Eucalipto nitens

especie botánica
(Redirección desde «Eucalyptus nitens»)

O eucalipto nitens[1] (Eucalyptus nitens), coñecido en inglés coma "shining gum", é unha especie nativa de Victoria e o leste de Nova Gales do Sur en Australia. Medra en bosques húmidos tépedos e nas súas marxes, en solos fértiles de áreas de clima fresco.[2] Atópase naturalizado en Galicia, aínda que en menor medida ca o eucalipto azul. Atura mellor as xeadas ca este último.

Descrición editar

Eucalyptus nitens é un árbore grande que medra até 60 m de altura, en Victoria ocasionalmente acada os 90 m de alto.[3][4] A casca é persistente na parte baixa do toro, cinsenta a café agrisada, fibrosa-escamosa, lisa na parte exterior, branca, cinsenta ou amarela, mudándoa en longos listóns. As follas son opostas, ovadas a elípticas, cordadas, glaucas, e as follas adultas son estreitas-lanceoladas ou lanceoladas, 15–25 cm de longo, 1,5–2,5 cm de largo, verdes, de brillo e coloradas. A inflorescencia é de 7 flores, o pedúnculo estreitamente chan ou angular, 6–15 mm de longo. Os casulos son sésiles, ovoides ou cilíndricos, 5–7 mm long, 3–4 mm de diámetro, a cicatriz do anel é causada pola muda do opérculo exterior; a caliptra é cónica, aguda ou obtusa, máis curta ou tan larga como hipantio. O froito é cilíndrico ovoide, 4–7 mm de longo, 4–6 mm de diámetro; o disco é deprimido e as valvas encerradas ou ao nivel do aro.

Usos editar

En Tasmania Eucalyptus nitens é unha das especies máis importantes madeireiras usadas en plantacións xunto con Eucalyptus globulus (eucalipto azul de Tasmania) e Pinus radiata (piñeiro insigne).

Taxonomía editar

Eucalyptus nitens foi descrita por H.Deane & Maiden e publicado en A critical revision of the genus Eucalyptus 2: 273. 1913.[5]

Etimoloxía

Eucalyptus: nome xenérico que provén do grego antigo: = "ben, xustamente" e kalyptós = "cuberto, que recobre". En Eucalyptus L'Hér., os pétalos, soldados entre si e ás veces tamén con sépalos, forman parte do opérculo, perfectamente axustado ao hipanto, que se desprende á hora da floración.[6]

nitens: epíteto latíno

Sinonimia
  • Eucalyptus goniocalyx var. nitens H.Deane & Maiden, Proc. Linn. Soc. New South Wales 24: 462 (1899).[7]

Biometría editar

  • Modelo de afusamento para Eucalyptus nitens[8]

Notas editar

  1. Nome común galego en VV. AA. (2012) Vocabulario forestal, Santiago de Compostela, Universidade / Deputación de Lugo
  2. "Flora of New South Wales". Royal Botanic Gardens, Sydney. 
  3. Boland, D. J. et al.: Forest Trees of Australia.
  4. Brooker, M. I. H. & Kleinig, D. A. 2006: Field Guide to Eucalypts, Volume 1 South-eastern Australia.
  5. "Eucalyptus nitens". 
  6. En Flora Vascular
  7. "Eucalyptus nitens". 
  8. Rodríguez-Toro, Andrés; Rubilar-Pons, Rafael; Muñoz-Sáez, Fernando; Cártes-Rodríguez, Eduardo; Acuña-Carmona, Eduardo; Cancino-Cancino, Jorge (29 de setembro de 2015). "Modelo de ahusamiento para Eucalyptus nitens, en suelos de cenizas volcánicas de la región de La Araucanía (Chile)". Revista de la Facultad de Ciencias Agrarias Universidad Nacional de Cuyo (en castelán) 48 (1): 101–114. ISSN 1853-8665. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar