Mike Taylor
Mike Taylor | |
Carreira na Fórmula 1 | |
Nacionalidade | ![]() |
---|---|
Anos en activo | 2 (1959 – 1960) |
Escudería(s) | Cooper, Lotus privados |
Grandes Premios disputados | 2 (1 saída) |
Campionatos | 0 |
Vitorias | 0 |
Podios | 0 |
Pole positions | 0 |
Voltas rápidas | 0 |
Primeiro GP | Gran Premio do Reino Unido de 1959 |
Derradeiro GP | Gran Premio de Bélxica de 1960 |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Michael Taylor, nado en Londres o 24 de abril de 1934 e finado o 4 de abril de 2017, foi un piloto de carreiras inglés.
TraxectoriaEditar
Participou en dous Grandes Premios do Fórmula 1, debutando o 18 de xullo de 1959. Non logrou puntos de campionato. Tamén participou en varias carreiras fora do campionato da Fórmula Un.
A súa andaina nas carreiras rematou cando a soldadura da súa columna de dirección fallou no seu Lotus 18 no Gran Premio de Bélxica de 1960 a 260 km/h. Saíu expulsado do coche, cortou unha árbore co seu corpo e rompeu varios ósos (Alan Stacey e Chris Bristow morreron e Stirling Moss tamén resultou ferido no evento, estrelando o seu Lotus 18 na práctica). Quedou paralizado,[1][2] pero despois dunha terapia recuperou a capacidade de andar.[1]
Por mor da falla do seu coche Taylor demandou a Lotus con éxito, unha das poucas accións exitosas contra un fabricante dun coche de carreiras.[3]
Despois do seu accidente, Taylor competiu de forma esporádica en rallies de longa distancia, terminando en terceiro lugar no London-Sydney Marathon en 1977 nun Citroën CX con Paddy Hopkirk e Bob Riley. Taylor tamén tivo negocios na especulación inmobiliaria.[3] Morreu o 4 de abril de 2017 logo dunha batalla contra o cancro.[4]
Resultados completos na Fórmula UnEditar
(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | Pos. | Points |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1959 | Alan Brown Equipe | Cooper T45 F2 | Climax 4 en liña | MON | 500 | NED | FRA | GBR Ret |
ALE | POR | ITA | USA | NC | 0 | |
1960 | Taylor-Crawley Racing Team | Lotus 18 | Climax 4 en liña | ARX | MON | 500 | NED | BEL NTS |
FRA | GBR | POR | ITA | USA | NC | 0 |
NotasEditar
- ↑ 1,0 1,1 "On This Day / abril 24". ESPN. Consultado o 20 de outubro de 2014.
- ↑ "The 50th Anniversary Of The Original Black Weekend.". Bleacher Report. 21 de agosto de 2010. Consultado o 20 de outubro de 2014.
- ↑ 3,0 3,1 Steve Small. The Guinness Complete Grand Prix Who's Who. p. 379. ISBN 0851127029.
- ↑ "Notice of Death – Michael JC Taylor". BRDC. Consultado o 22 de xuño de 2017.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mike Taylor |