A Curota é un monte de 512 m de altitude situado no suroeste da serra do Barbanza, no concello de Ribeira.[1][2][3] Ás veces chámaselle A Curotiña, inda que esa denominación non é a máis empregada nin tradicional.[4]

Modelo:Xeografía físicaMonte da Curota
Imaxe
Tipomontaña Editar o valor en Wikidata
Localización
ContinenteEuropa Editar o valor en Wikidata
División administrativaRibeira, España Editar o valor en Wikidata
Mapa
 42°37′36″N 8°57′36″O / 42.6267, -8.96
CordilleiraSerra do Barbanza Editar o valor en Wikidata

Xeografía

editar
 
Cume da Cutora.

O miradoiro da Curota, situado no punto alto da montaña, é un dos de maior visibilidade das rías Baixas. Desde o cume enxérganse a ría de Arousa, as dunas de Corrubedo, a illa de Sálvora, as illas Ons e as Cíes. En días claros poden verse o monte de Santa Trega[Cómpre referencia], o monte Galiñeiro sobre Vigo e a Serra da Groba[Cómpre referencia] sobre Baiona. Fisterra e o Monte Pindo poden verse nestas circunstancias desde o veciño cume dos Forcados (620 m).

Xeoloxía

editar
 
Vales dos ríos San Xoán, Barbanza e Pedras vistos desde a Curota, Ribeira.

A maior parte da montaña está formada por rochas plutónicas, concretamente de granito de dúas micas de gran medio a groso ("granito tipo Barbanza"), con afloramentos de granodiorita biotítica con megacristais (que forman típicos bolos de pedra nos arredores do miradoiro de Valle-Inclán). Na vertente suroeste da montaña, en partes baixas preto da Cruz de Moldes, aparece unha franxa de xistos cámbrico-precámbricos[5].

Flora e fauna

editar

Vexetación

editar

As partes superiores da montaña están desprovistos de vexetación arbórea, estando cuberta de prados e toxos (Ulex europaeus) que acostuman ter unha floración amarela no mes de abril. O uso económico principal da montaña é o forestal nas partes baixas, principalmente con plantacións de piñeiro bravo (Pinus pinaster), eucalipto común (Eucalyptus globulus) e eucalipto brillante (Eucalyptus nitens).

A flora só destaca ao principio da primavera ou finais do inverno, con flores como a campaíña (Narcissus triandrus) e os xacintos bravos (Hyacinthoides spp.). Na subida á montaña, nas proximidades da Cruz de Moldes e na parte da montaña chamada Eira Vella, atópase unha planta catalogada en "perigo de extinción" en Galicia, a Succisa pinnatifida, que florece sobre todo en agosto e setembro.[6] Na práctica non quedan restos do bosque natural, estando presentes só algúns carballos e acivros na contorna da aldea de Sanamedio e algunhas sobreiras dispersas polas partes baixas da montaña.

A fauna é pouco diversa e está conformada por especies comúns en xeral, aínda que se pode destacar a presenza da lesma Geomalacus maculosus , clasificada como "vulnerábel" no Catálogo Galego de Especies Ameazadas. Entre as aves máis visibles destacan o miñato común (Buteo buteo), o lagarteiro (Falco tinnunculus), o corvo grande (Corvus corax), a papuxa do mato (Sylvia undata) e o chasco (antes Saxicola torquata, hoxe S. rubicola); e entre os mamíferos o coello (Oryctolagus cuniculus) e os cabalos en estado semisalvaxe.

Historia

editar

Hai mámoas no Alto dos Curros, preto do miradoiro de Valle-Inclán, e dous grupos de petróglifos, talvez de época medieval[Cómpre referencia], na vertente sur.

Boa parte da montaña estivo en litixio no século XX entre os concellos de Ribeira e A Pobra do Caramiñal, sentenciando o Estado a favor do primeiro o 15 de xullo de 1956, anulando un deslinde previo de 1936 que entregaba a vertente oeste sobre a aldea de Sanamedio á Pobra.[3]

Nas últimas décadas do século XX a Curota sufriu a devastación de incendios frecuentes, que orixinaron procesos erosivos patentes na vertente sur[Cómpre referencia].

As partes altas da montaña pertencen á comunidade de montes en man común de Lesón, que destina estas zonas á caza e pastoreo extensivo principalmente.[7] Tradicionalmente destacou a gandería extensiva de cabalos e vacas. A apicultura está presente en parcelas baixas da montaña.

Existen dúas canteiras abandonadas nas partes baixas, hoxe en proceso de restauración natural. Unha destas está no suroeste da montaña, que se adicou á extracción cuarzo rosa[8]. Mostras desta mina están catalogadas no Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago.

Neste monte hai instalacións de parques eólicos polo norte, ao longo da serra do Barbanza. Con todo, o cume desta montaña está libre deste tipo de infraestruturas. Este cume da Curota emprégano diversas empresas de telecomunicacións. Conta cunha torre de telecomunicación recuberta de bloques de pedra.

O cume é un destino turístico de interese turístico, e conta con algún mercado e cámping. Na estrada que sobe ata o cume atópase o miradoiro do Alto da Lagoa[9] a 360 m de altitude.

Galería de imaxes

editar
  1. Instituto Geográfico Nacional (IGN), Ministerio de Medio Ambiente y Alimentación. "VisorSixPac". Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 1 de febreiro de 2015. 
  2. "Turismo de Ribeira, seleccionando entorno forestal, o número 1 é A Curota, e seleccionando mirador, o número 5 é o miradoiro da Curota". Arquivado dende o orixinal o 07 de agosto de 2018. Consultado o 26 de xuño de 2017. 
  3. 3,0 3,1 Rodríguez Santamaría, Xoán Pastor (2013). Concello da Pobra do Caramiñal, ed. A Pobra do Caramiñal. Cronoloxía Histórica. 
  4. Conde Teira, Miguel Ángel (2015). A. C. Barbantia, eds. "A toponimia dos montes do Barbanza en Lesón (A Pobra do Caramiñal)" (PDF). BARBANTIA - Anuario de estudos do Barnanza (11): 179–203. ISSN 1889-0946. 
  5. Mapa Geológico de España. E. 1:50:00. PUEBLA DEL CARAMIÑAL. Segunda Serie. Primera Edición. Servicio de Publicaciones. Ministerio de Industria y Energia.
  6. Bañares, Á.; et al. (2003). Dirección General de Conservación de la Naturaleza, ed. Atlas y Libro Rojo de la Flora Vascular Amenazada de España. ISBN 84-8014-521-8. 
  7. Xunta de Galicia. "Montes veciñais en man común". Arquivado dende o orixinal o 18/02/2015. Consultado o 28/10/2018. 
  8. López Otero, María Luísa (coord.); et al. (2008). Cámara Oficial Mineira de Galicia, ed. Introdución á minería no Barbanza. ISBN 978-84-691-36-35-5. 
  9. Chamado tamén de Valle-Inclán, por ter un busto pétreo do autor.