En zooloxía denomínase gonóforo á rexión do gonozoide dos cnidarios hidrozoos onde se producen, por xemación, medusas, que poden permaneceren no zooide ou seren liberadas ao medio.[1]

A medusa Velella velella

Bioloxía editar

Os gonóforos nacen de ramas que crecen ao redor da parede do zooide (pólipo, que ten boca, cavidade gastrovascular e tentáculos). As células xerminais fórmanse a partir da capa interna do entocodon (capa derivada do ectoderma).[2] O entocodon é o primordio (é dicir, as primeiras células que dan lugar ao desenvolvemento dun órgano) da subumbrela (é dicir, a superficie oral cóncava dunha medusa) no desenvolvemento das medusas a partir do gonóforo.[3]

Etimoloxía editar

O termo gonóforo está fomado polos elementos do Vocabulario Científico Internacional gono- e ´-foro. O primeiro deriva do grego antigo γόνος gónos, "xeración", "acción de enxendrar",[4] e o segundo do latín científico -phorus, tirado do grego antigo -φόρος -phóros "carga", derivdo do verbo φέρω phérō, "levar", "transportar", "carrexar".

Notas editar

  1. Garrido, Carlos (1997): Dicionário terminológico quadrilíngue de zoologia dos invertebrados. A Coruha: Associaçom Galega da Língua. ISBN 84-8730-512-1, p. 113.
  2. entocodon en docsity.com (en castelán).
  3. Liu, C. K.; N. J. Berrill (febreiro de 2005). "Copia arquivada". Journal of Morphology 83 (1): 39–59. PMID 18873163. doi:10.1002/jmor.1050830103. Arquivado dende o orixinal o 05 de xaneiro de 2013. Consultado o 1 de setembro de 2020. 
  4. gono- Merriam-Webster Dictionary.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar