Dioivo (banda)

Dioivo é un grupo de black metal en galego formado en Vigo en 2016[1].

Dioivo
Isotipo de Dioivo.png
OrixeVigo, Galiza Flag of Galicia.svg
Período2016-actualidade
Xénero(s)black metal
Selo(s) discográfico(s)Darkwoods
MembrosJacobo Mouriño Almeida Daniel Valladares Otero
Artistas relacionadosMileth
Páxina webdioivo.bandcamp.com

HistoriaEditar

O grupo foi fundado por Dani Valladares e Jacobo Mouriño a partir dun proxecto anterior chamado Rust in Peace[2]. Axiña gravan o seu primeiro sinxelo, "Sempre pola morte esperas"[3], empregando como letra o poema de Rosalía de Castro incluído en Follas Novas. Posteriormente, en outubro de 2016, editarían o seu primeiro EP, titulado Dioivo I. Ese mesmo ano resultarían premiados no concurso "Xuventude Crea" organizado pola Xunta de Galicia[4], logrando o segundo premio compartido na categoría de música, que volverían gañar de novo en 2017[5].

Logo de tocar por salas de toda Galicia, o dúo comeza a gravar o seu primeiro álbum, Dioivo II, así coma a demo de adianto O Espertar[6]. O álbum veu finalmente a luz en xaneiro de 2019, da man do selo Darkwoods, logo dun concerto de presentación en Vigo xunto a Lóstregos e a Mileth[7]. En xullo dese mesmo ano editan o seu primeiro videoclip, correspondente ao tema "Lobishomes"[8].

MembrosEditar

DiscografíaEditar

ÁlbumsEditar

EPsEditar

DemosEditar

NotasEditar

  1. Atlántico (2018-12-12). "Dioivo, el grupo black metal en gallego hecho en Vigo". Atlántico (en castelán). Consultado o 2020-03-17. 
  2. "Dioivo: “A maior lacra do black metal é que se mestura coa extrema dereita”". Balea. 2019-03-11. Consultado o 2020-12-27. 
  3. "GalicianTunes: Artista - Dioivo". www.galiciantunes.com. Consultado o 2020-03-17. 
  4. "Música: final da especialidade de Música de Xuventude Crea 2016". xuventude.xunta.es. Consultado o 2020-03-17. 
  5. "Xuventude Crea Premios 2017" (PDF). libraria.xunta.gal. 
  6. "Dioivo". Dioivo. Consultado o 2020-03-17. 
  7. Diario, Nós. "Noite de metal extremo en galego". Nós Diario. Consultado o 2020-03-17. 
  8. "Dioivo". Faro de Vigo. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar