Millepora platyphylla

Véxase tamén: Millepora.
Millepora platyphylla

Millepora platyphylla no mar Vermello
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Cnidaria
Clase: Hydrozoa
Subclase: Hydroidolina
Orde: Anthoathecata
Suborde: Capitata
Familia: Milleporidae
Xénero: Millepora
Especie: M. platyphylla
Nome binomial
Millepora platyphylla
Hemprich & Ehrenberg, 1834
Sinonimia
Véxase o texto

Millepora platyphylla é unha especie de cnidario hidrozoo da subclase dos hidroidolinos, orde dos antoatecados, suborde dos capitados, unha das quince recoñecidas na actualidade (2020) na familia dos milepóridos.[2][3]

É un coral de fogo típico (non confundir cos verdadeiros corais, os escleractinios, vulgarmente chamados corais duros ou corais pétreos, que constitúen unha orde de antozoos da sublcase dos hexacoraliarios).[4]

Taxonomía editar

Descrición editar

A especie foi descrita en 1834 polo naturalista e explorador alemán Wilhelm Friedrich Hemprich e o naturalista, explorador, zoólogo, botánico, anatomista, xeólogo e microscopista, tamén alemán, Christian Gottfried Ehrenberg,[2][3] publicada no tranallo deste último: Ehrenberg, C. G. (1834): "Beiträge zur physiologischen Kenntniss der Corallenthiere im allgemeinen, und besonders des rothen Meeres, nebst einem Versuche zur physiologischen Systematik derselben". Abhandlungen der Königlichen Akademie der Wissenschaften, Berlin. 1: 225-380.

Sinónimos editar

Ademais de polo nome válido, a especie coñeceuse tgamén polos sinónimos:[2]

  • Millepora Ehrenbergi Milne Edwards, 1860
  • Millepora incrassata Milne Edwards, 1860
  • Millepora insignis Verrill, 1864
  • Millepora porulosa Ehrenberg, 1834
  • Millepora verrucosa Milne Edwards, 1860

Características editar

Millepora platyphylla forma grandes colonias de 2 a 3 m de diámetro, compostas por placas verticais anastomosadas máis ou menos regulares, de até 2 m de altura nunha colonia madura. A súa cor adoita ser parda clara, cos bordos de crecemento brancos. Como todos os corais de fogo, se se toca, pódese sentir unha picada aguda ao entrar en contacto coa pel, .[5] debido á segregación urticante dos nematocistos dos seus pólipos.[6]

Hábitat e distribución editar

A especie habita en arrecifes de coral a profundidades entre os 3 e os 6 m.[7]

Distribúese pola rexión Indo-Pacífica desde o oeste, no mar Vermello, polo o norte até o Xapón, polo leste até as illas Marquesas, e polo sur até as illas Abrolhos, preto de Australia.[8]

Bioloxía editar

Como case todos os membros da orde dos antoatecados é un hidrozoo colonial. O cigoto convértese nunha larva plánula dentro do gonóforo e logo se libera como unha larva actínula que, tras a metamorfose, dá lugar a un pólipo que se asenta no substrato.[9]

Ameazas editar

Esta especie xeralmente non se encontra no comercio de acuarios, pero ás veces recoléctase para o comercio de xoias e curiosidades. En 2005 exportáronse 90 espécimes vivos de Millepora platyphylla para o comercio de acuarios. Na súa área de distribución, no Indo-Pacífico, é susceptíbel ao branquexamento do coral, aínda que menos que Millepora dichotoma.[1]

En xeral, a principal amenaza para este coral é o cambio climático global, en particular, as temperaturas extremas que conducen ao branquexamento e a unha maior susceptibilidade ás enfermidades. As enfermedides dos corais converteuse nunha grave ameaza para os arrecifes de coral en todo o mundo, e é unha das principais causas da deterioración dos arrecifes.[10]

O número de enfermidades e especies de coral afectadas, así como a distribución das enfermidades, aumentaron drasticamente durante a última década.[11][12][13][14] O aumento dos niveis de enfermidades de coral na Gran Barreira de Coral correlacionáronse co aumento das temperaturas do océano, apoiando a predición de que os niveis de enfermidades aumentarán con temperaturas máis altas na superficie do mar. As intervencións antrópicas combinadas coas ameazas asociadas ao cambio climático global que conduce ao aumento das enfermidade dos coraisl, a frecuencia e a duración do branquexamento e a acidificación do océano sitúan os arrecifes de coral no Indo-Pacífico cun alto risco de colapso.[15]

Entre as ameazas locais aos corais inclúense a pesca, o desenvolvemento humano (industria, asentamentos, turismo e transporte), os cambios na dinámica das especies autóctonas (competidores, depredadores, patóxenos e parasitos), as especies invasoras (competidores, depredadores, patóxenos e parasitos), a pesca con dinamita, a pesca química, a contaminación pola agricultura e a industria, a contaminación domésticae a sedimentación.[1]

