Nat. Afrique N. 28: 450 (1937 publ. 1938).
  • Quercus mirbeckii var. spinosa (Maire & Trab.) A.Camus, Chênes, Texte 2: 157 (1939).
  • Quercus mirbeckii var. typica A.Camus, Chênes, Texte 2: 156 (1939), nom. inval.[5]

Notas editar

  1. Nome vulgar galego en Diccionario das ciencias da natureza e da saúde (A-C), A Coruña, Deputación da Coruña, 2000
  2. Sección Mesobalanus en Wiki
  3. Especies en wiki
  4. "Carballo mediterráneo". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 18 de decembro de 2013. 
  5. "Carballo mediterráneo". Royal Botanic Gardens, Kew: World Checklist of Selected Plant Families. Consultado o 19 de marzo de 2010. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar