Mikhail Baryshnikov

bailarín, coreógrafo e actor naturalizado estadounidense de orixe rusa


Mikhail Nikolaevich Baryshnikov (en ruso Михаил Николаевич Барышников, e en letón Mihails Barišņikovs), alcumado Misha (diminutivo en ruso do nome "Mikhail"), nado o 28 de xaneiro de 1948[1] en Riga, é un bailarín, coreógrafo e actor naturalizado estadounidense de orixe rusa, considerado xunto con Vatslav Nizhinskii e Rudolf Nureyev como un dos mellores bailaríns da historia e unha das grandes personalidades do ballet do século XX. Logo duns comezos prometedores no Ballet Kirov en Leningrado, emigrou ao Canadá en 1974 en busca de máis oportunidades no ballet occidental. Logo de traballar como freelance en varias compañías, entrou no New York City Ballet como bailaríns principais para aprender o estilo de movemento de George Balanchine. Posteriormente bailou no American Ballet Theatre, onde logo se converteu en director artístico. O crítico Clive Barnes unha vez o cualificou como «o bailarín máis perfecto que xamais vin».[2] Baryshnikov ten encabezado moitos dos seus propios proxectos artísticos e foi asociado en particular coa promoción da danza moderna, estreando ducias de nova obras, incluíndo moitas obras propias. O seu éxito como actor dramático nos escenarios, cine e televisión posiblemente o axudou a converterse no bailarín contemporáneo máis recoñecido. En 1977, foi nomeado para o Óscar ó mellor actor secundario e un nomeamento aos Globos de Ouro polo seu papel de "Yuri Kopeikine" na película The Turning Point.

Infotaula de personaMikhail Baryshnikov

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(ru) Михаил Николаевич Барышников
(lv) Mihails Barišņikovs Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento27 de xaneiro de 1948 Editar o valor em Wikidata (76 anos)
Riga (Unión Soviética) Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeLetonia (2017–)
Estados Unidos de América (1986–)
Unión Soviética (1948–1986) Editar o valor em Wikidata
EducaciónRīgas 22. vidusskola
Riga ballet school (en) Traducir
Vaganova Academy of Russian Ballet (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor , mestre de ballet , actor de televisión , actor de cinema , bailarín de ballet , coreógrafo , bailarín , intérprete Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1968 Editar o valor em Wikidata -
EmpregadorTeatro Mariinski (pt) Traducir
New York City Ballet
White Oak Dance Project (en) Traducir
American Ballet Theatre (pt) Traducir
Teatro Bolshoi
National Ballet of Canada (en) Traducir
Baryshnikov Arts Center (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua rusa, lingua inglesa e lingua letoa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeLisa Rinehart (en) Traducir (2006–) Editar o valor em Wikidata
ParellaJessica Lange (1976–1982) Editar o valor em Wikidata
FillosAnna Baryshnikov (pt) Traducir, Shura Baryshnikov (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Cronoloxía
nevozvrashchentsy (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0000864 Allocine: 34646 Rottentomatoes: celebrity/mikhail_baryshnikov Allmovie: p80911 TV.com: people/mikhail-baryshnikov IBDB: 31217
Discogs: 1223737 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Comezos editar

Mikhail Baryshnikov naceu en Riga (daquela na República Socialista Soviética de Letonia, unha das repúblicas da Unión Soviética e actualmente capital de Letonia) o 28 de xaneiro de 1948,[3] fillo de pais rusos. Seu pai, Nicolai Baryshnikov, era enxeñeiro e súa nai, Alexandra (de solteira Kisselova), costureira. Cando tiña doce anos, súa nai suicidouse, polo que quedou ao coidado de seu pai e súa avoa. O artista lembra a súa infancia como relativamente feliz, acudindo ás escolas públicas locais e sendo un neno activo na natación e o fútbol. Pensando daquela que o ballet era moi difícil de entender, non lle prestou unha especial atención. Súa nai, porén, era unha gran afeccionada. Aos once anos presentou unha solicitude para ingresar na Escola de Ballet da Ópera de Riga, onde foi aceptado un ano despois, en 1960, e onde continuaría os seus estudos académicos. Durante este tempo, Baryshnikov aprendeu a falar francés e aspiraba a ser concertista de piano. Co tempo, decantouse máis polo ballet que polo piano e como resultado do seu propio interese e o seu éxito en festivais escolares, decidiu seguir a carreira de bailarín.

En 1964, ingresou na Academia Vaganova, na que daquela era Leningrado (actualmente San Petersburgo), onde estudou co mestre de ballet Aleksandr Pushkin, quen anteriormente ensinara a Rudolf Nuréyev e quen o propio Baryshnikov afirmaría posteriormente que fóra «como un pai» para el. Baryshnikov pronto gañou o primeiro premio na categoría júnior do Concurso Internacional de Ballet de Varna (Bulgaria).

Carreira na Unión Soviética editar

Tras finalizar a súa formación en 1966, comezou a a súa actividade profesional no Ballet Kirov e o Teatro Mariinsky de Leningrado en 1967, onde a pesar da tradición, non comezou como aprendiz no corpo de baile, senón que fixo su debut profesional como solista bailando o pas de deux do "Labrego" en Giselle, e onde conseguiu destacar en breve tempo. Logo de tan só dous anos como profesional, ofrecéuselle o seu primeiro papel principal en Goryanka de Oleg Vinogradov, papel coreografado especificamente para el. Ese mesmo ano, recibiu a medalla de ouro na primeira competición de ballet de Moscova, amais do premio Nizhinski. Converteuse no bailarín máis novo en recibir o Premio do Estado ao Mérito da URSS. Durante a súa estancia na Unión Soviética foi parella de Irina Kolpakova, a quen moitos consideraban a máis grande bailarina clásica vivente, en ballets como A bela durminte, O cascanoces, Giselle, Coppélia, A chama de París, e Don Quixote, e coreografiou Vestris (1969), no que interpretou a Auguste Vestris, e Creación do mundo (1971), unha ópera satírica e relixiosa na que Baryshnikov fixo de Adán xunto a Kolpakova como Eva. Non obstante, o seu desexo de traballar con máis coreógrafos occidentais, xunto coas súas preocupacións sobre o que el consideraba o declinar do Ballet Kirov, levouno a un crecente desasosego.

Recoñecendo o talento de Baryshnikov, en especialmente a forza da súa presenza no escenario e pureza da súa técnica clásica, varios coreógrafos soviéticos, incluídos Oleg Vinogradov, Konstantin Sergeyev, Igor Tchernichov, e Leonid Jakobson, coreografiaron ballets para el. Baryshnikov facía papeis de sinatura do virtuosística de 1969 de Jakobson Vestris xunto cun Albrecht intensamente emocional en Giselle.[4] Cando aínda se encontraba na Unión Soviética foi descrito polo crítico do New York Times Clive Barnes "o bailarín máis perfecto que xamais vin".

Carreira Norteamericana editar

 
Baryshnikov e Patricia McBride nunha función en Buenos Aires, 1979 (revista Pájaro de fuego).

O 29 de xuño de 1974 durante unha xira polo Canadá co Ballet Kirov, Baryshnikov desertou e solicitou asilo político en Toronto, pasando despois a formar parte do Royal Winnipeg Ballet.[5][6] Tamén anunciou ao mundo da danza que non volvería á Unión Soviética. Posteriormente recoñeceu que Christina Berlin, unha amiga súa norteamericana, axudáralle a preparar a súa deserción durante a súa xira en Londres en 1970. A súa primeira función televisada chegou despois dun retiro temporal no Canadá, e realizouse co National Ballet of Canada en La Sylphide. Despois trasladouse aos Estados Unidos[7] en 1976 vai aos Estados Unidos.

Entre 1974 e 1978, foi o bailarín principal do American Ballet Theatre (ABT), onde formou parella con Gelsey Kirkland. En 1978 uniuse ao New York City Ballet como bailarín principal, traballando con George Balanchine (de quen aprendeu o seu estilo de movemento de) e tamén traballou como principal artista convidado do Royal Ballet. Baryshnikov realizou xiras con compañías de ballet e danza moderna por todo o mundo durante 15 meses. Varios papeis foron creados para el, incluíndo os papeis de Opus 19: The Dreamer (1979), de Jerome Robbins, Rhapsody (1980), de Frederick Ashton, e Other Dances con Natalia Makarova de Jerome Robbins.

En 1980 volveu bailar co American Ballet Theatre, converténdose posteriormente no seu director artístico. O 3 de xullo de 1986 naturalizouse cidadán estadounidense. De 1990 a 2002, Baryshnikov foi o director artístico do White Oak Dance Project, unha empresa turística cofundada con Mark Morris. En 2003 gañou o Prix Benois de la Danse en recoñecemento da súa traxectoria. En 2005 inaugurou o Baryshnikov Arts Center en Nova York.

Polo filme The Turning Point (1977) foi candidato ao Óscar ao mellor actor secundario.

Familia editar

En 1980 coñeceu á actriz Jessica Lange, con quen contraeu matrimonio. Un ano despois naceu a súa primeira filla, Alexandra Baryshnikova. Cando Baryshnikov e Lange se coñeceron el falaba moi pouco inglés, e tiñan que comunicarse en francés. En 1982 o bailarín puxo fin á súa relación con Lange. A iso sumouse unha operación de rótula que puxo en perigo a súa carreira. Baryshnikov leva varios anos nunha relación coa exbailarina Lisa Rinehart, e teñen tres fillos: Sofía, Anna e Peter. Nunha entrevista con Larry King, Baryshnikov afirmou que non cría no matrimonio legal, porque o compromiso que implica a relación non ten nada que ver co matrimonio como contrato. Tamén afirmou que non era relixioso e que, polo tanto, declararse fronte a un altar non significaba nada para el.[8]

Notas editar

  1. Sterling, Mary E. (1998). The Seventies. Teacher Created Resources. p. 43. ISBN 1-57690-029-0. 
  2. "Kennedy Center — Información biográfica de Mikhail Baryshnikov". Arquivado dende o orixinal o 03 de xaneiro de 2008. Consultado o 26 de agosto de 2018. 
  3. Mikhail Baryshnikov (Russian-American dancer) - Britannica Online Encyclopedia. Britannica.com
  4. "Biography of Mikhail Baryshnikov". John F. Kennedy Center for the Performing Arts. Arquivado dende o orixinal o 03 de xaneiro de 2008. Consultado o January 29, 2008. 
  5. "Mikhail Baryshnikov defects from the Soviet Union". CBC News. June 30, 1974. Consultado o June 28, 2011. 
  6. http://www.imdb.com/name/nm0000864/bio
  7. Makarova, Natalia (November 12, 1979). A Dance Autobiography. Alfred A. Knopf. p. 152. ISBN 0-394-50141-1. 
  8. CNN.com — Interview with Mikhail Baryshnikov

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar