Pazo de Mugartegui

pazo barroco do século XVIII en Pontevedra

O Pazo de Mugartegui, ou Pazo dos Condes de Fefiñáns en Pontevedra, é un pazo barroco que data do século XVIII. Actualmente alberga a sede do Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas.[1]

Pazo de Mugartegui
ConcelloPontevedra
ProvinciaPontevedra
ComunidadeGalicia
Coordenadas42°26′01″N 8°38′36″O / 42.433611111111, -8.6433333333333Coordenadas: 42°26′01″N 8°38′36″O / 42.433611111111, -8.6433333333333
Estilo arquitectónico
Estilo orixinal(Barroco, século XVIII)
Estilo actual(Barroco, século XVIII)
Estado actualen bo estado
Véxase tamén
Pazos de Galicia
editar datos en Wikidata ]

Localización editar

Está situado na Praza da Pedreira, no corazón do casco antigo de Pontevedra, moi preto da ponte medieval do Burgo. A gran cantidade de pedras que se acumularon fronte ao pazo de Mugartegui para construír tanto o pazo como a igrexa de San Bartolomeu e o Colexio da Compañía de Xesús fixo que este espazo recibise o nome de Praza da Pedreira.

Historia editar

O pazo foi construído para José Manuel Valladares e Figueroa, Conde de Fefiñáns, sobre as ruínas dunha casa do século XVII. Foi realizado polo mestre canteiro Pedro Antonio Ferreiro, que terminou a construción en 1771, excepto o frontón do escudo finalizado en 1773. O edificio pertencía entón á familia Fernández de Mugartegui, emparentada cos Valladares, de quen toma o seu nome actual.[2]

Durante o século XIX, o pazo converteuse nun centro educativo, xa que albergaba a Escola Normal Masculina. No século XX dividiuse en varias vivendas e, a partir de 1955, foi sede da Academia de Estudos Jovellanos.

Hoxe en día pertence ao Concello de Pontevedra, que o comprou o 20 de novembro de 1998.[3] O arquitecto Jesús Aser Fole foi o encargado de reformalo. Desde 2003 atópase alí a sede do Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas,[4] cun museo do viño na planta baixa, mentres que as súas salas son utilizadas polo Concello para actos protocolarios, culturais e sociais.[5] Inaugurouse para estas novas funcións o 24 de marzo de 2001.[6]

 
Escudo de armas do Pazo coroado por un reloxo de sol de pedra

Descrición editar

O pazo ten unha fachada cun arco de entrada, un balcón central con varanda curva e un gablete. A planta baixa ten soportais que daban acceso ás antigas cortes e adegas e ás habitacións da servidume, con sete arcos de medio punto sostidos por pequenas columnas de orde toscana.[7] Por encima destes arcos, o segundo andar ten sete portas francesas. Diante da porta central do primeiro piso hai un pequeno balcón con varanda de ferro.[8]

O corpo central está enmarcado por pilastras coroadas con pináculos. Na parte superior, hai un frontispicio no frontón semicircular partido cun escudo rococó coroado por un helmo, e sobre el, un reloxo de sol e un sol de pedra cuxos raios emanan dun rostro de fazulas riseiras. O escudo mostra as armas das liñaxes de Figueroa, Arango, Quirós e Omaña.

Na fachada traseira pódese ver a terraza que no seu día se abriu como miradoiro sobre o Lérez.

Cultura editar

O salón principal do pazo é utilizado polo Concello de Pontevedra para actividades culturais e para a celebración de vodas.[9] Ademais, desde o seu balcón, un personaxe famoso dá cada ano o pregón para inaugurar as festas de agosto da Virxe Peregrina de Pontevedra.[10]

Galería de fotos editar

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar