Branquexamento do coral

O branquexamento do coral ou descoloración do coral é un fenómeno debido ao estrés inducido pola expulsión ou a morte das microalgas simbióticas mutalistas, dinoflaxelados do xénero Symbiodinium, coñecidas como zooxantelas, ou pola perdida de pigmentación do protozoo.[1]

Colonia de Millepora sp afectada polo branquexamento

Os corais que forman grandes estruturas nos ecosistemas dos arrecifes de coral de mares tropicais dependen da relación simbiótica con este protozoo, que lle dá ao coral a súa coloración, cunha cor específica para cada clado. Baixo estrés, o coral expulsa ás súas zooxantelas, o que lle dá unha tonalidade clara ou completamente branca, ao que se debe o termo "branquexamento".[2]

Unha vez que o branquexamento comeza, tende a continuar incluso aínda despois de que cese o estrés. Se a colonia de coral sobrevive ao período de estrés, as zooxantelas moitas veces requiren de semanas a meses para recuperaren a densidade normal.[3]

Notas editar

  1. Dove, S. G. & Hoegh-Guldberg, O. (2006). "Coral bleaching can be caused by stress. The cell physiology of coral bleaching". En Ove Hoegh-Guldberg; Jonathan T. Phinney; William Skirving; Joanie Kleypas. Coral Reefs and Climate Change: Science and Management. Washington, DC: American Geophysical Union. pp. 1–18. ISBN 0-87590-359-2. 
  2. Hoegh-Guldberg, O. (1999). "Climate change, coral bleaching and the future of the world's coral reefs" (PDF). Mar. Freshwater Res. 50: 839–866. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24 de setembreo de 2015. Consultado o 6 de setembro de 2010. 
  3. Jokiel, P. (1978): "Synergistic effects of temperature, salinity and light on the hermatypic coral Montipora verrucosa". Marine Biology 49 (3):187-195.

 
 Este artigo sobre zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.