Paraskevi Papachristou

atleta grega

Paraskevi Papakhrístou, ou Paraskeví Papakhrístou (en grego, Παρασκευή Παπαχρήστου, coñecida tamén internacionalmente como Paraskeví Papajristou, e alcumada Vula (en grego, Βούλα), nada en Atenas o 17 de abril de 1989,[1] é unha atleta grega especializada en triplo salto (e tamén en salto de lonxitude). Gañou dúas medallas de ouro en Campionatos de Europa de atletismo Sub-23, e representou a Grecia no Campionato do mundo de atletismo de 2011. Foi eliminada do equipo grego para os Xogos Olímpicos de 2012 de Londres polo Comité Olímpico Grego debido a un comentario indebido que fixo en 2011. Pararticipou na final dos Xogos Olímpicos de 2016 en Río de Janeiro, ocupando o oitavo lugar.

Paraskevi Papachristou
Paraskeví Papachristou
Παρασκευή Παπαχρήστου
Voula Papachristou.jpg
Paraskeví Papachrístou en xuño de 2016
Información persoal
AlcumeVula (en grego, Βούλα)
NacionalidadeGrega
Nacemento17 de abril de 1989
Atenas, Grecia Grecia
Altura1,7 m
Peso53 kg
Deporte
PaísGrecia
DeporteAtletismo
Triplo salto
EquipoAEK Atletismo
AdestradorGeorge Pomaski
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

2008 - 2012Editar

Papachrístou consguiu a medalla de bronce no Campionato de mundo de atletismo júnior de 2008.[1]

En 2009 competiu no Campionato de Europa en pista cuberta e pasou a rolda de cualificación cun salto de 14,47 m. Porén, na final, lesionouse e non puido rexistrar un salto válido. Despois de obter a medalla de bronce nos Xogos Mediterráneos, participou no Campionato do mundo sen chegar á rolda final. Pero ese mesmo ano gañou a medalla de ouro no Campionato de Europa de atletismo Sub-23.[1]

Durante a tempada en pista cuberta (indoor) de 2011, participou nas roldas clasificatorias do Campionato de Europa de atletismo in door, sen chegar á final. Porén, obtivo a mellor marca persoal, de 14,72 m, en xuño en Chania (Creta), unha marca que ocupa o terceiro posto entre as triplistas gregas, detrás de Hrysopiyi Devetzi e Paraskevi Tsiamita. Este salto foi tamén o segundo mellor logrado por unha atleta europea Sub-23, tras do récord de Anna Beatykh, de 14,79 m.[2] Posteriormente defendeu con éxito a súa medalla de ouro no Campionato de Europa Sub-23 celebrado en Ostrava (República Checa).

Expulsadada dos Xogos Olímpicos de 2012Editar

Papachrístou ía ompetir nas Olimpíadas de Verán do 2012, pero foi expulsada do equipo grego o 25 de xullo dese ano despois de que publicara na súa conta de Twitter un comentario pretendidamente humorístico que facía referencia a un pequeno gromo de febre do Nilo Occidental en Grecia que infectou polo menos a cinco persoas, das que unha delas morreu, e que algunhas persoas consideranron racista:[3] [4] [5] [6] [7] [8] [9]

O chío,[10] polo que se disculpou alegando ser unha broma desafortunada e intranscenente, foi, porén, condenado polo Comité Olímpico Grego por ser contrario aos valores e ideais olímpicos.[11] O chío foi:

«Con tantos africanos en Grecia, os mosquitos do Nilo occidental polo menos terán comida da súa casa».[12]

2013 - 2018Editar

En maio de 2013, a Federación Grega de Atletismo suspendeu a sanción deportiva con efectos partir do 4 de xaneiro de 2013, declarando que os resultados da atleta lle serían devoltos se comezaba a adestrar cun adestrador aprobado e reanudaba as competicións de alto nivel.[13]

 
Paraskeví Papachristou na Primeira Liga do Campionato de Europa por equipos (2015).

Papachristou tomou un descanso da pista e regresou en 2015, despois do nacemento da súa fila,[Cómpre referencia] con George Pomaski como adestrador.

O 19 de marzo de 2016, no Campionato do mundo de atletismo en pista cuberta de Portland gañou a medalla de bronce cun salto de 14,15 m, o seu único válido na competición.[14] Nos días 18 e 19 de xuño dese ano proclalmouse, en Patras, campioa de Grecia de salto de lonxitude (6,56 m) e de triplo salto (14,07 m).[15] E o 10 de xullo dese mesmo ano, a ateta grega gañou a medalla de bronce no Campionato de Europa de atletismo celebrado en Ámsterdam, cun salto de 14,47 m, cerca da medalla de ouro da portuguesa Patrícia Mamona (14,58 m) e da medalla de prata da ucraína nacionalizada israelí Hanna Knyazyeva-Minenko (14,51 m).[16]

O 4 de marzo de 2017 consguiu a medalla de bronce no Campionato de Europa de atletismo en pista cuberta de Belgrado, cun salto de 14,24 m, a súa mellor marca da temporada.[17]

O 3 de marzo de 2018 a grega terminou 6ª na final do Camionato do mundo de atletismo en pista cuberta de Birmingham cun salto de 14,05 m.[18] O 20 de xullo, no Campionato dos Balcáns, Papachristou gañou a medalla de ouro cun salto de 14,74 m, aínda que o vento era ilegal (+2,1 m/s) para ser homologada a marca.[19]

Finalmente, o 8 de agosto de 2018, durante a rolda de clasificación no Campionato de Europa de atletismo, Papachristou cualificouse para a final cun salto de 14,49 m, cun gran vento en contra (-3,0 m/s). Dous días despois, a atleta grega de 29 anos gañou o seu primeiro gran título internacional no Estadio Olímpico de Berlín grazas a un mellor salto de 14,60 m, por diante da alemá Kristin Gierisch (14,45 m) e a española (galega) Ana Peleteiro (14,44 m).[12] [20]

Vida privadaEditar

É nai dunha filla chamada Kostadina, nacida en novembro de 2014.[Cómpre referencia]

PalmarésEditar

Data Competición Lugar Resultado Marca
2008 Campionato do mundo júnior de atletismo Bydgoszcz 13,74 m
2009 Campionato de Europa de atletismo en pista cuberta Turín final NM
Xogos Mediterráneos Pescara 14,12 m
Campionato de Europa de atletismo promesas (sub-23) Kaunas 14,34 m
2011 Campionato de Europa de atletismo por equipos Izmir 14,09 m
Campionato de Europa de atletismo promesas Ostrava 14,40 m
2012 Campionato de Europa de atletismo Helsinqui 11ª 13,89 m
2013 Campionato de Europa de atletismo por equipos Gateshead (Tyne e Wear, R.U.) 13,69 m
2015 Campionato de Europa de atletismo por equipos Heraklion (Creta) 13,99 m
Campionato dos Balcáns de atletismo Pitești (Romenia) 13,56 m
2016 Campionato do mundo de atletismo en pista cuberta Portland 14,15 m
Campionato de Europa de atletismo Ámsterdam 14,47 m
Xogos Olímpicos Río de Janeiro 14,26 m
Diamond League (Liga Diamante) 20 puntos
2017 Campionato de atletismo dos Bacáns Belgrado 14,19 m
Campionato de Europa de atletismo en pista cuberta Belgrado 14,24 m
Campionato de Europa de atletismo por equipos Lille 14,24 m
2018 Campionato do mundo de atletismo en pista cuberta Birmingham 14,05 m
Campionato dos Balcáns de atletismo Stara Zagora (Bulgaria) 14,74 m
Campionato de Europa de atletismo Berlín 14,60 m

Marcas persoaisEditar

Data Especialidade Lugar Marca [1]
8 de xuño de 2016 Triplo salto Filothei, Grecia 14,73 m
6 de marzo de 2009 Triplo salto (pista cuberta) Turín, Italia 14,47 m
15 de xuño de 2012 Salto de lonxitude Atenas, Grecia 6,60 m
4 de febreiro de 2016 Salto de lonxitude (pista cuberta) Pireo, Grecia 6,44 m [21]

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Paraskevi Papachristou. Perfil na Asociación Internacional de Federacións de Atletismo (IAAF).
  2. Greek triple jumper Papahristou records second best European U23 mark in Haniá Arquivado 24 de xuño de 2011 en Wayback Machine.. European Athletics (2011-06-12). Consultada o 16 de agosto de 2018.
  3. "Greek triple jumper Paraskevi Papachristou withdrawn from Olympics following racist tweet about African immigrants". Independent. 25 de xullo de 2012. Consultado o 7 de agosto de 2018. 
  4. "Greek athlete suspended from Olympic team for offensive remarks". CNN. 26 de xullo de 2012. Consultado o 17 de agosto de 2018. 
  5. "Voula Papachristou Greek olympic racist tweet". Huffington Post. 25 de xullo de 2012. Consultado o 16 de asgosto de 2018. 
  6. "Sleepless Papachristou says exclusion excessive". Reuters. 26 de xullo de 2012. Arquivado dende o orixinal o 26 de xullo de 2012. Consultado o 17 de agosto de 2018. 
  7. "Greek triple jumper Paraskevi Papachristou withdrawn from Olympics following racist tweet about African immigrants" (en inglés). Consultado o 13 de agosto de 2018. 
  8. "JO 2012: Papachristou exclue de Jeux Olympiques pour un tweet". Le 10 Sport. Consultado o 13 de agosto de 2018.. 
  9. JO : une athlète exclue pour racisme, Le Figaro, 25 de xullo 2012. Conmsultado o 17 de agosto de 2018.
  10. chío, 3ª acep., no Dicionario da RAG.
  11. "London 2012: Greece expel triple jumper over racist Twitter remark". The Guardian. 25 de xulllo de 2012. Consultado o 17 de agosto de 2018. 
  12. 12,0 12,1 "Bronce para la historia de Peleteiro". La Voz de Galicia, 11-08-2018.
  13. Wood, Graham (27 de marzo de 2013). "Greek triple jumper Papachristou has grant suspended". Reuters. Consultado o 17 de agosto de 2018. 
  14. Afternoon Session Blog Thu 17 2016 IAAF World Indoor Championships. Resultados. Consultado o 17 de agosto de 2018.
  15. "TRACKINSUN Athletics (Track and Field) Results Athletisme Resultats - Leichtathletik Ergebnisse : Pátra (Greece), 18-19.6.2016". Consultado o 17 de agosto de 2018. 
  16. European Athletics Championships. Amsterdam. Results Arquivado 13 de xullo de 2016 en Wayback Machine. Consultado o 17 de agosto de 2018.
  17. "Competitions - European Athletics Indoor Championships - European Athletics" (en inglés). Consultado o 17 de agosto de 2018. 
  18. "IAAF: women's triple jump final – IAAF World Indoor Championships Birmingham 2018". Consultado o 21/ de xullo de 2018. 
  19. "Габриела Петрова спечели сребро на Балканиадата. Други спортове". kanal3.bg.  20 de xullo de 2018. Consultado o 17 de agosto de 2018.
  20. "IAAF: Teenage Ingebrigtsen kicks to 1500m gold at European Championships. News". Consultado o 17 de agosto de 2018. .
  21. "Καλή αρχή για την Παπαχρήστου". Sportsfeed. Arquivado dende o orixinal o 05 de febreiro de 2017. Consultado o 13 de agosto de 2018. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar