Denes é unha editorial valenciana fundada no ano 1987, especializada en libros en valenciano (ensaio, dicionarios, poesía, infantil) e tamén en castelán.[2] empezou a actividade das súas edicións cos dicionarios e as obras do lexicógrafo Francesc Ferrer Pastor,[2] que desenvolveu o seu traballo dende o ano 1956.

Editorial Denes
Fundación1987.
LocalizaciónArts Gràfiques, 58, c.p. 46200 Paiporta, Valencia.
Persoas claveFrancesc Ferrer Pastor
Agustí Colomer Ferràndiz
IndustriaEditorial.
ProdutosLibros.
Notas
Prefixos ISBN 978-84-88578 ; 978-84-941508 ; 978-84-942577 ; 978-84-92768 ; 978-84-940936 ; 978-84-95802 ; 978-84-96545[1]
editar datos en Wikidata ]

Descrición

editar

No seu catálogo atópase a Col·lecció Rent de literatura relixiosa contemporánea, dirixida por Agustí Colomer,[3] que comprende diferentes xéneros: narrativa, poesía, ensaio, teatro, homilética e outros, que pon ao alcance do público un conxunto de obras sobre literatura de inspiración cristiá feita dende o século XIX aos nosos días, en valenciano.[4] Son textos que reúnen os valores estéticos, culturais e espirituais duns escritores que mostran nas súas creacións a beleza e a profundidade dun humanismo ao mesmo tempo arraigado e transcendente, segundo o seu director.[5] A colección alterna escritores da literatura universal e autores valencianos. O nome da colección, de resonancias evanxélicas, é tamén unha homenaxe aos valencianos que crearon a asociación La Paraula Cristiana, cuxo boletín titulábase Rent.[6]

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar