Mileth
Mileth é unha banda galega de folk metal e pagan metal creada en 2009, que combina a música tradicional galega co black metal.
Mileth | |
---|---|
Orixe | ![]() |
Período | 2009-actualidade |
Xénero(s) | pagan metal, folk metal, black metal, música tradicional galega |
Membros | Marcos do Relicario Dana da Carballeira Cristian da Limia Elías do Eido do Clariño Xacobe do Seixo Branco Xurxo dos Corvais Xurxo das Cornamusas |
Antigos membros | Diego dos Chechos Raquel de Ghallas Pisco da Taberna |
Artistas relacionados | Dioivo |
Na rede | |
https://mileth.bandcamp.com | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Traxectoria
editarInicios (2009-2018)
editarO grupo xurdiu en 2009 na Mariña lucense, cando a Marcos do Relicario e a Diego dos Chechos se lles ocorreu crear unha banda que mesturase o black metal co folk. Tras mudárense a Santiago e Vigo respectivamente, entraron en contacto co ambiente metaleiro desas cidades e buscaron máis xente para a banda. Entraron músicos de diferentes lugares de Galicia como Vigo, O Valadouro ou Xinzo de Limia.[1]
En 2012 publicaron unha maqueta co título de Cancioneiro da Enxebre Escuridade, que contiña tres temas.[2] Nesta época o grupo estaba formado pola vocalista Dana da Carballeira e os músicos Marcos do Relicario, Diego dos Chechos, Cristian da Limia, Elías do Eido do Clariño, Raquel de Ghallas, e Pisco da Taberna.[3] O guitarrista Diego dos Chechos abandonou o grupo en 2013.[4] En 2014 publicaron o sinxelo ...e na Novena Onda caeron os Deuses, xa con Alex O Pirolas na guitarra. Contou coa colaboración do gaiteiro Xurxo Fernández.[5] Ese ano foron abreconcertos da banda romanesa Negură Bunget.[6] En 2016 sacaron ao mercado Recolleita dos Demos que han de ser esquecidos, un EP coas catro cancións publicadas até ese momento, remasterizadas, ademais dun novo tema: "Petros, axioma da terra".[7][8]
Catro pregarias no albor da Lúa Morta (2019-actualidade)
editarNo ano 2019 publicaron o seu primeiro disco de longa duración, titulado Catro pregarias no albor da Lúa Morta. Saíu en dúas edicións ademais da dixital: unha distribuída polo selo discográfico ruso SoundAge e unha edición especial coa discográfica Darkwoods, incluíndo esta última un documental en dvd sobre o grupo.[1][9] Nesta etapa a formación sufriu cambios respecto á anterior gravación, saíndo Alex e Sandra e incorporándose o guitarrista de Dioivo, Xacobe do Seixo Branco, e o de Dysnomia, Xurxo dos Corvais. O videoclip do tema "De bruma e salitre", dirixido por Xaime Miranda, gañou o premio ao mellor videoclip no Festival Primavera do Cine de Vigo.[4]
Nome
editarO nome do grupo fai referencia a Miledh, personaxe da mitoloxía galega e irlandesa, neto de Breogán.[1] Segundo a lenda, é o devanceiro de todos os irlandeses. Foron os seus oito fillos, os milesios, os que partindo dende as costas galegas xunto aos nove irmáns de Ith, conquistaron Irlanda.
Estilo
editarO estilo do grupo pode encadrarse dentro do pagan metal. Cantan en galego e mesturan os instrumentos eléctricos, a distorsión e as voces guturais típicas do black metal con elementos da música tradicional galega como zanfonas, gaitas ou cantareiras.[1]
Membros
editarMembros actuais
editar- Marcos do Relicario (zanfona, guitarra, voz gutural, bouzouki, tin whistle, berimbau).
- Dana da Carballeira (voz principal).
- Cristian da Limia (baixo, bouzouki).
- Elías do Eido do Clariño (violín, percusión tradicional, coros).
- Xacobe do Seixo Branco (guitarra).
- Xurxo dos Corvais (guitarra).
- Xurxo das Cornamusas (gaita, frauta, teclados).
Antigos membros
editar- Carlos do Castro (Batería, Percusión)
- Diego dos Chechos (guitarra).
- Raquel de Ghallas (teclados).
- Pisco da Taberna (batería, percusión).
Discografía
editar- Cancioneiro da Enxebre Escuridade (2012). Maqueta.
- ...e na Novena Onda caeron os Deuses (2014). Sinxelo.
- Recolleita dos Demos que han de ser esquecidos (2016). EP.
- Catro pregarias no albor da Lúa Morta (2019).
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 "Mileth. A banda que fai metal con pandeiros e zanfonas". praza.gal. 26 de marzo de 2019. Consultado o 12 de novembro de 2019.
- ↑ "Cancioneiro da Enxebre Escuridade". www.metal-archives.com (en inglés). Consultado o 12 de novembro de 2019.
- ↑ "Cancioneiro da Enxebre Escuridade". Bandcamp. Consultado o 12 de novembro de 2019.
- ↑ 4,0 4,1 "El videoclip de Mileth de cuna mariñana, con premio en Vigo". La Voz de Galicia (en castelán). 17 de maio de 2019. Consultado o 12 de novembro de 2019.
- ↑ "...e na Novena Onda caeron os Deuses (Single)". Bandcamp. Consultado o 12 de novembro de 2019.
- ↑ "Mileth regresan para presentar nuevo disco" (en castelán). 19 de outubro de 2014. Consultado o 12 de novembro de 2019.
- ↑ "Recolleita dos Demos que han de ser esquecidos". Bandcamp. Consultado o 12 de novembro de 2019.
- ↑ "Sapos, bruxas, coruxas e o novo disco de Mileth". 19 de xullo de 2016. Arquivado dende o orixinal o 12 de novembro de 2019. Consultado o 12 de novembro de 2019.
- ↑ "Catro pregarias no albor da Lúa Morta". Bandcamp. Consultado o 12 de novembro de 2019.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Mileth en Bandcamp.
- Ficha de Mileth en www.metal-archives (en inglés).