Nimbos

obra literaria de Xosé María Díaz Castro

Nimbos é un libro de poemas do guitiricense Xosé María Díaz Castro, publicado o 5 de xullo de 1961 por Editorial Galaxia.

Nimbos
Autor/aXosé María Díaz Castro
LinguaGalego
Xénero(s)Poesía
Data de pub.1961
editar datos en Wikidata ]
Índice de Nimbos:
PÓRTICO
    Coma ventos fuxidos
    Nimbos
    Coma brasas
NOITE
    Borrallo
    Alfa i omega
    Noite do mundo
    Coma un anxo airado
    O verme i a estrela
LUS
    Esmeralda
    Veleiquí os homes
    No novo ceo
    A noite é necesaria
ESPRANZA
    Terra sucada
    Penélope
    Quezais
    Terra do tempo
MILAGRE
    Polpa dorida
    Remuíño
    Cova alumada
    Trasfiguración
    Vísperas
    O berro das pedras
SOÑO
    A cerna
    Coma un río
    No resplandor do día
FERIDA
    Cortina
    Ai, capitán
    Terra achaiada
    Coma unha escada
    Monumento á ausencia
    Coma unha insua
    Coma unha espada.

DescriciónEditar

Foi a única obra bibliográfica do autor editada en vida, homenaxeado o Día das Letras Galegas do ano 2014. Constituída por trinta e dúas composicións, divididas en sete epígrafes,[1] está considerado como unha obra de alta poesía universal. Carvalho Calero dixo que Nimbos veu restaurar na literatura galega a poesía total.

O título (do latín nimbus) fai referencia aos halos, o círculo dourado que nas representacións gráficas do cristianismo aparece arredor da cabeza de Xesús Cristo, a Virxe María e os santos.

A beleza feriume para sempre.   Derradeiro verso de "Coma unha espada", que pecha o poemario.

Edicións e traduciónsEditar

NotasEditar

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar