Lavandeira verdeal

(Redirección desde «Motacilla flava»)

A lavandeira verdeal[2][3] ou lavandeira amarela[4] (Motacilla flava)[5] é unha especie de ave paseriforme da familia dos motacílidos propia de Eurasia e África, que en Galicia é unha ave estival común.[2]

Lavandeira verdeal
Motacilla flava

Macho adulto de lavandeira verdeal (M. f. flava)
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Familia: Motacillidae
Xénero: Motacilla
Especie: M. flava
Nome binomial
Motacilla flava
Linnaeus, 1758
Distribución de Motacilla flava      Área de cría.     Área de ocupación permanente.     Área de invernada.
Distribución de Motacilla flava      Área de cría.     Área de ocupación permanente.     Área de invernada.

Distribución de Motacilla flava      Área de cría.     Área de ocupación permanente.     Área de invernada.

É unha especie sedentaria nas zonas máis temperadas, pero as poboacións que habitan no norte e leste da súa área de distribución emigran a África e ao sur de Asia.

Caracteísticas editar

 
Exemplar xove de lavandeira verdeal (M. f. flava).

Ao chegaren á madurez alcanzan entre 15 e 16 cm, cunha cola longa característica do seu xénero, aínda que é a lavandera europea coa cola máis curta. O macho adulto normalmente ten unha plumaxe de cor olivácea que se volve amarela no ventre e a parte inferior do corpo. Existen algunhas variedades cromáticas nas que a cor amarela se difumina en branca. A cabeza dos machos presenta deseños de cores variadas en función da subespecie.

A chamada é un chío característico e agudo, que soa "yit".[6]

É unha ave insectívora, que prefire os claros próximos á auga, como os prados húmidos. Fai o niño en arbustos, depositando de 4 a 8 ovos de pintas.

Taxonomía editar

Descrición editar

A especie foi descrita en 1758 por Linneo na 10ª edición do seu Systema Naturae.[7]

Sinónimos editar

Ademais de polo nome actualmente válido, o protónimo de Linneo, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:[7]

  • Motacilla cinereocapilla Savi, 1831
  • Motacilla feldegg Michahelles, 1830
  • Motacilla flavissima Blyth, 1834
  • Motacilla iberiae E. Hartert, 1921
  • Motacilla leucocephala (Przevalski, 1887)
  • Motacilla lutea (S. G. Gmelin, 1774)
  • Motacilla simillima E. Hartert, 1905
  • Motacilla taivana (Swinhoe, 1863)
  • Motacilla thunbergi Billberg, 1828

Subespecies editar

Recoñécense as seguintes subespecies (a coloración descrita refírese aos machos agás cando se especifica outra cousa):[8]

 
Macho de M. f. flavissima.
 
Adulto de M. f. thunbergi na India.
 
Macho adulto de M. f. beema.
 
Femia de M. f. feldegg.
 
Ovos de Cuculus canorus canorus (esquerda) + Motacilla flava (dereita). O cuco pon ovos en niños doutros paxaros, entre eles as lavandeiras.
Cabeza azul cincenta con franxas e plumas brancas nos machos e cor olivácea difuminada nas femias.
Habita desde o sur de Escandinavia ata Francia, chegando polo leste ata os montes Urais. En inverno inverna na África subsahariana.
Cabeza verde amarelada cun supercilio amarielo brillante. As femias son máis claras no ventre que os machos.
Habita en Gran Bretaña e os países arredor do Canal da Mancha. Pasa o inverno en África.
Cabeza gris escura ata as meixelas e sen branco nos machos; de cor olivácea clara cun supercilio verdoso nos machos.
Habita no norte de Europa chegando polo leste ata o noroeste de Siberia. Pasa o inverno en África, a India e o sueste asiático.
Similar á subespecie flava, pero coa gorxa branca e gris escura, e plumaxe case negra arredor dos ollos.
Habita no sueste de Francia, a Península Ibérica e chega ata o norte de África, desde Marrocos a Tunisia. Pasa o inverno na África subsahariana, desde Gambia a Camerún.
Similar á subespecie iberiae, pero sen supercilio.
Habita en Sicilia, Sardeña, Italia, Eslovenia. Inverna na costa de Tunisia e Alxeria, chegando ata Malí e o lago Chad.
Similar á subespecie cinereocapilla, pero máis pequena e menos brillante.
Habita no delta do río Nilo, e o Baixo Nilo, onde reside todo o ano.
Similar á subespecie thunbergi pero con cabeza negra nos machos, as femias teñen unha plumaxe máis apagada, cun ton amarelado xaspeado no ventre e a gorxa branca.
Habita nos Balcáns e polo leste chega ata o mar Caspio, Turquía, Irán e Afganistán. Pasa o inverno en África central, desde Nixeria, a Uganda e o Sudán.
Con cabeza amarela con pescozo verde nos machos, e as femias similares ás da subespecie flava pero máis rechamantes.
Habita no curso inferior do río Volga ata o río Irtysh e o lago Zaysan. Pasa o inverno en África e o subcontinente indio.
Similar á Motacilla flava flava pero a cabeza é de cor gris clara, con branco arredor dos oídos; os dous sexos son moi similares.
Habita ao norte da Motacilla lutea, chegando ao leste ata a zona de Ladakh. Pasa o inverno no subcontinente indio, tamén en África Oriental e no sur de Arabia.
Os machos son similares aos de Motacilla flava flava, pero coa cabeza dun gris claro moi pálido, case branco. As femias son como as femias de Motacilla flava flava, pero a cabeza é máis escura.
Habita no noroeste de Mongolia e nos territorios próximos da China e Rusia. Pasa o inverno na India.

Filoxenia editar

A filoxenia desta especie é extremadamente confusa. En diferentes momentos foron describíndose ducias de subespecies e actualmente só se consideran válidas 10 delas. Anteriormente considerábase conespecífica coa lavandeira de Chukotka (Motacilla tschutschensis).

Notas editar

  1. BirdLife International (2009). "Motacilla flava". Lista Vermella de especies ameazadas. (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 2 de outubro de 2010. 
  2. 2,0 2,1 Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (setembro de 2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar (2ª ed.). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5.
  3. Definición de Lavandeira verdeal no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
  4. Conde Teira, M. A. (1999). "Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada" (PDF). Chioglossa (A Coruña) 1: 121–138. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de marzo de 2016. Consultado o 28 de setembro de 2016. 
  5. Bisbita Oriental en Avibase
  6. Wiles, Gary J.; Worthington, David J.; Beck, Robert E. Jr.; Pratt, H. Douglas; Aguon, Celestino F. & Pyle, Robert L. (2000): Noteworthy Bird Records for Micronesia, with a Summary of Raptor Sightings in the Mariana Islands, 1988-1999. Micronesica 32(2): 257-284. PDF fulltext
  7. 7,0 7,1 Motacilla Linnaeus, 1758 no GBIF.
  8. GILL, F.; DONSKER, D. (Eds.) (2017). Waxbills, parrotfinches, munias, whydahs, Olive Warbler, accentors & pipits. IOC World Bird List (v.7.3.).

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Tyler, Stephanie J. (2004): 60. Yellow Wagtail. In: del Hoyo, Josep; Elliott, Andrew & Christie, D. (eds.): Handbook of Birds of the World (Vol. 9: Cotingas to Pipits and Wagtails): 781-782, plate 77. Lynx Edicions, Barcelona. ISBN 978-84-87334-69-6. (all birds except the 4 grey/black-backed ones at lower left are M. flava)
  • VanderWerf, Eric A.; Wiles, Gary J.; Marshall, Ann P. & Knecht, Melia (2006): Observations of migrants and other birds in Palau, April-May 2005, including the first Micronesian record of a Richard's Pipit. Micronesica 39(1): 11-29. PDF fulltext
  • Voelker, Gary (2002): Systematics and historical biogeography of wagtails: Dispersal versus vicariance revisited. Condor 104(4): 725–739. [English with Spanish abstract] DOI: 10.1650/0010-5422(2002)104[0725:SAHBOW]2.0.CO;2 HTML abstract

Ligazóns externas editar