Catro pregarias no albor da Lúa Morta

álbum de Mileth

Catro pregarias no albor da Lúa Morta é o primeiro álbum de longa duración da banda galega de pagan metal, Mileth.

Catro pregarias no albor da Lúa Morta
Álbum de Mileth
Publicado5 de marzo de 2019
Estudio(s)Zoilo Unreal, Vigo
Duración50:48
Xénero(s)pagan metal
Selo(s)SoundAge, Darkwoods

Foi publicado en 2019 e consta de 9 temas.

Temática e estilo editar

O fío condutor son os catro elementos da natureza e a viaxe da vida dende o nacemento até o alén, baseándose na cultura popular galega. Combina elementos da cultura e música tradicional galega e celta como gaitas, frautas, arpa, cantareiras ou acordeón con elementos do black metal como blast beats, voces guturais e distorsión.[1]

Produción editar

Foi gravado entre xuño e xullo de 2017 no estudio Zoilo Unreal de Vigo e publicado o 5 de marzo de 2019. As letras foron escritas por Marcos do Relicario, igual que a música da maioría de temas.[2] Publicáronse, ademais da edición dixital, dúas edicións físicas: unha distribuída polo selo discográfico ruso SoundAge e unha edición especial coa discográfica Darkwoods, incluíndo esta última un documental en DVD sobre o grupo.[1][3] Contou coas colaboracións dos músicos tradicionais Xulia Feixóo, Anaïs Barbier, Xela Conde, Suso Riveira, Xoio Carmesí, Xurxo Fernández e Xulio Abal.[2]

Premios editar

O videoclip do segundo tema do disco, "De bruma e salitre", dirixido por Xaime Miranda, gañou o premio ao mellor videoclip no Festival Primavera do Cine de Vigo.[4]

Cancións editar

N.º Título Duración
1. "O Son do buxo baixo a sombra do Xistral"   7:33
2. "De bruma e salitre"   6:39
3. "Do morto e espiral silencio (Interludio a Bríxida)"   1:35
4. "Esperta, letárxica e erma fraga!"   6:42
5. "Ela, que camiña entre as raíces do Frío inferno"   6:03
6. "Petros, axioma da terra"   7:03
7. "Mitolóxica errante: Ith"   8:43
8. "No albor da lúa"   1:29
9. "Cuarta pregaria na Lúa Morta (versión acústica)"   5:01
50:48

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Mileth. A banda que fai metal con pandeiros e zanfonas". praza.gal. 26 de marzo de 2019. Consultado o 12 de novembro de 2019. 
  2. 2,0 2,1 "Catro Pregarias no Albor da Lúa Morta". www.metal-archives.com (en inglés). Consultado o 12 de novembro de 2019. 
  3. "Catro pregarias no albor da Lúa Morta". Bandcamp. Consultado o 12 de novembro de 2019. 
  4. "El videoclip de Mileth de cuna mariñana, con premio en Vigo". La Voz de Galicia (en castelán). 17 de maio de 2019. Consultado o 29 de abril de 2020.