Estado de conservación editar

A amenaza máis importante para esta especie é a redución extensa do hábitat dos arrecifes de coral debido a unha combinación das ameazas citadas. Descoñécese as tendencia específica da súa poboación, pero esta redución pode inferirse da perda estimada do hábitat. A especie está moi estendida e é común en toda a súa área de distribución, e aínda que é susceptíbel ao branquexamento, recupérase rapidamente e, polo tanto, é probábel que sexa máis resistente á perda do hábitat e á degradación dos arrecifes debido a un suposto gran tamaño de poboación efectiva. Polo tanto, a perda de hábitat estimada do 21 % dos arrecifes xa destruídos dentro da súa na etapa crítica de degradación.[16]

Tendo en conta todo isto, a Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN) cualifica o staus da especie como LC (pouco preocupante).[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Guzmán, H. & Edgar, G. (2008): Millepora platyphylla na Lista vermella da UICN. Versión 2020-2. Consultada o 6 de setembro de 2020.
  2. 2,0 2,1 2,2 Millepora platyphylla Hemprich & Ehrenberg, 1834 no WoRMS. Consultada o 6 de setembro de 2020.
  3. 3,0 3,1 Millepora platyphylla Hemprich and Ehrenberg, 1834 no ITIS.
  4. Scleractinia Bourne, 1900 no WoRMS. Consultado o 6 de setembro de 2020.
  5. Hodgson, G. (1998): "Corals", pp. 101-122. En Carpenter, K. E. & V. H. Niem, eds. FAO species identifidication guide for fishery purposes. The living marine resources of the Western Central Pacific. Vol. 1. Seaweeds, coral, bivalves and gastropods. Roma: FAO. ISBN 92-5-104051-6.
  6. Blessures de corail: attention danger! en francetvinfo (en francés).
  7. Ross & Hodgson 1981.
  8. Millepora platyphylla Hemprich & Ehrenberg, 1834 en Sea Life Database.
  9. Ruppert, E. E., R. S. Fox & R. D. Barnes (2004): Invertebrate Zoology. A functional evolutionary approach. 7th Ed. Boston, Massachusetts, USA: Brooks/Cole, Thomson Learning learning, Inc ISBN 978-0-0302-5982-1.
  10. Willis, B.; Page, C. & Dinsdale, E. (2004): "Coral disease on the Great Barrier Reef", pp. 69-104, en: E. Rosenber & Y. Loya (eds.) Coral Health and Disease. Berlín / Heidelberg: Springer-Verlag. ISBN 978-3-6620-6414-6.
  11. Porter, J. W., Dustan, P., Jaap, W. C., Patterson, K. L., Kosmynin, V., Meier, O. W., Patterson, M. E. & Parsons, M. (2001): "Patterns of spread of coral disease in the Florida Keys". Hydrobiologia 460 (1-3): 1-24.
  12. Green, E. P. & Bruckner, A. W. (2000): "The significance of coral disease epizootiology for coral reef conservation". Biological Conservation 96: 347-361.
  13. Sutherland, K. P., Porter, J. W. & Torres, C. (2004): "Disease and immunity in Caribbean and Indo-Pacific zooxanthellate corals". Marine ecology progress series 266: 273-302.
  14. Weil, E. (2004): "Coral reef diseases in the wider Caribbean". En: E. Rosenberg & Y. Loya (eds), Coral Health and Diseases. New York, NY: Springer Verlag. ISBN 978-3-6620-6414-6, pp. 35-68.
  15. Willis, B., Page, C. & Dinsdale, E. (2007): "Coral disease on the Great Barrier Reef". En: E. Rosenber & Y. Loya (eds), Coral Health and Disease. Berlin/Heidelberg, Alemaña: Springer-Verlag. ISBN 978-3-6620-6414-6 pp. 69-104.
  16. Wilkinson 2004.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Borneman, E. H. (2001): Aquarium corals. Selection, Husbandry and Natural History. Neptune City, New Jersey, USA: T.F.H. Publications, ISBN 978-1-8900-8747-0.
  • Ross, M. A. & G. Hodgson (1981): "A quantitative study of hermatypic coral diversity and zonation at Apo Reef, Mindiro, Philippines". Proceedings of the Fourth International Coral Reef Syposium, Manila 2: 281-291.
  • Razak, T. B. & B. W. Hoeksema (2003): The hydrocoral genus Millepora (Hydrozoa: Capitata: Milleporidae) in Indonesia. Leyden: National Museum of Natural History. ISBN 9-0732-3989-3.
  • Veron, J. E. N. (1993): Corals of Australia and the Indo-Pacific. Honolulu, Hawai, USA: University of Hawai'i Press. ISBN 978-0-8248-1504-2.
  • Veron, J .E. N. (2000): Corals of the World. Vol. 3. Townsville, Queensland, Australia: Australian Institute of Marine Sciences.
  • Wilkinson, C. (2004): Status of Coral Reefs of the World. Townsville, Queensland, Australia: Australian Institute of Marine Science.
  • Wood, E. M. (1983): Reef corals of the world: biology and field guide. Neptune City, New Jersey, USA: T.F.H. Publications. ISBN 978-0-8766-6809-2.

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar