Zooide

páxina de homónimos de Wikimedia

En zooloxía, denomínase zooide a un único individuo animal que forma parte dunha colonia, e que presenta unha estrutura variábel segundo a función que desempeña na colonia.[1]

Pyrosoma atlanticum, un tunicado, cunha colonia de zooides

EtimoloxíaEditar

O nome zooide deriva da raíz zoo-, do nome do grego antigo ζῷον zõon, "animal",[2] coa adición do sufixo do latín científico -oide, tirado do grego antigo ἕιδος éidos, "forma", "aparencia", "aspecto".[3]

Grupos de animais que o presentanEditar

Este estilo de vida foi adoptado por animais de taxons afastados, non relacionados filoxeneticamente. Os zooides son multicelulares, e a súa estrutura é similar á doutros animais solitarios, e poden estaren conectados entre si directamente por un tecido, por exemplo, nos corais, nalgúns platihelmintos, e nos sifonóforos, tunicados e o ectoproctos, ou compartiren un exoesqueleto común, por exemplo, nos briozoos ou nos pterobranquios (hemicordados bentónicos).[4]

NotasEditar

  1. zooide no Dicionario da RAG.
  2. gonozooid no Merriam-Webster Dictionary.
  3. -oid no Merriam-Webster Dictionary.
  4. Thorp, James H.; Wood, Timothy S. (2019). "Chapter 13 - Phylum Ectoprocta". Thorp and Covich's Freshwater Invertebrates: Volume 4: Keys to Palaearctic Fauna (4th ed.). pp. 519–529. ISBN 978-0-12-385024-9. 

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar